Para o Samaín celebrar e repasar de xeito divertido:
mércores, 30 de outubro de 2024
venres, 25 de outubro de 2024
luns, 14 de outubro de 2024
sábado, 12 de outubro de 2024
FICHA LINGUA: PALABRAS PRIMITIVAS E DERIVADAS
FICHA MATEMÁTICAS: POTENCIAS
PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA ACCEDER Á FICHA:
FICHA REPASO LENGUA: PALABRAS AGUDAS, LLANAS Y ESDRÚJULAS
EXERCICIO DE LENGUA: KNOLLING LITERARIO
O knolling é unha técnica
fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital dunha serie
de obxectos escollidos con sumo coidado e meticulosamente
ordenados nunha superficie plana, de tal xeito que formen composicións
atractivas arredor dun determinado tema. Tratando de crear beleza utilizando
obxectos cotiás.
Para
logralo, ademais da disposición dos obxectos, tamén se debe prestar atención a
outros aspectos, como a súa forma o tamaño e a súa unidade cromática.
Unha técnica creativa, moi visual para motivar aos
estudantes na lectura e que se está a converter nunha tendencia
estes últimos anos polos beneficios didácticos que ofrece.
Orixe do Knolling:
A orixe desta técnica remóntase á década dos 80, cando Andrew Kromelow, un conserxe que traballaba
nun taller de fabricación de mobles de Frank Gehry, decidiu ordenar segundo a súa forma e tamaño as ferramentas do taller e
deuse conta de que, colocadas desa maneira, recordábanlle a marca de mobles Knoll, famosa polos seus ángulos rectos. Así
naceu el knolling.
Porén, a popularización desta técnica non se produciu ata que o artista Tom Sach, traballou durante anos no taller de Gehry, e foi capaz de ver a beleza que encerraban estas composicións, rematando por integralas en varias das súas creacións.
Esta técnica fotográfica trasladouse tamén ao mundo da literatura. Neste caso, tratase de ler unha obra literaria, seleccionar obxectos que estean relacionados con esa lectura, agrupalos nunha superficie plana de xeito que formen unha composición harmoniosa e fotografalos dende una perspectiva cenital (que se realiza colocando a cámara dende arriba, xusto encima dos obxectos, que sairán na imaxe nun ángulo de 90º perpendicular ao chan).
O knolling non é só
unha forma de organizar obxectos; tamén é unha maneira de contar unha historia
ou transmitir información de forma clara e artística.
TAREFA:
O knolling literario, que teredes
que facer, constará dunha serie de características moi concretas. Ademais,
completarémolo explicando o seu proceso de elaboración, de xeito que poidades
demostrar que coñecedes en profundidade o libro lido.
Pasos a seguir:
1. Una vez lido o libro elixido,
escollede un mínimo de 5 obxectos, sendo un o propio libro físico que lestes. Logo
2 que estean relacionados coa introdución do libro, outros 2 co desenvolvemento
da historia e outro coa conclusión.
2. Colocade os obxectos nunha
superficie plana e ordenádelos de xeito simétrico, tendo en conta a súa forma,
tamaño e a harmonía cromática.
3. Facede unha foto cenital da vosa composición, é importante unha boa luz.
4. Elaborade un guión recollendo a seguinte
información:
· Título e autor da obra que lestes.
· Enumeración dos obxectos seleccionados para a introdución, desenvolvemento
e conclusión da obra.
· Explicación das razóns polas que seleccionaches eses obxectos.
· Valoración xeral da obra, indicando aquel aspecto que máis vos chamou a
atención.
5. Compartide o voso knolling no correo indicado na aula.
EXEMPLOS:
AGARDO VOS GUSTE TANTO COMA MIN, SEXA UNHA GRAN EXPERIENCIA E FAGAMOS MOITOS MÁIS
sábado, 5 de outubro de 2024
mércores, 2 de outubro de 2024
APUNTAMENTOS DE LENGUA E MATES DA UNIDADE 1
Estando xa a puntiño de rematar a primeira unidade das Linguas e Mates, déixovos aquí uns pequenos apuntamentos sobre o que estamos a estudar e repasar, cunhas presentacións de Canva para que sexa máis doado estudar.😉