sábado, 12 de outubro de 2024

EXERCICIO DE LENGUA: KNOLLING LITERARIO

Knolling literario como outro xeito de expresarnos, ou creación dun arte literario.

Pero, que é un Knolling ou en que consiste?

knolling é unha técnica fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital dunha serie de obxectos escollidos con sumo coidado e meticulosamente ordenados nunha superficie plana, de tal xeito que formen composicións atractivas arredor dun determinado tema. Tratando de crear beleza utilizando obxectos cotiás. 

Para logralo, ademais da disposición dos obxectos, tamén se debe prestar atención a outros aspectos, como a súa forma o tamaño e a súa unidade cromática.

Unha técnica creativa, moi visual para motivar aos estudantes na lectura e que se está a  converter nunha tendencia estes últimos anos polos beneficios didácticos que ofrece.

Orixe do Knolling:


A orixe desta técnica remóntase á década dos 80, cando Andrew Kromelow, un conserxe que traballaba nun taller de fabricación de mobles de Frank Gehry, decidiu ordenar segundo a súa forma e tamaño as ferramentas do taller e deuse conta de que, colocadas desa maneira, recordábanlle a marca de mobles Knoll, famosa polos seus ángulos rectos. Así naceu el knolling.

 

Porén, a popularización desta técnica non se produciu ata que o artista Tom Sach,  traballou durante anos no taller de Gehry, e foi capaz de ver a beleza que encerraban estas composicións, rematando por integralas en varias das súas creacións. 

Esta técnica fotográfica trasladouse tamén ao mundo da literatura. Neste caso, tratase de ler unha obra literaria, seleccionar obxectos que estean relacionados con esa lectura, agrupalos nunha superficie plana de xeito que formen unha composición harmoniosa e fotografalos dende una perspectiva cenital (que se realiza colocando a cámara dende arriba, xusto encima dos obxectos, que sairán na imaxe nun ángulo de 90º perpendicular ao chan).

O knolling non é só unha forma de organizar obxectos; tamén é unha maneira de contar unha historia ou transmitir información de forma clara e artística.

TAREFA:

O knolling literario, que teredes que facer, constará dunha serie de características moi concretas. Ademais, completarémolo explicando o seu proceso de elaboración, de xeito que poidades demostrar que coñecedes en profundidade o libro lido.

Pasos a seguir:

1.   Una vez lido o libro elixido, escollede un mínimo de 5 obxectos, sendo un o propio libro físico que lestes. Logo 2 que estean relacionados coa introdución do libro, outros 2 co desenvolvemento da historia e outro coa conclusión.

2.  Colocade os obxectos nunha superficie plana e ordenádelos de xeito simétrico, tendo en conta a súa forma, tamaño e a harmonía cromática.

3.   Facede unha foto cenital da vosa composición, é importante unha boa luz.

4.   Elaborade un guión recollendo a seguinte información:

·         Título e autor da obra que lestes.

·       Enumeración dos obxectos seleccionados para a introdución, desenvolvemento e conclusión da obra.

·         Explicación das razóns polas que seleccionaches eses obxectos.

·    Valoración xeral da obra, indicando aquel aspecto que máis vos chamou a atención.

5.   Compartide o voso knolling no correo indicado na aula.

      EXEMPLOS:

   AGARDO VOS GUSTE TANTO COMA MIN, SEXA UNHA GRAN EXPERIENCIA E FAGAMOS MOITOS MÁIS

Ningún comentario:

Publicar un comentario