sábado, 28 de decembro de 2024

RESUMO PLÁSTICA EN DECEMBRO/ARTS IN DECEMBER

Durante o mes de decembro o alumnado estivo creando Tarxetas de Nadal para participar no concurso, que cada ano convoca a nosa Biblioteca. Cada nivel participou cun modelo e relacionando o Nadal coa Liña Temática deste curso "Unha viaxe na máquina do tempo", logo cada un foino personalizando segundo a súa preferencia.

Logo realizaron debuxos relacionados coa temática do Nadal, dende Father Christmas, Rudolf, Snowman, Winter Landscapes...

O alumnado de sexto ademais decorou a porta da súa aula e a propia aula, con materiais de refugallo, coma libros en desuso, xornais e lá.

Tamén colaboraron coa ANPA creando murais para a decoración do ximnasio, onde se celebrou o escape room de Nadal.

A continuación coma sempre unha mostra, desta un chisco escasa por mor de das circunstancias e non ter fotos de todo.

Arts in December de Entre estrellas que iluminan

xoves, 26 de decembro de 2024

TARXETAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA

O alumnado de 6º de Primaria na materia do PC crearon Postais dixitais para felicitar estas festas coa web Canva, a continuación a montaxe con cada unha.

Tarxetas Nadal-6º E. Primaria de José García García

martes, 24 de decembro de 2024

POSTAL GAÑADORA DO CONCURSO DE NADAL

Coma cada Nadal a Biblioteca do centro convoca un concurso de Tarxetas para felicitar estas Festas, os premios están divididos por etapas (Infantil, Primaria e a ESO).

Da etapa de Primaria resultou gañadora unha das nosas estreliñas, así que dende aquí MOITOS PARABÉNS para o noso artistas Rafael Gutiérrez González, que ademais foi un dos poucos que soubo relacionar moi ben o tema da nosa Liña Temática ("Unha viaxe na máquina do tempo") deste curso co espírito do Nadal.

Christmas de Entre estrellas que iluminan