martes, 22 de xullo de 2025

CÓNTAME UN CONTO

Durante o mes de xuño o alumnado de 6º de Primaria, dende as materias de Lengua, Lingua e Proxecto Competencal, estiveron a crear Audiocontos. Primeiro escribiron a través do Programa Libre Office Writer contos inventados por eles, uns individuais e outros por parellas, logo pasaron crear con Canva, ilustrar con imaxes e poñerlle voz, que primeiro gravaron co Programa Audacity e logo insertaron.

Foi unha das últimas actividades que ata agora non tivera tempo de recoller para publicar.

Con esta publicación remato o resumo de actividades das miñas estreliñas este curso. 

Seguide medrando, aprendendo e creando; sodes xenios e artistas en potencia!! Un pracer acompañervos nesta andaina.

Cóntame un conto de Entre estrellas que iluminan

Ningún comentario:

Publicar un comentario