Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas Lectura e Arts. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas Lectura e Arts. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe teriamos que estar vestindo traxe de gala para acudir á Festa de fin de curso, facer bailes, actuacións e celebrar...mais este vai ser unha fin de curso moi rara e extrana, por primeira vez o patio, as aulas e os salóns de actos están baleiros e sen decoración nen murais de festa.
Mais temos moito que agradecer e festexar, así que día de ledicia aínda que sexa na distancia.
Dende aquí MOITAS GAZAS as nosas estreliñas por este curso especial que foron capaces de superar con excelentes resultados, sendo autenticas superheroínas e sobre todo GRAZAS MIL para as súas familias por o gran esforzo destes últimos meses, por ter que engadir as súas tarefas de atender traballo, coidado da casa e familia, as tarefas de docencia. 
Este curso resultou ser de aprendizaxes, para todos, dun xeito diferente e con moita colaboración entre toda a comunidade docente.
Así que HOXE FESTA, hai moito que celebrar.
Eu onte xa tiven un anaquiño de festa, que espero se repita cos que faltan a semana que vén.


Comparto unhas cancións para bailar en familia

Pero quedamos en que seguiamos coas tarefas unha semaniña máis así que aqui quedan as de hoxe, e para celebrar son dixitais. Boa finde e volvemos o luns!!

venres, 12 de xuño de 2020

TAREFAS PARA O VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
E xa chegamos ao remate da semana, hoxe continuamos cunha lectura do conto "Na casa das árbores", tedes a lectura e unhas preguntiñas para facer no ordenador de xeito dixital. En Arts tiña pendente unha montaxe de repaso de vocabulario sobre material escolar, que por fin está rematada para que practiquedes, a ver se recoñecedes as voces!, o curso que vén imos ter a sorte de contar coa colaboración de Ellen, a auxiliar de conversa outra vez. Unha vez escoitedes, repitades as palabras e, se queredes, practicar a escribir no caderno, toca facer unha composición como a que fixen eu de exemplo. 
Boa fin de semana!!

venres, 5 de xuño de 2020

LECTURA E ARTS PARA CELEBRAR DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Bos día, estreliñas e familias!
Hoxe é un día moi especial, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, dende 1974, sendo cada ano un país o encargado, este ano é Colombia o país anfitrión, onde se reunen os gobernos, empresas, celebridades e cidadáns para tomar decisións importantes para coidar e mellorar a vida na Terra.
Este ano 2020 o tema é a BIODIVERSIDADE.
E nós para axudar un chisquiño imos ler un contiño do libro "Na casa das árbores" de Isabell Seidel e Anxo Moure, xa vos irei deixando os seguintes, desta queda o primeiro cunhas preguntiñas para contestar no ordenador.
En Arts&Crafts quedan instrucións para que fagades un cartel con algunha das ideas propostas, lembrade tamén facer unha frase ou palabra sobre a vosa creación.
Tamén vos quedan cancións e vídeos para saber un pouquiño máis desta celebración. 
E a profe de música Charo, envía unha idea.
Ánimo, e axudemos todos a mellorar a vida no Planeta Terra. feliz Día!!

venres, 29 de maio de 2020

TAREFAS PARA HOXE DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Para rematar a semana e que pasedes unha boa finde unha soa tarefa para traballar lectura e plástica. No enlace de hoxe hai un documento que podedes imprimir ou copiar e facer en folio ou no caderno. A tarefa está basada nun conto "Árbol" de Antonio Rubio e Óscar Villán da editorial Kalandraka, o libro está escrito en castelán, eu traducino ao galego e ao inglés, pero deixeino sen imaxes porque o ides ilustrar vós. 
Así que ánimo, seguro saen uns libriños moi chulis, e gardádeos ben que cando volvamos ao cole preparámolos e doámolos á Biblioteca, como xa fixemos con outros.












venres, 22 de maio de 2020

TAREFAS DO VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Rematamos semana, un pouquiño de traballo e xa descansamos, que chega a fin de semana, e para que sexa unha remate divertido no apartado de Lectura tedes dúas fichas para facer no ordenador de adiviñas, que vos gustan moito.
En Arts un repasiño de vocabulario dos animais nas tres linguas que traballamos, galego, castelán e inglés, ademais de unhas instrucións para debuxalos, pero son moitos para unha vez, así que escolledes dous, dos que máis vos gusten, e debuxades no caderno.
E aínda que agora non podemos ir á biblioteca espero sigades a ler moito, xa tedes o libro de lectura ou noutros contos que seguro tedes na casa. O importante é practicar un pouquiño todos os días. 
Ánimo que o estades a facer xenial!!
Todas profes estamos moi contentas do voso traballo, parabéns, e seguir así que xa queda menos.