Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas lengua e matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas lengua e matemáticas. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de xullo de 2020

TAREFAS VERÁN COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Unha semana máis, e continuamos avanzando, xa queda menos, hoxe comezamos a penúltima unidade tanto no libro de lengua coma no de matemáticas e deixo tamén unhas fichas interactivas por se queredes repasar. ÁNIMO!!

martes, 7 de xullo de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Estes días andamos a outro ritmo, como xa lles dixen irei avanzando segundo me sexa posible ir facendo gravacións, hoxe toca avanzar cos libros de Lengua e Matemáticas, para ir facendo segundo poidan.
Ánimo, traballar un pouquiño e disfrutar moito deste tempo de verán coa familia e os amigos.

martes, 30 de xuño de 2020

TAREFAS CONTINUACIÓN

Bos días, estreliñas e familias!
Comezan as vacación, polo tanto imos ir a un ritmo diferente. Hoxe deixo o comezo da seguinte unidade de Lengua e o remate da de Matemáticas, pero para facer cando poidades, eu tamén irei engadindo a un ritmo máis lento. Pero pasiño a pasiño irmos facendo camiño e avanzando. ÁNIMO!!

luns, 22 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Como acordamos na última videoconferencia, imos seguir avanzando nas explicacións dos libros, para que non queden sen rematar, aínda así en setembro repasarase toda esta materia que durante o confinamento se avanzou por estes medios, o feito de ir avanzando así vai ser unha axuda para arrancar en setembro un pouco mellor. 
Todo isto sabendo que estamos de vacacións e que tanto as estreliñas como as familias teñen, sobre todo este curso, o descanso máis que merecido, porén os días son longos e ben aproveitados dan para moito, os recursos quedan aquí e os libros téñenos, así que cada un como mellor considere e poida. Ánimo!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe comezamos unidade no terceiro libro tanto de Lengua coma Matemáticas, como estades a ser unhas estreliñas super heroínas imos continuar para tentar rematar, ánimo, que falta pouquiño xa!!


luns, 15 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Comezamos semana, espero que con moita forta, queda xa moi pouco. Hoxe toca rematar unidade de Lengua e Matemáticas, ademais déixovos tamén cancións novas. 







xoves, 11 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Chega hoxe unha nova entrega de tarefas dos libros de Lengua e Matemáticas, ánimo que estades avanzando a moi bo ritmo e cada vez sodes estrelas máis brillantes.
Tamén tedes para comezar ou terminar as tarefas, como prefirades, dous contiños curtos, un en lingua castelá e outro en lingua inglesa. Agardo vos gusten.



luns, 8 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Arrancamos segunda semana do mes de xuño, ánimo que axiña imos remando os libros e logo xa podemos descansar un pouquiño para volver moi fortes e con moitas ganas ao cole. Hoxe toca comezar unidade no libro de Lengua e continuar coa de Matemáticas. Ímos aló.





xoves, 4 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, imos por un día máis, xa vai quedando menos para un descansiño, lembrade que sodes unhas estreliñas moi brillantes, que estades facendo un excelente traballo para o comezo do novo curso. 
Hoxe toca rematar unidade de Lengua e comezar a de Matemáticas.












luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Comezamos semana e mes, xa estamos en xuño, mes no que remata o curso, e tamén se organizan as vacacións, aínda que sexa un curso raro e esteamos a traballar na distancia imos tentar celebrar que estamos todos ben e estamos aprendendo todos moito.
Así que para seguir avanzando, aprendendo e medrando chegan as tarefiñas de hoxe luns, como xa sabedes, tedes as do logo do altavoz coas cancións para comezar e rematar, e no dedo as explicacións das materias de hoxe, Lengua e Matemáticas.

xoves, 28 de maio de 2020

TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!


Ánimo, xa case rematamos semana! Hoxe toca continuar unidade tanto no libro de Lengua coma no de Matemáticas, tamén vos quedan enlaces a novas cancións e algunhas actividades de repaso, que agardo vos gusten e pasedes un tempiño xogando e aprendendo.






luns, 25 de maio de 2020

TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe toca iniciar unidade tanto no libro de Lengua coma no de Matemáticas, pero antes de comezar nos botóns do Luns tedes dúas cancións para comezar o traballo, logo no cadro de cada materia está o vídeo coa explicación correspondente, e para rematar nas mans de Forqui as cancións de despedida, espero vos gusten, son novas.

xoves, 21 de maio de 2020

TAREFAS PARA O XOVES CO LIBRO DE LENGUA E REPASO DE MATES

Bos días, estreliñas e familias!
Un día máis imos aló, hoxe moi sinxeliño, rematar unidade do libro de Lengua e tedes dous xogos para repasar a unidade de Mates, espero vos gusten.
E como remate un contiño de alguén que xa coñecedes, Tamara Chubarovsky, "Los enanitos de la primavera"

luns, 18 de maio de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS DOS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días estreliñas e familias!
Comezamos nova semana e continuamos avanzando cos libros, hoxe tocan as materias de Lengua e matemáticas e a nosa mascota, Forqui, trae un par de sorpresas, premede, antes de comezar coas materias, no seu bocadilo de diálogo, agardo vos guste a sorpresiña e lembredes como comezabamos o día.