Esta tarde, despois da comparecencia do noso Presidente ante os medios, na web da Consellaría están publicadas as medidas que debemos adoptar. Premendo na imaxen poden lerse.
venres, 13 de marzo de 2020
domingo, 8 de marzo de 2020
8 DE MARZO: TODOS IMPORTANTES, TODOS NECESARIOS
Hoxe é unha data importante, tanto polo seu factor histórico na reivindicación dos dereitos da muller, coma a loita actual pola igualdade. Por iso esta semana as estreliñas estiveron a traballar cos Bolechas o tema da IGUALDADE entre persoas, e ademais de traballar cos libriños que nos enviou a Xunta, tamén estivemos a facer un mural co lema deste ano "8 DE MARZO XERACIÓN POLA IGUALDADE", ao que engadimos o noso lema "TODOS SOMOS IMPORTANTES, TODOS SOMOS NECESARIOS".
Ademais da Igualdade entre xéneros, (eu prefiro persoas), falamos das distintas profesións e sobre todo daquelas coas que coincidimos a diario no Centro, recordando tamén os seus nomes e os que non sabiamos preguntamos (Equipo directivo, administración, portería, cociña, limpeza, coidadoras, mestres).
Aínda que foron un xoves e un venres moi intensos, porque tamén hai que facera as materias que tocan, non demos rematado; mais non podía rematar o día sen facer esta pequena publicación en homenaxe a este día, o seu significado e a importancia do ensino en igualdade, tanto na escola coma na familia, cada día do ano. TODOS XUNTOS PODEMOS!!
A música pertence ao alumnado e profesorado doutro centro, o CEIP A Pedra, grazas por compartila.
mércores, 4 de marzo de 2020
ANIVERSARIO MES DE MARZO: XULIA
Hoxe celebramos o aniversario dunha das nosas estreliñas, Xulia, e facemos publicación hoxe porque este mes é o único que temos, Parabéns Xulia!!
A continuación o vídeo resumo desta celebración e dende aquí Grazas á familia polo convite, aproveitaremos para escribir a receita e o proceso de elaboración, que Xulia nos contou hoxe, destas saborosas palmeiras. PARABÉNS!!
CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALIA
Na semana pasada as estreliñas estiveron a traballar cun dos poemas de Rosalia de Castro do seu libro Cantares Galegos, Alborada, cada unha escribiu un anaquiño coa súa ilustración correspondente, logo leron e gravamos.
O libriño elaborado será exposto na Biblioteca do centro no apartado "As nosas creacións".
A continuación un vídeo coas páxinas deste libriño e as voces das estreliñas.
Desta non demos feito fotos de todos traballando, queda só unha pequena mostra.
luns, 24 de febreiro de 2020
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Hoxe no aniversario do nacemento de Rosalia de Castro (24 febreiro de 1837), unha das pioneiras das nosas letras., comparto aquí un poema dela, "Alborada", e a canción de Uxía "Rosalia pequeniña", que adaptei para outro centro e no que están a traballar agora as nosas estreliñas, a volta do Entroido remataremos tarefa, mentres... Lembrando a ROSALIA DE CASTRO con estes vídeos:
ENTROIDO 2020: "ANIMAIS EN PERIGO EN GALICIA"
O pasado venres, día 21 de febreiro, celebrouse no patio do CPI Plurilingüe José García García o desfile de Entroido, baixo o lema este curso: "Animais en perigo de extinción en Galicia", así o alumnado de E.Infantil participou co disfrace de Abella, 1º e 2º co de Oso pardo, 3º e 4º co de Lobo e 5º e 6º co de Vaca de raza cachena. Ademais tanto o profesorado coma membros da Anpa e familias tamén participaron disfrazados neste desfile con premio final, sendo os gañadores o alumnado de E. Infantil, Parabéns!!
A continuación, coma sempre, queda un resumo desta actividades, grazas pola participación e colaboración:
domingo, 23 de febreiro de 2020
ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO
No mes de febreiro tres das nosas estreliñas estiveron de aniversario. Sete aniños cumpridos. Así o celebramos cada un no seu día á chegada á aula pola mañá dos días: 13 Miriam, 14 Víctor e 19 Rafael. PARABÉNS PARA OS TRES!!!
A continuación un vídeo coas fotos:
venres, 21 de febreiro de 2020
PREPARANDO O ENTROIDO
Esta semana, e xa un pouco na anterior, as estreliñas de 1º e os seus compañeiros de 2º estiveron a traballar na elaboración dos disfraces para participar no desfile de hoxe ás 12.15 horas no patio do centro, así coma un mural co lema deste ano: "Animais en perigo de extinción en Galicia", abellas en E. Infantil, oso pardo en 1º e 2º, lobos en 3º e 4º e por último vacas de raza cachena en 5º e 6º, ao mesmo tempo aproveitouse para repasar vocabulario nos idiomas que se traballan no centro.
O desfile de 1º e 2º será co ritmo da canción Entroido de Antonio Luz.
luns, 17 de febreiro de 2020
SESIÓN DE MAXIA CON DAVID MÉNDEZ
O pasado mércores día 12 de febreiro, na segunda sesión da xornada, visitou o centro o mago DAVID MÉNDEZ, agasallo da editorial SANTILLANA, coa que deleitou ao alumnado de E. Infantil, 1º, 2º E 3º DE E. Primaria.
A continuación un resumo desta actividade:
venres, 14 de febreiro de 2020
SEMANA DO AMOR E A AMIZADE
Nesta semana as nosas estreliñas están a traballar sobre o tema do Amor e a Amizade.
A continuación un resumo e uns vídeos de cancións, recollidos na rede, que estiveron a traballar.
A continuación un resumo e uns vídeos de cancións, recollidos na rede, que estiveron a traballar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


