sábado, 11 de abril de 2020

FELICES PASCUAS&HAPPY EASTER

Hoxe unha presentación, cos traballiños dalgunhas das nosas estreliñas, para desexarlles a todos unhas moi Felices Pascuas, a pesares da situación que estamos a vivir, tentar disfrutar deste tempo en familia do mellor xeito posible.
PARABÉNS E GRAZAS POR ESTES FERMOSOS TRABALLIÑOS.





mércores, 8 de abril de 2020

LEMBRANZAS

Hoxe un vídeo onde se recolle unha actividade que comezaron as estreliñas e, por mor das circunstancias, rematou un grupo con algúns membros do alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º que estiveron no cole o último día antes da suspensión das aulas e peche do centro, por estar todo preparado para facer na seguinte semana e non se estragaran as plantiñas.
Seguro que a sabia Natureza coidará destas plantiñas mentres e cando volvamos todos ao centro estarán ben fermosas agardándonos.
Grazas as estreliñas por facer os sementeiros que logo coidaron con esmero e  grazas ao equipo de axuda por plantalas no Horto. 
Ademais tamén axudaron a profe especialista de francés da ESO, que tiña plantiñas doadas por unha familia da súa titoría para o horto.
Esperemos poidamos recoller a colleita entre TODOS.

martes, 7 de abril de 2020

UNHA TAREFA DE ARTS&CRAFTS

Ola, outra vez, estreliñas!
Agora toca unha nova tarefiña de plástica, como estamos a celebrar a Semana Santa, Easter en inglés, a proposta é facer AN EASTER BUNNY con materiais de refugallo, é dicir, co que atopedes pola casa, aínda que no titorial vai pintar con pintura, pode ser con ceras, rotuladores, ou mesmo decorar con anacos de papel, seguro que a vosa imaxinación vai dar uns coelliños de pascua moi chulis para compartir.
ÁNIMO!! eu deixo titorial en inglés e galego, así como unhas historias atopadas na rede e que comparto con vos. A disfrutar moito facendo e aprendendo!!


SOLUCIÓNS AOS RETOS DE ATENCIÓN E ESCRITURA

Bos días estreliñas e familias!
Espero que nestas vacacións diferentes todos vos atopedes ben e sigamos aprendendo todos, tamén dun xeito diferente.
Deixo aquí os traballiños enviados destes dous retos. Moitas grazas polo voso traballo, colaboración e esas fermosas mensaxes.
É unha gran ledicia acompañarvos na distancia e ver os vosos progresos.
PARABÉNS ESTÁDELO FACENDO XENIAL!!
O traballiño de Xulia vai só porque ela esta a practicar co ordenador e xa mandou a montaxe








luns, 6 de abril de 2020

ANIVERSARIO ESTRELIÑA MAXI

Ola, de novo!
Agora para desexar moitos parabéns á estreliña Maxi, que sexa un día moooi especial a pesar de ter que quedar na casa, que o disfrutedes moito en familia.
Rescatei unha foto doutro aniversario, no que estabades case todos.
Á volta tan prontiño como nos  xuntemos todos hai que facer foto, revisando vin que non teño ningunha, sempre falta algún, esta é na que menos faltan.
MOITAS FELICIDADES, MAXI!!




RETO: OCA DE REPASO

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe, aínda que sexan vacacións, como a situación segue sendo a mesma destas últimas semanas, a proposta e un xogo, pero un xogo cun chisco de trampa, para avanzar hai que resolver preguntas. Ánimo e agardo o disfrutedes moito xogando en familia.
E unha cousiña...hai preguntas que só sabedes as estreliñas!!!
Así tedes un pouquiño de vantaxa ante os maiores. 
Agora  preme na imaxe para xogar, se tes dúbidas hai un titorial no drive, preme AQUÍ para acceder





venres, 3 de abril de 2020

RETO ESCRITURA

Bos días estreliñas e familias!
Ánimo, hoxe é venres, e se estiveramos no cole sería remate do segundo trimestre e comezaríamos vacacións de Semana Santa. 
Pero desta, para seguir en contacto e darnos apoio, seguirei cos retos e propostas, se vos parece.
Por certo, e antes da tarefa, os meus parabéns a todos polo traballo deste trimestre tanto na escola coma estes 20 días na casa, uns campións. 
Así que hoxe, algo moi distinto e que vós xa sabedes facer, imos traballar co xornal ou revistas vellas, o que teñades que se poida recortar.
Entón, como vos dicía, precisamos un xornal ou revista vellos, pensamos unha mensaxe que queiramos dicir, recortamos as letras unha a unha ou por palabras, logo pegámolas nun folio ou na libreta...pedímoslle  a un membro da familia que faga unha fotiño e a envie ao correo. Logo xa eu a comparto con todos. Esta é a miña, como exemplo:



xoves, 2 de abril de 2020

NOVOS SAÚDOS

Estes días chegaron dous novos saúdos, pouco a pouco imos contactando e sabendo que estamos todos ben. Estas son as grandes novas que nos gusta recibir e compartir, unha gran ledicia, comparto aquí para que saibades que TODO VAI BEN.
Ademais hoxe un moi especial, porque ademais de enviar saúdos para todos comparte o muíño de vento azul en apoio no día de hoxe a todos os compañeiros que son autistas, grazas Martín, Alex e Maxi que tamén enviaron o seu traballiño.

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo e para coñecer un pouquiño achego un par de vídeos, e para ofrecer o noso apoio a estes compañeiros e as súas familias, este ano toca facer na casa, así que queda unha proposta de ou ben colocar algo azul na ventá ou facer un muíño de vento azul.
O que vós sexa máis doado.
Ánimo!! A por outro día máis! 
Entre todos, Todo vai saír ben!!

mércores, 1 de abril de 2020

RETO ATENCIÓN

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, arrancamos o mes de abril, xa vai quedando menos!
Hoxe achego un novo reto, esta vez de atención, estiven buscando na miña biblioteca e atopei un libriño (O libro das palabras da colección Chiriviscas da editorial SM) que me pareceu interesante compartir con vos, trae unhas láminas que poden dar para moito. Así que aí queda o reto para os que queiran participar.
Lembrade que ao rematar podedes enviar unha foto do voso traballiño ao correo electrónico: esther.mende19@gmail.com, para logo compartila con todos. 
A traballar moito!!!