Ánimo, hoxe é venres, e se estiveramos no cole sería remate do segundo trimestre e comezaríamos vacacións de Semana Santa.
Pero desta, para seguir en contacto e darnos apoio, seguirei cos retos e propostas, se vos parece.
Por certo, e antes da tarefa, os meus parabéns a todos polo traballo deste trimestre tanto na escola coma estes 20 días na casa, uns campións.
Por certo, e antes da tarefa, os meus parabéns a todos polo traballo deste trimestre tanto na escola coma estes 20 días na casa, uns campións.
Así que hoxe, algo moi distinto e que vós xa sabedes facer, imos traballar co xornal ou revistas vellas, o que teñades que se poida recortar.
Entón, como vos dicía, precisamos un xornal ou revista vellos, pensamos unha mensaxe que queiramos dicir, recortamos as letras unha a unha ou por palabras, logo pegámolas nun folio ou na libreta...pedímoslle a un membro da familia que faga unha fotiño e a envie ao correo. Logo xa eu a comparto con todos. Esta é a miña, como exemplo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario