mércores, 29 de abril de 2020

ILUSTRACIÓN CANCIÓN: "TODO O DÍA NA CASIÑA"

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe, por fin, está rematada a montaxe da canción de Magín Blanco "Todo o día na casiña" que nos pasara a primeira semana de confinamento a profe da materia de música, Charo, co permiso do autor, Magín, e na que vos estivestes a traballar ilustrando con fermosos debuxos, cada un unha estrofa ou versos, segundo vos tocou por orde de lista. 
Moitísimas grazas polo traballo e esforzo, agardo vos guste a montaxe.

Ademais vou a compartirvos outra montaxe que a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove, un vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega -as de Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrán, Carmen Rey, Mari Faltrí, Paula Romero e María Costa- e os músicos Cristian Leggiero, José Churruca e Hansel Luís se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento. Porque #aculturasegue e a lingua galega non para.

Ningún comentario:

Publicar un comentario