Orientacións
provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do
curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)
Ven, 17/04/2020 - 18:40
O
pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de
Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás
Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que
regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso
2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.
Ata
o momento de publicar o presente documento, o Ministerio de Educación non ten
aínda publicada norma algunha, tal como se lle ten requirido desde a Comunidade
Autónoma de Galicia, que permita aplicar, con seguridade xurídica, a toma de
decisións no actual contexto, en relación con aspectos regulados en normativa
básica, tales como os criterios de promoción e titulación do alumnado.
A
situación sanitaria continúa obrigando ao mantemento do estado de alarma e a
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, consciente da
necesidade de xerar seguridade na comunidade educativa, traballa para que o
dereito á educación, baseado nos principios de equidade e igualdade de
oportunidades, siga vixente.
A
Consellería de Educación tentará, sempre que a situación sanitaria o permita,
que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea
por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos
seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa
aprendizaxe.
Namentres,
cada un desde as nosas responsabilidades, con lealdade e de forma coordinada,
seguiremos traballando para saír xuntos desta pandemia, sen deixar a ninguén
atrás.
En
tanto non se publique a correspondente norma é oportuno adiantar como avance
estas orientacións para os centros educativos para o desenvolvemento do
terceiro trimestre do curso 2019-2020.
1. Principio
fundamental
Todos
os responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos directivos ou
membros das Administracións, extremarán o seu coidado para apoiar aos
estudantes e ás súas familias, aos docentes e a todos os membros da comunidade
educativa, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas
respectivas en condicións que promovan o seu benestar. En consecuencia, todas
as decisións da Administración educativa estarán suxeitas ás recomendacións
sanitarias e velarán pola adopción das medidas recomendadas polos responsables
de dita área.
2. Continuidade do calendario
escolar
Durante
o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao
alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse
incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender, de
modo non presencial ou, de ser o caso, presencial, en función das
recomendacións que diten as autoridades sanitarias. Ditas actividades estarán
adaptadas á idade e características do alumnado, así como á situación
excepcional que están a vivir.
As
actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso
2019-2020, sempre condicionadas polo situación sanitaria, non se estenderán más
alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o
calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con
fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, excepción feita dalgúns
procesos singulares, como a celebración das probas da ABAU ou as de acceso ás
diferentes ensinanzas.
3. Adaptación da
actividade
As
actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso
2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as
presenciais que puideran levarse a cabo, segundo evolucione a situación
sanitaria. A tal efecto, os centros educativos:
Prestarán
especial atención a identificar ao alumnado desconectado por diversas
circunstancias ou non localizable e prepararán plans específicos de
recuperación do vínculo escolar e de reforzo que lles axuden a reincorporarse á
actividade educativa tan pronto como sexa posible. Os centros darán traslado de
ditos plans específicos á inspección educativa .
Farán
un especial esforzo para identificar ao alumnado que carece de medios de
conexión dixital e, en virtude da súa autonomía organizativa e de xestión,
arbitrarán as medidas necesarias e facilitarán o uso de distintos tipos de
dispositivos adecuados para a atención educativa a este alumnado.
Intensificarán
a posta a disposición do alumnado dos recursos tecnolóxicos e doutro tipo que
necesiten para o desenvolvemento das súas actividades, e desenvolverán
formación e ferramentas adecuadas para permitir que o alumnado obteña o maior
proveito da metodoloxía non presencial.
Coa
finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares,
autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional, os centros
educativos adaptarán o modelo de titorías á nova situación, e organizarán
accións de orientación académica e profesional cos medios dispoñibles, especialmente
para o alumnado de 4º de ESO, 2º de FP Básica, 2º de Bacharelato e 2º de FP de
grado medio.
Os
centros educativos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na
medida do posible a axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas
especiais, favorecendo o seu acceso ao currículo por medio da adaptación dos
instrumentos, tempos e apoios que aseguren una adecuada atención e avaliación
deste alumnado. Porase, asemade, especial coidado na atención ao alumnado con
necesidade específica de apoio educativo.
Os
Departamentos de Orientación continuarán co desenvolvemento das actuacións,
medidas e programas para a atención á diversidade establecidas no Plan Xeral de
Atención á Diversidade do seu centro, adaptandoas á situación de confinamento
de alumnado e profesorado, e asesorando aos diferentes membros da comunidade
educativa, preferentemente, para o coidado do seu benestar emocional.
4. Currículo e
programacións didácticas
Os
centros e o profesorado revisarán as programacións didácticas para centrar as
actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias
imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da
súa etapa, curso, área, materia ou módulo, flexibilizando os seus plans de
traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado,
nin sobrecargalo de tarefas excesivas.
Durante
o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso,
reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten
necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñarán
actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente titorizadas,
promovendo o traballo colaborativo entre os equipos docentes das distintas
áreas e materias nas etapas, ciclos ou ensinanzas en que sexa posible.
Os
currículos, programacións e actividades que se desenvolvan durante o terceiro
trimestre nos cursos que conducen a unha titulación final de etapa terán
especialmente en conta esta circunstancia e flexibilizaranse e adaptaranse para
axudar en todo o posible a que o seu alumnado poida alcanzala.
Os
centros educativos reforzarán a imprescindible coordinación do profesorado á
hora de adaptar as programacións, as actividades e os criterios de avaliación,
co fin de evitar problemas como a sobrecarga de tarefas, a falta de
acompañamento docente ou a desigualdade do apoio aos estudantes que lles poden
prestar a súas familias.
5. Avaliación
Os
centros e o profesorado adaptarán o sistema de avaliación do alumnado, co obxectivo
prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e poidan
continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira especial a
situación do alumnado máis vulnerable.
A
avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das
actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter
diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar
os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de
planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o
vindeiro curso.
A
avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020
considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente
o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles
previamente definidas.
Os
centros educativos e o profesorado emitirán un informe individual valorativo do
traballo realizado polos seus alumnos e alumnas no curso, que inclúa os atrasos
que puidesen terse producido e un plan de recuperación destes.
6. Apoio aos
centros educativos
Os
centros contarán cos recursos formativos e medios de apoio que a consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional pon a súa disposición para
permitir que o profesorado desenvolva o seu labor docente nas mellores
condicións posibles na situación actual.
Desde
a Rede de Formación do Profesorado prestarase o apoio inmediato e continuo ao
persoal docente, nas novas necesidades que poida xerar o proceso de ensinanza e
aprendizaxe a distancia. Así mesmo poñerán a disposición dos centros educativos
os seus recursos, en especial para favorecer a atención ao alumnado máis
vulnerable.
Así
mesmo, os Equipos de Orientación Específicos (EOE) establecerán canles de
comunicación e tomarán a iniciativa cun contacto diario e permanente, para
asesorar e apoiar aos departamentos de orientación, coa fin de favorecer a
resposta educativa na atención á diversidade do alumnado e o seu benestar
emocional .
A Inspección educativa prestará o apoio e asesoramento
aos centros educativos no proceso de adaptación das súas programacións
didácticas e en todo aquilo que, dentro das súas funcións, facilite a mellora
da atención educativa ao alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario