Bos días estreliñas e familias!
Agora un exercicio de respiración, pois esta é unha ferramenta moi útil para descubrir como nos sentimos e para traballar a atención e acadar un estado de relaxación.
O vídeo que comparto é do blog Elefante Zen, outro de canal Yogic e dous máis atopados na rede para ver e reflexionar.
Nestes días de encerro é moi importante o expresar como nos sentimos, por iso vou ir deixando algún vídeo deste tipo para que nos serva de axuda a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario