luns, 11 de maio de 2020

TAREFAS INGLÉS E REFORZO DESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
Coma todos os luns chegan as tarefas da mestra especialista de Inglés, Manoli, e as de reforzo da especialista de PT, Ana Belén.
Premede nas imaxes para atopalas. Ánimo, a por outra semana, xa queda menos!!



LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO


O vindeiro domingo, día 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas, como cada ano dede que foi instituída esta data no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Esta obra está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna

domingo, 10 de maio de 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NAI E OS MAIOS CON NOA E UNHA CURTA

Aquí vos deixo, unha semana despois, como foi a celebración da festividade do día da nai e dos Maios da estreliña Noa, grazas por compartir eses momentos con todos.
Ademais como hoxe é domingo unha curtametraxe (unha peli pequeniña), que a min me gusta moito e espero a vos tamén. 
Agárdovos mañá con tarefiñas novas. 



xoves, 7 de maio de 2020

DEBUXOS COAS MANS DO ALUMNADO DE 1º E UN TEATRIÑO

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe unha montaxe cos debuxiños tan chulos que me enviastes, parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración e traballo dende a casa.
E para animar tamén vos deixo un teatriño sobre "Un Bichiño Insolente" de Tamara Chuvarovsky que está a non deixarnos ir cole. 
Ánimo entre todos imos vencer!!



mércores, 6 de maio de 2020

CONTO CON PRAXIAS

Boa tarde estreliñas e familias!
Hoxe déixovos un contiño "Nube Branca quere ser astronauta" de Pablo Nogueira, que me compartiu a profe de A.L., Ana, que tamén xa está publicado na web do cole a través do departamento de Orientación, ademais de moi entretido ten a finalidade de axudar a acadar unha boa articulación e discriminación dos fonemas.

MENSAXES PARA FORQUI, A NOSA MASCOTA


Bos días estreliñas e familias!

Hoxe déixovos unha montaxe coas mensaxes, debuxos e vídeos que lle enviastes a Forqui, que saibades que está moi contento de ter novas vosas e agarda con moita emoción o voso regreso.





martes, 5 de maio de 2020

DÚAS PROPOSTAS DE OBSERVAR E PENSAR

Bos días de novo, estreliñas e familias!
Agora toca darlle ao coco un pouquiño, e agardo o pasedes ben con estas tarefiñas. As imaxes son, unha doutro dos libros da colección Palabras Aladas, "El juego de pensar" e a outra dun libriño que leva moitos anos comigo e que xa vos ensinei outra imaxe del, "O libro das palabras" da editorial SM 



CONTINUACIÓN DA CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe unha entrega pendente, a segunda parte das lecturas do día do libro.
Queda o vídeo coas lecturas e outro coas paxinas do libro "Amar" da coleccioón Palabras Aladas, co que estivestes a traballar, o voso traballo correspondente a esa palabra e cunha fermosa canción de fondo do noso amigo Magín Blanco, "Doce".
Que pasedes un anaquiño moi doce, e moito ánimo que xa queda menos.

luns, 4 de maio de 2020

TAREFAS DE INGLÉS E REFORZO DE MATEMÁTICAS E LECTURA

Bos días estreliñas e familia!
Espero que esta fin de semana longa vos cargásedes de enerxía, pois arrancamos unha nova semana con tarefiñas varias, vou comezar coas enviadas pola profe de inglés, Manoli, e as de reforzo da profe Ana Belén. Coma sempre premede nas imaxes: 



Máis tarde xa vos achego un novo horario para traballar cos vosos libros, que en breve vos levarán á casa. 

venres, 1 de maio de 2020

PROPOSTAS PARA PLÁSTICA

Bos días, estreliñas e familias!
Pasan os días e hoxe comezamos novo mes, Maio, coas súas flores, xa di o refán: "Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso".
E como o primeiro domingo é costume celebrar o día da Nai e en Galicia tamén hai a tradición de creación dos maios e as coplas, que este ano coincide coa data propia, o 3 de maio.
Entón eu achégovos dúas propostas, a primeira facer unhas flores para as nais e a segunda é unha proposta que fixeron noutro cole e está compartida dende Aulas Galegas para a elaboración dun maio. Nesta web podedes atopar información: https://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios 
E dúas cancións relacionadas co tema. Ánimo e a celebrar.