luns, 8 de marzo de 2021

AS ESTRELIÑAS VISITAN O LABORATORIO DO CENTRO

O pasado venres, día 5 de marzo, as estreliñas visitaron o laboratorio do centro, onde a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Beatriz Lobelle, lles amosou e explicou algúns dos minerais e rochas que estiveron a estudar na unidade 5. 

A continuación unha mostra desta actividade:


VISITA AO LABORATORIO: MINERAIS E ROCHAS - Kizoa Movie Maker

xoves, 4 de marzo de 2021

FICHAS DE REPASO UNIDADE 5

 A continuación coa axuda da nosa mascota Forqui, repaso da unidade 5:


PARABÉNS PARA A ESTRELIÑA XULI

Hoxe unha das nosas estreliñas, Xuli, está de aniversario. Comenzamos un ano diferente, que pouquiño a pouco vai avanzando, e as nosas estreliñas medrando. Que hoxe sexa un día moi feliz para esta estreliña, que cumpre 8 anos xa, e toda a súa familia. Dende aquí moitos PARABÉNS!! con este vídeo con algúns momentos especiais, compartidos no que levamos de curso.


PARABÉNS XULI - Kizoa Movie Maker

venres, 26 de febreiro de 2021

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Así foi como as estreliñas celebraron o Día de Rosalía, o pasado día 24 de febreiro, día do aniversario do nacemento da nosa mellor defensora da nosa lingua, así como unha gran escritora. 
Coas caricaturas donadas por OZOCOgz de Carballiño, fixeron un mural POPART e as bandeirolas para o retrouso do RAP, que cantou o alumnado de 6º de E. Primaria.
Tamén escribiron o estrofas do poema "Adiós ríos, adiós fontes" para o mural da "Nosa Rosalía Súper heroína".
A continuación unha mostra desta actividade:


ACTO CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA - Kizoa Movie Maker

FESTA NA AULA DOS ANIVERSARIOS DE FEBREIRO


FESTA ANIVERSARIOS FEBREIRO 2021 - Kizoa Movie Maker

domingo, 21 de febreiro de 2021

ALÍ, UN DÍA...BO DÍA

Hoxe comparto aquí unha canción para aprender a saudar e empezar o día con optimismo.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Estes seis videoclips de ilustración animada sobre cancións infantís, con letra orixinal de Fabaloba e música, tamén orixinal, do músico e mestre José Carballido, xiran arredor das distintas rutinas coas que se adoita traballar na etapa de educación infantil (saudar, xogar, recoller, xantar ou vestirse). Os temas musicais son interpretados polo grupo infantil A música das baleas, formado a partir do coro do CEIP de Caión, que foi un dos gañadores da pasada edición do certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar da Deputación da Coruña.
 

sábado, 20 de febreiro de 2021

RECURSOS PARA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A continuación unha selección de actividades e recursos para celebrar o día de Rosalía de Castro. 
O vindeiro día 24 de febreiro é o aniversario do seu nacemento (24 de febreiro do 1837), e no centro estase a preparar esta celebración, polo que as estreliñas poden atopar aquí algunha información e tarefas para ir traballando.

OS ANIMAIS

As estreliñas nestes días están a traballar a unidade sobre os animais e as súas características, para repasar isto poden ver o seguinte vídeo.

Ademais o cole está apuntado para colaborar coa ONG Greenpeace, co seu programa Coles x Greenpeace, a través do cal farán un traballo de investigación sobre algúns animais en perigo de extinción. E maís adiante terán un obradoiro de aprendizaxe con algún membro da organización.

Tocando a seguinte imaxe poden ver a unidade correspondente.







xoves, 18 de febreiro de 2021

PARABÉNS PARA A ESTRELIÑA RAFA

Hoxe está de Aniversario unha das nosas estreliñas, Rafa. Dende aquí moitos Parabéns dos teus compañeiros e amigos de clase, que pases un moi feliz día coa túa familia, este ano toca unha festa distinta, mais hoxe algo de celebración tocará no cole tamén, sempre gardando o protocolo da Covid.



ANIVERSARIO RAFA - Kizoa Movie Maker

domingo, 14 de febreiro de 2021

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Nesta semana, ademais das tarefas de Entroido, o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria estivo a traballar na actividade dun mural colaborativo na materia de Arts, coa creación dunha tarxeta, na que pegaron un corazón vermello rodeado de palabras en L. Galega e en L. Inglesa relacionadas coa Amizade e o Amor: Amigo-Friend, Amor-Love, Axudar-Help, Respecto-Respect, Contento-Happy, Sorriso-Smile; logo decorárono con puntos de cores feitos con marcadores. Unha vez rematado todo fixemos o mural con todas as tarxetas.

A continuación pódese ver a montaxe: