mércores, 27 de outubro de 2021

LEGENDS FLOURISH IN OUR GARDEN/ NO NOSO HORTO FLORECEN LENDAS

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, para festexar que despois dun ano con moitas medidas, por mor da Covid, se volve á normalidade aínda que mantendo algunhas medidas e en relación coa liña temática do centro para este curso, "Medra o horto e medramos nós", o alumnado por curso estivo elaborando a súa planta ou froito correspondente na clase de Arts.

O pasado luns 25 de outubro na Biblioteca do Centro, un grupo do alumnado de atención á diversidade rematou a tarefa, facendo as letras do lema para o mural e realizando a montaxe, que fianlmente se colocou nunha parede do patio da entrada.



FIRST ASSIGNMENTS IN ARTS CLASS

DOTS AND CIRCLES/PUNTOS E CÍRCULOS

Arrancou novo curso escolar coa materia de ARTS en todos os cursos de E.Primaria. Este curso contamos coa colaboración dun novo Auxiliar de Conversa, Danish Mohamed que chegou dende a India.
Para comezar, como repaso para uns e inicio para outros o alumnado estivo a traballar coa técnica do puntillismo a través do punto e o círculo. A continuación  un vídeo introductorio e logo unha mostra do traballo realizado polo alumnado.




xoves, 9 de setembro de 2021

BENVIDOS AO UN NOVO CURSO 2021-2022

Mañá arranca un novo curso, con novos retos, unha nova andaina na que iremos facendo camiño a carón, este ano, de moitas estreliñas, dende 1º de E. Primaria ata 6º. Este curso avanceremos nas aprendizaxes e descubrimentos, disfrutando, compartindo e medrando a través da materia de Arts.

Para empezar deixo o calendario escolar:

Ademais engadir o festivo local o día 11 de novembro, o San Martiño, e a elección do claustro o día 7 de decembro.
A continuación a liña temática de centro "Medra o horto e medramos nós", que será fío condutor para seguir o currículo na materia de Arts, para a que non se empregará libro de texto.

Benvidos ao novo curso con moito ánimo e ilusión.



sábado, 21 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ALEX

Este xoves, día 19, estivo de aniversario a estreliña ALEX, e para celebralo, cun chisquiño de retraso, un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Espero tiveras un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 



PARABÉNS, ALEX 2021 - Kizoa Movie Maker

sábado, 7 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ÉRICK

Hoxe está de aniversario a estreliña Érick, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 


ANIVERSARIO ÉRICK 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 4 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ZAIDA

Hoxe está de aniversario a estreliña Zaida, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 


ANIVERSARIO ZAIDA 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 14 de xullo de 2021

DESPEDIDA CURSO 20-21

E… chegou  o día! Un ciclo rematado, dous cursos moi especiais, especiais por tantas cousas, que vai ser complicado facer resumo e darlle a cada unha o seu lugar.

Primeiro foi a chegada ao centro, un centro no que estivera destinada un curso había 20 anos, buff!, cantas emocións!! O edificio era o mesmo e nel volvín atopar compañeiros de entón, que ledicia!!, tamén había cambios, o cole estaba moitísimo máis bonito, e o MELLOR, foi ter a sorte de coñecer a un grupo de estreliñas, un chisco asustadas polo cambio de etapa pero cheas de luz. Esa luz que iluminou o camiño e me encheu de ilusión para guiar a súa aprendizaxe e a miña, porque nestes dous cursos, tan complicados polas circunstancias que tocou vivir, este grupo de estreliñas adaptáronse a todo como auténticas Súper heroínas. O curso pasado durante o confinamento seguiron traballando cada día dende as súas casas, realizando todas as actividades  e retos propostos, incluso durante os períodos de vacacións. Este curso respectaron todos os protocolos coma campioas e acadamos rematar curso con moito éxito, sen enfermar a pesares da ventilación e con moi bos resultados académicos.

PARABÉNS miñas estreliñas, sodes un gran grupo que aprendestes algo moi importante, a ser grupo, a coidarvos, axudarvos uns aos outros, a xogar xuntos e respectarvos. SODES GRANDES, OS MELLORES!!!

En setembro pasades á planta dos maiores e por sorte, moita sorte, seguiredes iluminando o meu camiño, seguiremos aprendendo xuntos, un chisquiño menos xuntos, mais, polo menos unha sesión cada semana compartiremos momentos de aprendizaxe e avanzaremos camiño.

E como remate xa, GRAZAS, MIL GRAZAS  para vós ESTRELIÑAS e para as vosas familias que estiveron sempre ao voso carón axudando e colaborando na vosa aprendizaxe. 

O mellor agasallo foi vervos medrar e aprender, aínda así tamén agradezo tanto os vosos debuxos e palabras coma os agasallos que as vosas familias mercaron, por certo moi acertados e significativos, pois representan as vosas agarimosas APERTAS cada mañá ao chegar e en calquera momento do día, incluso en calquera lugar que nos atopemos. GRAZAS POR TANTO CARIÑO!!





FIN DE CURSO

Os días 21 e 22 de xuño no centro programáronse, ademais de recoller materiais e aulas, as seguintes actividades:


Aínda que xurdiron algúns problemas alleos ao centro e houbo que adaptarse ás circunstancias. As estreliñas só mudaron de actividade o día 22 que no canto de seren a andaina ata o parque Botánico quedou ata a pista de atletismo do campus e con pícnic no centro por mor da chuvia. Aínda así foi un día diferente e de gran ledicia. Grazas as familias da ANPA pola súa colaboración, sen elas sería complicado levar a cabo este evento. GRAZAS!!
A continuación unha pequeniña mostra dos dous últimos días, deste curso tan diferente e no que as estreliñas acadaron chegar á meta. PARABÉNS!!


FIN DE CURSO 20-21 - Kizoa Movie Maker

mércores, 7 de xullo de 2021

ARTS: DECORATION FOR THE GARDEN

Durante os meses de maio e xuño ademais da celebración do día da nai e do traballo para as Letras Galegas na materia de Arts tanto o alumnado de 1º coma 2º realizou elementos decorativos para o xardín e o noso horto, como muíños de vento, móbiles e trampas con materais de refugallo e así traballar a reciclaxe.


DECORATION FOR THE GARDEN - Kizoa Movie Maker

LETRAS GALEGAS 2021