luns, 25 de abril de 2022

RESUMO DAS TAREFAS DE PLÁSTICA EN MARZO/ARTS IN MARCH

A continuación un breve resumo das tarefas realizadas en marzo na materia de Arts, celebracións especiais e autores abstractos coma Joan Miró.


ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

xoves, 21 de abril de 2022

TRABALLO COLABORATIVO DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 4: OS ANIMAIS

O alumnado de 4º de E. Primaria estivo a realizar traballo colaborativo, por grupos, sobre a unidade 4 do seu libro de CCNN da editorial Vicens Vives.

A continuación a presentación dos seus traballos, realizados con equipos Abalar na aula.


RESUMO COLABORATIVO DA UNIDADE de Entre estrellas que iluminan

sábado, 2 de abril de 2022

ARTS POLA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO E A DIVERSIDADE

A longo desta semana na materia de Arts o alumnado de 1º a 6º de E. Primaria estivo a traballar creando a súa peza única e diferente, para o venres, de xeito colaborativo, dous membros de cada aula, baixaron ao patio e foron creando un puzzle xigante, baixo o lema "Pezas únicas encaixan nun todo armonioso"/"Unique pieces fit armoniously together" (no que participaron as profesoras dos departamentos de linguas e o alumnado de 6º E.P), porque no CPI Plurilingüe José García García toda a comunidade traballa por e para una educación basada no respecto, a unión, a comunicación e atención á diversidade, onde todos encaixamos, obtendo así unha gran obra de pezas e pinceladas diversas.

Así hoxe celebramos a concienciación do Autismo pero tamén a de calquera diversidade

A continuación o noso pequeno gran de area.

2 abril 2022 conciencia polo autismo de Entre estrellas que iluminan

luns, 28 de marzo de 2022

venres, 25 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN ORAL UNIDADE 3 CCNN 4º E. PRIMARIA

Unha vez rematados os traballos por parellas de cada apartado da unidade, o alumnado realizou a súa presentación oral para o resto das compañeiras e compañeiros.

A continuación unha mostra con algúns anacos destas exposicións:

EXPOSICIÓN ORAL U 3 CCNN 4º EP de Entre estrellas que iluminan

mércores, 16 de marzo de 2022

REPASO UNIDADE 3 CCNN 4º E. PRIMARIA

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE 4º E. P. DA U 3: OS SERES VIVOS-AS PLANTAS

A continuación todos os traballos realizados polo alumnado de 4º de E. Primaria sobre a unidade 3 de CCNN: As plantas. 

Foi un traballo arduo con equipos abalar, cos que acaban de ter o seu primeiro contacto, mais moi sorprendende e de gran satisfación. 

Moitas grazas e parabéns, un gran traballo, xuntos seguiremos avanzando.

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO U 3 CCNN 4º E. P. de Entre estrellas que iluminan

sábado, 5 de marzo de 2022

DÍA DO CÓMIC

Hoxe, 5 de marzo, na celebración, por primeira vez, do Día do Cómic quería deixar aquí un enlace a web do Cómic, premendo na imaxe pódese acceder a toda a información e actividades celebradas no día de hoxe, porque a maior parte destas actividades será complicado asistir por levarse a cabo noutras provincias. 

Por iso deixo aquí este enlace que ten un montón de actividades on line. A pasalo moi ben!! Esta semana en Arts faremos algo para celebralo.😉



venres, 4 de marzo de 2022

SAÍDA Á AULA DA NATUREZA DO CONCELLO

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria realizou unha saída á Aula da Natureza do Río Miño do Concello, a unha actividade de aprendizaxe sobre a elaboración de compostaxe, que se solicitou como remate da unidade 3 de Ciencias Naturais sobre as plantas. Así da man de Ignacio A. Nanín e coa organización de Luis Herminio, o alumnado aprendeu como se aproveitan todos os restos, de limpeza e poda das árbores e xardíns dos parques da cidade, para a elaboración de compost e como se realiza este proceso na planta. No remate ademais de agasallarnos cun saco de abono para a nosa horta do cole tamén nos contou como fabricar un composteiro de xeito sinxelo.

Produción de compostaxe de Entre estrellas que iluminan

mércores, 2 de marzo de 2022

FEBRUARY ART WORKS/TRABALLOS DE PLÁSTICA DE FEBREIRO

O alumnado de E. Primaria, na materia de ARTS durante o mes de febreiro, de 1º a 4º continuaron a traballar coas cores primarias e secundarias con distintos materiais, e estudando os pintores (Miró e Vincent Van Gogh), en 5º e 6º continuaron a investigar sobre pintores de arte abstracta do último século, a súa obra e técnica. Ademais todos participaron en traballos para a celebración do día do Amor e a Amizade cos que decoraron a Biblioteca; así como o Entroido, coa confección de caretas con mateiais de refugallo e os compadres e comadres.

A continuación coma sempre un resumo:

FEBRUARY ART WORKS de Entre estrellas que iluminan