martes, 7 de xuño de 2022

PLANTAS AROMÁTICAS

Ao alumnado de 4º de E. Primaria dende a liña temática do centro "Medra o horto, medramos nós" correspondeulle traballar coas plantas Aromáticas. Ademais de plantalas e coidalas no horto tamén fixeron investigación e crearon un libriño sobre estas plantas.

Aquí a edición dixital, pero na nosa Bilio, no andel "As nosas creacións" poderemos ollalo en formato papel.

A seguir traballando e aprendendo todos xuntos. Parabéns rapaces!!

PLANTAS AROMÁTICAS de Entre estrellas que iluminan

luns, 30 de maio de 2022

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 5 DE CCNN: MATERIA E ENERXÍA

O alumnado de 4º de E.Primaria estivo traballando por parellas sobre a unidade 5, "Materia e enerxía", a continuación o resultado:

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A U 5 CCNN 4º E.P. de Entre estrellas que iluminan

luns, 9 de maio de 2022

RECURSOS PARA A UNIDADE 5 CCNN 4º E.PRIMARIA: MATERIA E ENERXÍA

A continuación unha imaxe interactiva con recursos para preparar a unidade 5 de CCNN: Materia e Enerxía.

Premendo nos puntos accédese a distintos tipos de tarefa sobre a unidade.

domingo, 1 de maio de 2022

HOW TO MAKE A "MAIO"-COMO FACER UN MAIO-OBRADOIRO

Este xoves o alumnado de 5º de E. Primaria participou nun obradoiro para a confección dun Maio, ofertado polo Concello dende o seu Programa Educativo, dentro do apartado Educación Artística na Escola. 

Aproveitamos esta saída para facer o percorrido a pé e así repasar as normas de Seguridade Viaria.

Alí o alumnado recibiu formación dos monitores para logo traballar por grupos, limpeza do mofo, colocación na estrutura e ao remate elaboración das coplas que cantaron, e contaron na entrevista posterior, realizada polos reporteiros de TeleMiño.

A continuación un resumo desta actividade:


COMO FACER UN MAIO de Entre estrellas que iluminan

ART WORKS IN APRIL-TRABALLOS DE PLÁSTICA EN ABRIL

Durante o mes de abril na materia de Arts o alumnado realizou traballos realcionados coa Pascua-Easter, ovos de Pascua-Easter eggs, para decorar os corredores; para  a semana do Libro puntos de Lectura-Bookmarkers relacionados coa nosa liña temática do Horto, cada grupo co seu froito, ademais de relacionar sempre coa educación para a sostibilidade empregando materiais de refugallo, neste caso o xornal. Tamén estiveron realizando traballos no block con debuxos sobre a natureza e a primavera.

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria ademais de continuar co seu traballo cos equipos Abalar sobre os distintos pintores abstractos, tamén estivo rematando diferentes cómics para exposición na semana do Libro.

APRIL ARTS de Entre estrellas que iluminan
WORKS ON ABSTRACT PAINTERS de Entre estrellas que iluminan
CÓMICS de Entre estrellas que iluminan

luns, 25 de abril de 2022

TRABALLIÑOS DO ALUMNADO DE 4º E. PRIMARIA NA MATERIA DE CCNN

O alumnado de 4º de E. Primaria, co gallo da celebración do Día do Libro e como resumo de actividades levadas a cabo nesta materia, realizou Libriños con formato de Lapbooks sobre a Unidade dos Animais e outros libriños relacionados co día da Árbore e plantación da súa Cerdeira, árbore que lle tocou a eles dentro da plantación levada a cabo no centro.

A continuación unha pequena mostra de como quedaron estes libriños que se exporán na Biblioteca do centro.




RESUMO DAS TAREFAS DE PLÁSTICA EN MARZO/ARTS IN MARCH

A continuación un breve resumo das tarefas realizadas en marzo na materia de Arts, celebracións especiais e autores abstractos coma Joan Miró.


ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

xoves, 21 de abril de 2022

TRABALLO COLABORATIVO DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 4: OS ANIMAIS

O alumnado de 4º de E. Primaria estivo a realizar traballo colaborativo, por grupos, sobre a unidade 4 do seu libro de CCNN da editorial Vicens Vives.

A continuación a presentación dos seus traballos, realizados con equipos Abalar na aula.


RESUMO COLABORATIVO DA UNIDADE de Entre estrellas que iluminan

sábado, 2 de abril de 2022

ARTS POLA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO E A DIVERSIDADE

A longo desta semana na materia de Arts o alumnado de 1º a 6º de E. Primaria estivo a traballar creando a súa peza única e diferente, para o venres, de xeito colaborativo, dous membros de cada aula, baixaron ao patio e foron creando un puzzle xigante, baixo o lema "Pezas únicas encaixan nun todo armonioso"/"Unique pieces fit armoniously together" (no que participaron as profesoras dos departamentos de linguas e o alumnado de 6º E.P), porque no CPI Plurilingüe José García García toda a comunidade traballa por e para una educación basada no respecto, a unión, a comunicación e atención á diversidade, onde todos encaixamos, obtendo así unha gran obra de pezas e pinceladas diversas.

Así hoxe celebramos a concienciación do Autismo pero tamén a de calquera diversidade

A continuación o noso pequeno gran de area.

2 abril 2022 conciencia polo autismo de Entre estrellas que iluminan