sábado, 9 de novembro de 2024

PRACTICANDO ATENCIÓN CON NÚMEROS

PRÁCTICA DE OPERACIÓNS MATEMÁTICAS-6º E. PRIMARIA

O NOSO KNOLLING LITERARIO-6º E. PRIMARIA

O primeiro experimento de Knolling Literario para a nosa Biblioteca Creativa, xa está listo.

Un primeiro contacto con outro xeito de contar o que lemos, unha experiencia que teremos que seguir practicando e mellorando.

Aquí queda en versión dixital e na nosa Biblioteca quedará en formato papel.


KNOLLING LITERARIO 6º E. P. (210 x 297 mm) de Entre estrellas que iluminan

mércores, 6 de novembro de 2024

O NOSO SAMAGOSTO

SAMAGOSTO 2024-6º E. PRIMARIA de Entre estrellas que iluminan

ANIVERSARIO ESTRELIÑAS

En setembro e outubro, dúas das nosas estreliñas estiveron de aniversario, Ainhoa e Sofía. Aproveitamos para festexar o día que a titora do curso pasado, Alba, veu presentarnos a súa bebé Roma recén nacida. 

MOITOS PARABÉN PARA AS CATRO!!

May your life alwaysbe full of joy and lov de Entre estrellas que iluminan

domingo, 3 de novembro de 2024

RESUMO ARTS SETEMBRO E OUTUBRO/ ARTS: SETEMBER-OCTOBER

Durante os meses de setembro e outubro, ademais de despedir e dar a benvida respectivamente, as nosas Auxiliares de Conversa, Vee e Nadia; comezamos as tarefas relacionadas coa materia de Arts.

Así o noso alumnado comezou por facer as portadas dos seus cadernos e a decoración sobre a Liña temática deste curso: "A nosa viaxe na máquina do tempo", mural e os seus elementos, correspondentes a este trimestre, idade Antiga, centrándose primeiro na arte exipcia (alumnado do 2º e 3º ciclo).

Os do 1º Ciclo comezaron a traballar co punto e a liña, seguindo a Hervet Tullet.

Ademais todos realizaron elementos de decoración para o Samaín, seguindo instrución da nosa Aduxiliar, Nadia.

ARTS: SETEMBER-OCTOBER de Entre estrellas que iluminan

AS NOSAS AUXILIARES DE CONVERSA

No mes de outubro despedimos a nosa Auxiliar de conversa, Vee, que estivo no centro durante dous cursos axudando e colaborando na mellora do inglés do noso alumnado.

Dende aquí, agradecemos a súa colaboración e desexámoslle moita sorte no regreso ao seu país, Filipinas, sempre estará nas nosas lembranzas.

E tamén tocou dar a benvida a Nadia, a Auxiliar de conversa que nos acompañará este curso, que vén de Minnesota-EEUU, e que iremos coñecendo ao longo do curso.

Auxiliares de Conversa de Entre estrellas que iluminan