mércores, 31 de marzo de 2021

CADERNO DE COMPRENSIÓN LECTORA

Premendo na imaxe podedes atopar actividades divertidas para repasar a materia de Lengua, un montón de actividades que os compañeiros de Orientación Andujar comparten con todos nós. 

Só para traballar un pouquiño cada día mentres non saídes a xogar.




SOPA DE LETRAS PARA REPASAR

Hoxe un xogo para repasar un pouquiño, agardo pasedes un anaquiño entretido:

martes, 30 de marzo de 2021

PASCUA/HAPPY EASTER 2021

A semana pasada co gallo da celebración da Pascua/Easter, tanto o alumnado de 1º coma 2º de Primaria crearon un mural na clase de Arts (o bosque do coello e os ovos de Pascua), ademais o alumnado de 1º levou para casa unha tarxeta de felicitación (Happy Easter) con forma de coello que elaboraron a partir da plantilla da man de cada un, que logo decoraron. 

A continuación unha mostra:


EASTER 2021 - Kizoa Movie Maker

CELEBRACIÓN DA MULLER E A CIENCIA

O mércores da semana pasada rematamos trimestre cunha actividade extra, a celebración do día da Muller e a Ciencia, que cada ano se celebra o día 11 de febreiro. As estreliñas tiveron a sorte de contar cunha Muller Científica moi próxima, a nai dunha das nosas estreliñas, Susana Bayo, que lles fixo un repaso dalgunhas Mulleres Científicas e os seus inventos, logo tamén lles contou algunhas das tarefas que realiza como Muller Científica na Universidade de Vigo no Campus de Ourense, no campo relacionado co clima e os seus fenómenos, algo que resultou moi motivador por estar a estudalo na última unidade do trimestre. Tamén tiveron a sorte de disfrutar desta conferencia o alumnado de 1º da ESO, nunha sesión do venres pasado.

MOITAS GRAZAS SUSANA



luns, 29 de marzo de 2021

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Nas últimas unidades as estreliñas estiveron estudando sobre os animais e as súas características, ademais en colaboración coa ONG "Greenpeace", que nos facilitou unidades para elaborar fichas sobre animais en perigo de extinción, as estreliñas coa axuda da súa familia investigaron sobre algún destes animais elaborando fichas con información, coas que fixemos unha exposición na aula.

A continuación unha presentación con estes  traballiños, así aprendemos todos:


ANIMAIS EN PERIGO - Kizoa Movie Maker

xoves, 25 de marzo de 2021

REPASO UNIDADE 6

A continuación, premendo nas palabras da imaxe do nosos Súper Heroe (Súper Gadoupas), podedes atopar fichas de repaso para practicar. Que o pasedes moi ben repasando!!

martes, 23 de marzo de 2021

AGASALLO PARA PAPÁ: XOGO TRES EN RAIA/ TIP TAP TOE FOR DAD

A semana pasada as estreliñas estiveron facendo o agasallo para o día do pai, que quedou pendente do curso pasado a causa da COVID. Premendo na palabra AQUÍ, pódese ver as instrucións para esta actividade que foron publicadas entón.
A continuación o resultado deste curso:


TRES EN RAIA-TIP TAP TOE - Kizoa Movie Maker

xoves, 18 de marzo de 2021

ST. PATRICK AND FATHER'S DAY


Nesta semana tanto o alumnado de 1º coma 2º na materia de Arts estiveron a traballar sobre as dúas festividades que se celebran, hoxe mércores 17 de marzo, Saint Patrick's Day e o venres 19 o Día do Pai, que como a materia é biblingüe o alumnado creo un Superhero Dad to the Best Father.
Ademais deixo un vídeo que lles gustou moito con instrucións para debuxar o duende típico Irlandés, A Leprechaun.
Con todo o material elaborado fixemos un mural no corredor de acceso á aula.


ST PATRICK AND FATHER DAY-ARTS CLASS - Kizoa Movie Maker


luns, 15 de marzo de 2021

COMEZA A PREPARACIÓN DO HORTO

O pasado venres as nosas estreliñas estiveron colaborando no acolchado dunha parte do horto, para, coa chegada da primavera, plantar e sementar as primeiras verduras e hortalizas, así como algunha froita. 

Pouco a pouco iremos vendo como avanza e así aprender moito  sobre estas plantiñas.


AS ESTRELIÑAS PREPARAN O HORTO - Kizoa Movie Maker

ANIVERSARIOS MES DE MARZO

No mes de marzo estiveron de aniversario dúas das nosas estreliñas, Xuli e Nanny, e así fixemos a celebración na aula coas compañeiras e compañeiros.


ANIVERSARIOS MARZO - Kizoa Movie Maker