xoves, 9 de setembro de 2021

BENVIDOS AO UN NOVO CURSO 2021-2022

Mañá arranca un novo curso, con novos retos, unha nova andaina na que iremos facendo camiño a carón, este ano, de moitas estreliñas, dende 1º de E. Primaria ata 6º. Este curso avanceremos nas aprendizaxes e descubrimentos, disfrutando, compartindo e medrando a través da materia de Arts.

Para empezar deixo o calendario escolar:

Ademais engadir o festivo local o día 11 de novembro, o San Martiño, e a elección do claustro o día 7 de decembro.
A continuación a liña temática de centro "Medra o horto e medramos nós", que será fío condutor para seguir o currículo na materia de Arts, para a que non se empregará libro de texto.

Benvidos ao novo curso con moito ánimo e ilusión.



sábado, 21 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ALEX

Este xoves, día 19, estivo de aniversario a estreliña ALEX, e para celebralo, cun chisquiño de retraso, un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Espero tiveras un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 



PARABÉNS, ALEX 2021 - Kizoa Movie Maker

sábado, 7 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ÉRICK

Hoxe está de aniversario a estreliña Érick, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 


ANIVERSARIO ÉRICK 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 4 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ZAIDA

Hoxe está de aniversario a estreliña Zaida, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 


ANIVERSARIO ZAIDA 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 14 de xullo de 2021

DESPEDIDA CURSO 20-21

E… chegou  o día! Un ciclo rematado, dous cursos moi especiais, especiais por tantas cousas, que vai ser complicado facer resumo e darlle a cada unha o seu lugar.

Primeiro foi a chegada ao centro, un centro no que estivera destinada un curso había 20 anos, buff!, cantas emocións!! O edificio era o mesmo e nel volvín atopar compañeiros de entón, que ledicia!!, tamén había cambios, o cole estaba moitísimo máis bonito, e o MELLOR, foi ter a sorte de coñecer a un grupo de estreliñas, un chisco asustadas polo cambio de etapa pero cheas de luz. Esa luz que iluminou o camiño e me encheu de ilusión para guiar a súa aprendizaxe e a miña, porque nestes dous cursos, tan complicados polas circunstancias que tocou vivir, este grupo de estreliñas adaptáronse a todo como auténticas Súper heroínas. O curso pasado durante o confinamento seguiron traballando cada día dende as súas casas, realizando todas as actividades  e retos propostos, incluso durante os períodos de vacacións. Este curso respectaron todos os protocolos coma campioas e acadamos rematar curso con moito éxito, sen enfermar a pesares da ventilación e con moi bos resultados académicos.

PARABÉNS miñas estreliñas, sodes un gran grupo que aprendestes algo moi importante, a ser grupo, a coidarvos, axudarvos uns aos outros, a xogar xuntos e respectarvos. SODES GRANDES, OS MELLORES!!!

En setembro pasades á planta dos maiores e por sorte, moita sorte, seguiredes iluminando o meu camiño, seguiremos aprendendo xuntos, un chisquiño menos xuntos, mais, polo menos unha sesión cada semana compartiremos momentos de aprendizaxe e avanzaremos camiño.

E como remate xa, GRAZAS, MIL GRAZAS  para vós ESTRELIÑAS e para as vosas familias que estiveron sempre ao voso carón axudando e colaborando na vosa aprendizaxe. 

O mellor agasallo foi vervos medrar e aprender, aínda así tamén agradezo tanto os vosos debuxos e palabras coma os agasallos que as vosas familias mercaron, por certo moi acertados e significativos, pois representan as vosas agarimosas APERTAS cada mañá ao chegar e en calquera momento do día, incluso en calquera lugar que nos atopemos. GRAZAS POR TANTO CARIÑO!!





FIN DE CURSO

Os días 21 e 22 de xuño no centro programáronse, ademais de recoller materiais e aulas, as seguintes actividades:


Aínda que xurdiron algúns problemas alleos ao centro e houbo que adaptarse ás circunstancias. As estreliñas só mudaron de actividade o día 22 que no canto de seren a andaina ata o parque Botánico quedou ata a pista de atletismo do campus e con pícnic no centro por mor da chuvia. Aínda así foi un día diferente e de gran ledicia. Grazas as familias da ANPA pola súa colaboración, sen elas sería complicado levar a cabo este evento. GRAZAS!!
A continuación unha pequeniña mostra dos dous últimos días, deste curso tan diferente e no que as estreliñas acadaron chegar á meta. PARABÉNS!!


FIN DE CURSO 20-21 - Kizoa Movie Maker

mércores, 7 de xullo de 2021

ARTS: DECORATION FOR THE GARDEN

Durante os meses de maio e xuño ademais da celebración do día da nai e do traballo para as Letras Galegas na materia de Arts tanto o alumnado de 1º coma 2º realizou elementos decorativos para o xardín e o noso horto, como muíños de vento, móbiles e trampas con materais de refugallo e así traballar a reciclaxe.


DECORATION FOR THE GARDEN - Kizoa Movie Maker

LETRAS GALEGAS 2021

 


mércores, 30 de xuño de 2021

ANIVERSARIO ESTRELIÑA MARTÍN

Hoxe está de aniversario a estreliña Martín, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!!


ANIVERSARIO MARTÍN 8 - Kizoa Movie Maker

sábado, 19 de xuño de 2021

CELEBRACIÓNS FIN DE CURSO

Co gallo do remate de curso, un curso moi diferente, que se acadou finalizar con éxito, celebrarase con dous días de actividades distintas para o goce de toda a comunidade educativa con moita ledicia.

A continuación o programa: