O alumnado de 4º de E.Primaria estivo traballando por parellas sobre a unidade 5, "Materia e enerxía", a continuación o resultado:
TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE A U 5 CCNN 4º E.P. de Entre estrellas que iluminanluns, 30 de maio de 2022
luns, 9 de maio de 2022
RECURSOS PARA A UNIDADE 5 CCNN 4º E.PRIMARIA: MATERIA E ENERXÍA
A continuación unha imaxe interactiva con recursos para preparar a unidade 5 de CCNN: Materia e Enerxía.
Premendo nos puntos accédese a distintos tipos de tarefa sobre a unidade.
domingo, 1 de maio de 2022
HOW TO MAKE A "MAIO"-COMO FACER UN MAIO-OBRADOIRO
Este xoves o alumnado de 5º de E. Primaria participou nun obradoiro para a confección dun Maio, ofertado polo Concello dende o seu Programa Educativo, dentro do apartado Educación Artística na Escola.
Aproveitamos esta saída para facer o percorrido a pé e así repasar as normas de Seguridade Viaria.
Alí o alumnado recibiu formación dos monitores para logo traballar por grupos, limpeza do mofo, colocación na estrutura e ao remate elaboración das coplas que cantaron, e contaron na entrevista posterior, realizada polos reporteiros de TeleMiño.
A continuación un resumo desta actividade:
ART WORKS IN APRIL-TRABALLOS DE PLÁSTICA EN ABRIL
Durante o mes de abril na materia de Arts o alumnado realizou traballos realcionados coa Pascua-Easter, ovos de Pascua-Easter eggs, para decorar os corredores; para a semana do Libro puntos de Lectura-Bookmarkers relacionados coa nosa liña temática do Horto, cada grupo co seu froito, ademais de relacionar sempre coa educación para a sostibilidade empregando materiais de refugallo, neste caso o xornal. Tamén estiveron realizando traballos no block con debuxos sobre a natureza e a primavera.
O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria ademais de continuar co seu traballo cos equipos Abalar sobre os distintos pintores abstractos, tamén estivo rematando diferentes cómics para exposición na semana do Libro.
luns, 25 de abril de 2022
TRABALLIÑOS DO ALUMNADO DE 4º E. PRIMARIA NA MATERIA DE CCNN
O alumnado de 4º de E. Primaria, co gallo da celebración do Día do Libro e como resumo de actividades levadas a cabo nesta materia, realizou Libriños con formato de Lapbooks sobre a Unidade dos Animais e outros libriños relacionados co día da Árbore e plantación da súa Cerdeira, árbore que lle tocou a eles dentro da plantación levada a cabo no centro.
A continuación unha pequena mostra de como quedaron estes libriños que se exporán na Biblioteca do centro.
RESUMO DAS TAREFAS DE PLÁSTICA EN MARZO/ARTS IN MARCH
A continuación un breve resumo das tarefas realizadas en marzo na materia de Arts, celebracións especiais e autores abstractos coma Joan Miró.
xoves, 21 de abril de 2022
TRABALLO COLABORATIVO DO ALUMNADO SOBRE A UNIDADE 4: OS ANIMAIS
O alumnado de 4º de E. Primaria estivo a realizar traballo colaborativo, por grupos, sobre a unidade 4 do seu libro de CCNN da editorial Vicens Vives.
A continuación a presentación dos seus traballos, realizados con equipos Abalar na aula.
sábado, 2 de abril de 2022
ARTS POLA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO E A DIVERSIDADE
A longo desta semana na materia de Arts o alumnado de 1º a 6º de E. Primaria estivo a traballar creando a súa peza única e diferente, para o venres, de xeito colaborativo, dous membros de cada aula, baixaron ao patio e foron creando un puzzle xigante, baixo o lema "Pezas únicas encaixan nun todo armonioso"/"Unique pieces fit armoniously together" (no que participaron as profesoras dos departamentos de linguas e o alumnado de 6º E.P), porque no CPI Plurilingüe José García García toda a comunidade traballa por e para una educación basada no respecto, a unión, a comunicación e atención á diversidade, onde todos encaixamos, obtendo así unha gran obra de pezas e pinceladas diversas.
Así hoxe celebramos a concienciación do Autismo pero tamén a de calquera diversidade
A continuación o noso pequeno gran de area.
luns, 28 de marzo de 2022
RECURSOS U 4 CCNN 4º E. PRIMARIA
A continuación unha imaxe interactiva onde poder practicar os contidos da unidade 4:
venres, 25 de marzo de 2022
EXPOSICIÓN ORAL UNIDADE 3 CCNN 4º E. PRIMARIA
Unha vez rematados os traballos por parellas de cada apartado da unidade, o alumnado realizou a súa presentación oral para o resto das compañeiras e compañeiros.
A continuación unha mostra con algúns anacos destas exposicións: