domingo, 9 de abril de 2023

ARTS WORKS IN MARCH-TRABALLOS DE PLÁSTICA EN MARZO

Cun chisco de retraso chega o resumo dos traballos realizados na materia de Arts durante o mes de marzo.

Este mes xirou arredor das celebracións do 8M, Día da Poesía e Árbore, e para rematar trimestre a Pascua, relacionándoos sempre co estudo de pintores modernos (Kandinsky, Picasso, Klimt, Yayoi Kusama ou Romero Britto)

Ademais o alumnado de 5º de Primaria xunto co de 4º da ESO foron a Coruña para visitar dúas exposicións (Mostra de ilustración Contemporánea, Imaxinaria, e a outra sobre Proxecto Polaroid) como introdución ás tarefas do 3º trimestre sobre traballo con imaxe e audivisual.

ARTS WORKS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

xoves, 9 de marzo de 2023

RESUMO ACTIVIDADES FEBREIRO/ARTS WORKS OF FEBRUARY

A continuación un resumo das actividades realizadas na materia de Arts, dende 1º a 6º de E. Primaria a longo do mes de febreiro.

Relacionando os contidos coa liña temática de centro, decorando as portas das aulas con cenefas ao estilo Celta, e coas celebracións levadas a cabo este mes no Centro, Entroido e Rosalía. Así realizaron con materiais de refugallo os Compadres e Comadres que logo correron no patio. Tamén participaron en parte da elaboración dos seus disfraces de Castrexos e Romanos, e para a celebración do día de Rosalía tamén se fixeron flores para decorar a árbore do mural da entrada e para intercambio de rosas con poema entre ciclos, con xornais e rolos de papel. Traballando así conceptos de Xeometría.

ARTS WORKS OF FEBRUARY de Entre estrellas que iluminan

luns, 6 de marzo de 2023

ADIVINA EL CUADRO

A continuación unha actividade realizada en Genially e compartida dende a web Viva Nuestra Energia, para repasar cadros e pintores famosos. 
PREME NA IMAXE para resolver actividade:



luns, 6 de febreiro de 2023

RESUMO MATERIA DE ARTS DE XANEIRO/ARTS IN JANUARY

A continuación un resumo das tarefas realizadas durante o mes de xaneiro na materia de arts, que xiraron arredor do comezo de trimestre e nova estación, conceptos básicos de xeometría e o Día da Paz.


ARTS IN JANUARY de Entre estrellas que iluminan

martes, 31 de xaneiro de 2023

RESUMO 1º TRIMESTRE DA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL

Como xa comentaba na primeira entrada deste curso, ademais da materia de Arts, este curso ía impartir Proxecto Competencial en 1º, 3º e 5º de E. Primaria.

Nos primeiros días o grupo de alumnado de 1º traballou co conto "Hola Ruby y la aventura de programar" de Linda Liukas, e tamñen algunha sesión co Bee bot que nos cedeu a titora de 2º, mentres non chegaba o material solicitado aos Polos Creativos.

O grupo do alumnado de 3º estivo iniciándose na ofimática cun curso de mecanografía on line gratuito: https://www.vedoque.com/juegos/mecano/

O grupo do alumnado de 5º estivo a investigar sobre o tema da Liña Temática deste curso, "Explorando e coñecendo a nosa Contorna", sobre a historia do Castro de San Tomé, e tamén crearon historias para Radio Mende polo Samaín.

Logo tamén comezamos a traballar na web: https://www.kidlocoding.com/

Para ir aprendendo sobre robótica e programación, e xa no remate do trimestre chegou un kit de Lego, co que comezaron a montaxe de pequenos robots mecánicos. 

A continuación o correspondente resumo, aínda que desta perdín algunhas fotos e vídeos, cousas da tecnoloxía, que tamén da problemas e fallos.

Iniciación á robótica de Entre estrellas que iluminan

mércores, 4 de xaneiro de 2023

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE PINTORES MODERNOS

O alumnado de 5º de E. Primaria, na materia de Arts estivo a investigar sobre pintores modernos e algúns deles remataron a súa investigación cunha presentación que se pode ver a continuación. 

Student work on modern painters de Entre estrellas que iluminan

martes, 3 de xaneiro de 2023

RESUMO ACTIVIDADES PLÁSTICA EN DECEMBRO-ARTS IN DECEMBER

Ao longo do mes de decembro na materia de Arts o alumnado de Primaria participou na elaboración de postais de Nadal, segundo a temática deste ano, arredor da obra de Picasso, por ser o 2023 o 50 aniversario do seu falecemento. Para isto primeiro presentouse a vida e obra deste autor e foron elaborando as súas tarxetas segundo o seu nivel, dende traballar con cores e formas ata rematar nos derradeiros cursos con tarxeta dixital  a través do office impress. 

Colaborando tamén na decoración do centro con motivos de Nadal e materiais de refugallo, segundo a obra de Picasso.

Coa nosa Auxiliar de conversa, Mss Vee, o alumnado de 4º de 5º realizaron o típico "Parol" Filipino.

ARTS IN DECEMBER de Entre estrellas que iluminan

martes, 6 de decembro de 2022

TRABALLOS DE PLÁSTICA EN NOVEMBRO-ARTS IN NOVEMBER

Durante o mes de novembro o alumnado, na materia de Arts e coa colaboración da Auxiliar de conversa Vee, participou na elaboración do mural para a festa do Magosto, puntos de lectura alusivos, debuxos seguindo a obra de Yayoi Kusama, para rematar coa participación no mural e puntos de lectura con mensaxes sobre o tema do 25 N.

A continuación o correspondente resumo:

ACTIVITIES OF NOVEMBER de Entre estrellas que iluminan

sábado, 19 de novembro de 2022

ADAPTANDO E RECICLANDO CERAS-ADAPTED AND RECYCLED CRAYONS

Co gallo de buscar un modelo de cera, coa que un membro do alumnado acadara pintar máis facilmente dadas as dificultades de mobilidade, xurdiu a idea deste exemplo de reciclado de ceras, que se pode realizar na casa coa axuda dun adulto.

A continuación as instrucións, que trala práctica observamos que para a próxima hai que engadir cera de abella para a mestura, e así acadar que as ceras teñan unha textura máis branda.

ADAPTANDO E RECICLANDO CERAS de Entre estrellas que iluminan

martes, 1 de novembro de 2022

MONSTERS FOR HALLOWEEN-MONSTROS PARA O SAMAÍN

Nestas últimas semanas, dende a materia de Arts, o alumnado colaborou na decoración do centro para a festa do Samaín con materiais de refugallo, coma os cartóns e os periódicos.

A continuación un pequeno resumo:

MONSTERS !! de Entre estrellas que iluminan