venres, 29 de agosto de 2025

ANIVERSARIO ESTRELIÑA GABRIEL

Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, moitos Parabéns, estreliña GABRIEL, espero hoxe esteas a ter un gran día de celebración. MOITOS PARABÉNS!! 




martes, 19 de agosto de 2025

ANIVERSARIO ESTRELIÑA ALEJANDRO

Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, moitos Parabéns, estreliña Alejandro, que hoxe esteas a ter un gran día de celebración. MOITOS PARABÉNS!!


 

venres, 15 de agosto de 2025

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA AURIA

Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, moitos Parabéns, estreliña Auria, espero hoxe esteas a ter un gran día de celebración. MOITOS PARABÉNS!!



luns, 11 de agosto de 2025

ANIVERSARIO DAS ESTRELIÑAS: ZAIDA, HUGO, ÉRICK

A semana pasada tres das nosas estreliñas estiveron de aniversario, Zaida, Hugo e Érick. 

Dende aquí MOITOS PARABÉNS! Agardo pasásedes un gran día de celebración cheos de ledicia e festa. 



martes, 22 de xullo de 2025

CÓNTAME UN CONTO

Durante o mes de xuño o alumnado de 6º de Primaria, dende as materias de Lengua, Lingua e Proxecto Competencal, estiveron a crear Audiocontos. Primeiro escribiron a través do Programa Libre Office Writer contos inventados por eles, uns individuais e outros por parellas, logo pasaron crear con Canva, ilustrar con imaxes e poñerlle voz, que primeiro gravaron co Programa Audacity e logo insertaron.

Foi unha das últimas actividades que ata agora non tivera tempo de recoller para publicar.

Con esta publicación remato o resumo de actividades das miñas estreliñas este curso. 

Seguide medrando, aprendendo e creando; sodes xenios e artistas en potencia!! Un pracer acompañervos nesta andaina.

Cóntame un conto de Entre estrellas que iluminan

mércores, 2 de xullo de 2025

ACTIVIDADES PLÁTICA EN XUÑO/ ARTS IN JUNE

No mes de xuño as actividades foron poucas por mor das excursións de fin de curso e as celebracións na última semana.

Así realizaron debuxos de ilusión óptica en 3D, debuxos Pop up seguindo instrucións, creación con Doodlles, e para rematar xogos inter etapas, coa intervención do alumnado da ESO e Primaria, busca de obxectos polo patio seguindo  instrucións, e estampado de camisetas con pegadas e nomes, como recordo dos compañeiros.

Arts in June de Entre estrellas que iluminan

luns, 30 de xuño de 2025

ANIVERSARIO ESTRELIÑA MARTÍN

Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, moitos Parabéns, estreliña Martín, espero hoxe esteas a ter un gran día de celebración. MOITOS PARABÉNS!!

Aniversario Martín de Entre estrellas que iluminan

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

A última semana de curso estivo chea de actividades festeiras...bueno tamén algún exame, ja,ja.

Arrancamos semana coa visita dun grupo do alumnado de 3º da ESO que viñeron ofecernos unha parodia da vida de Rosalía de Castro ao estilo dos programas de "chismes" da televisión, o alumnado pasou un anaco divertido ao tempo que se enterou doutros aspectos da vida de Rosalía non tan coñecidos.

Continuou a semana coa Festa da Auga organizada pola ANPA, na que disfrutaron moito e agradeceron dadas as altas temperaturas quen estabamos a sufrir.

Logo tocou festa de despedida e convivencia cos compañeiros de ciclo, con merenda, estampado de camisetas e...por suposto baile, a cargo da nosa estreliña o DJ Bregogán.

E rematou a semana coa graduación das estreliñas, pero iso merece unha publicación aparte. 

Actividades fin de curso de Entre estrellas que iluminan

martes, 17 de xuño de 2025

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

As nosas estreliñas están a piques de rematar a súa etapa de E. Primaria, e unha das actividades finais, coma sempre, é a excursión de fin de curso. Este ano compartida un día cos compañeiros de 5º de E. Primaria, dandolle así o pase a ser os maiores da etapa.

Unha aventura na Illa de Ons na que disfrutaron de actividades na natureza, coñecendo un pouco este parque natural e protexido, así como de praia, xogos e tempo de convivencia.

A experiencia da viaxe en barco e pasar dous días de camping, especial (glamping), posto que permite ir máis lixeiros de equipaxe, tendas con cama e todos os servizos, resultou moi satisfactoria para as estreliñas, dado que lles soubo a pouco e querían alongar a estandía na illa.

A continuación un resumo: