As estreliñas dende que comezou a primavera estiveron moi atarefadas con distintas actividades no noso Horto.
Este curso conta cunha nova localización coa axuda da Secretaria do centro, Susana, e colaboración da mestra da materia de música, Charo organizaron dende as novas estruturas ata o reparto de espazos para que todo o alumnado poida sementar e plantar, así coma a protección dos cultivos cun pequeno invernadoiro artesá.
Moitas Grazas por poñer en marcha de novo o noso Horto, traballamos e aprendemos con moita ilusión, incluíndo tamén actividades coma a lectura ou a música.
A continuación un vídeo destas tarefas, que pasen un anaquiño agradable véndoas, nós pasámolo moi ben.
CHEGOU A PRIMAVERA AO HORTO - Kizoa Movie Maker
Ningún comentario:
Publicar un comentario