mércores, 21 de xuño de 2023
ART WORKS IN JUNE/TRABALLOS DE PLÁSTICA EN XUÑO
luns, 19 de xuño de 2023
"O PACTO NO CASTRO DE SANTOMÉ"
Con este traballo pódense resumir as actividades levadas a cabo polo alumnado na materia do Proxecto competencial, durante o segundo e terceiro trimestre.
O que se tratou de facer foi adaptar a programación sobre ofimática e robótica ao tema da Liña Temática deste curso no centro "Explorando e coñecendo a nosa contorna"
Deste xeito o alumnado foi investigando, dende os ordenadores, sobre a vida dos castrexos e a chegada dos romanos, e crearon documentos, practicando así algo de mecanografía e traballos básicos sobre ofimática. Tamén chegou o material dos Polos Creativos e comezaron a coñecer aos mini robots "True True" así como a súa programación tanto manual como dende a aplicación na tablet.
E pouco a pouco foise avanzando nas posibilidades deste traballo, decidindo crear unha historia que se desenvolvería no Castro de Santomé, personificando os robots como habitantes castrexos e invasores romanos. Crearon o guión, deseñaron o plano coas súas "casiñas" (cedidas polas mestra de 1º e 2º de E. Primaria, que crearon co seu alumnado). Co programa da Radio aprenderon a gravar e editar. Logo gravaron os movementos dos robots polo plano, aquí houbo que facer varios ensaios, ata por último chegar á montaxe de todo no editor de vídeo.
A continuación un vídeo da historia e outro de como se realizou.
Queda moito por aprender, pero a semente da ilusión quedou plantada para continuar e mellorar no vindeiro curso.
Grazas a este grupo do alumnado, coa súa ilusión por aprender acadou este resultado final, e a todo o profesorado que colaborou nas gravacións.
martes, 6 de xuño de 2023
ART WORKS IN MAY/TRABALLOS DE PLÁSTICA EN MAIO
Ao longo do mes de maio as tarefas na materia de Arts xiraron, nos grupo de 1º e 2º de Primaria arredor de debuxos seguindo as instrucións dos vídeos de Art for kid Hubs durante a primeira semana, 3º e 4º composicións con liñas rectas e curvas e 5º e 6º traballos no ordenador coa aplicación Paint.
Na segunda semana traballos en todos os grupos arredor do autor das Letras Galegas, e visita a dúas exposicións, unha delas con diseños en 3D, co alumnado de 5º e 6º, continuando a traballar na aula co ordenador e esta aplicación.
Na terceira semana a nosa auxiliar de conversa Vee, trouxo unha actividade por ciclo para elaborar cousas típicas do seu país, Filipinas.
Por último tocou despedir a nosa Auxiliar de Conversa, Vee, aínda que rematou por este curso contaremos de novo con ela no vindeiro.
O alumnado agasallouna con tarxetiñas e moitas apertas.
GRAZAS VEE!!!