Esta semana foi curta pero intensa, con dúas actividades ofertadas por Afundación Actividades Escolares.
O mércores no centro o Gran Prix Financiero:
Actividade presencial nos centros educativos na que se desenvolve un xogo da oca diferente. O alumnado aprenden a valorar o esforzo para poder ter a capacidade de comprar e elixir entre os desexos e as necesidades, e a xestionar axeitadamente un presuposto mensual para chegar á meta con dinero aforrado. Gran Prix Financiero de Entre estrellas que iluminan
O xoves teatro no auditorio, con andaina incluída, e a obra "O MUNDO ESTÁ ROTO PERO PÓDESE CAMIÑAR"
A obra de teatro preséntanos unha nena que perdeu prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo, e un pai que non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a súa filla. Buscando solucións, argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca… Alí atopará a forza necesaria para reconstruír a súa vida.
O mundo está roto pero pódese camiñar é a memoria dunha nena de 10 anos que se reconcilia coa vida e co seu pai, despois de pasar por unha perda traumática.
O MUNDO ESTÁ ROTO de Entre estrellas que iluminan
Ningún comentario:
Publicar un comentario