Amosando publicacións coa etiqueta AACC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AACC. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de novembro de 2024

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DA SEMANA

Esta semana foi curta pero intensa, con dúas actividades ofertadas por Afundación Actividades Escolares.

O mércores no centro o Gran Prix Financiero:

Actividade presencial nos centros educativos na que se desenvolve un xogo da oca diferente. O alumnado aprenden a valorar o esforzo para poder ter a capacidade de comprar e elixir entre os desexos e as necesidades, e a xestionar axeitadamente un presuposto mensual para chegar á meta con dinero aforrado.

Gran Prix Financiero de Entre estrellas que iluminan

O xoves teatro no auditorio, con andaina incluída, e  a obra "O MUNDO ESTÁ ROTO PERO PÓDESE CAMIÑAR"

A obra de teatro preséntanos unha nena que perdeu prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo, e un pai que non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a súa filla. Buscando solucións, argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca… Alí atopará a forza necesaria para reconstruír a súa vida.
O mundo está roto pero pódese camiñar é a memoria dunha nena de 10 anos que se reconcilia coa vida e co seu pai, despois de pasar por unha perda traumática.

O MUNDO ESTÁ ROTO de Entre estrellas que iluminan