Na semana pasada o alumnado de 6º de Primaria estivo a investigar sobre mulleres, que foron pioneiras en distintos campos.
Mulleres que loitaron e traballaron duro para demostrar e conseguir a igualdade como persoas, poder estudar, formarse, traballar naquelo que lles gustaba e sobre todo acadar ser respectadas.
A día de hoxe, aínda que se leva moito camiño andado, queda moito polo que loitar, motivo polo que neste día hai que seguir lembrando todo o que estas mulleres acadaron, para un día poder celebrar que vivivos nunha sociedade con valores, igualdade e respecto.
E aínda que neste traballo aparecen mulleres destacadas, no día a día estamos rodeadas de mulleres que foron e son grandes loitadoras destes dereitos e que nos ensinan o verdadeiro camiño, aínda que os seus nomes non aparezan na wikipedia: AVOAS, NAIS, IRMÁS, TÍAS, MESTRAS,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario