xoves, 27 de marzo de 2025

CELEBRANDO O DÍA DA NARRACIÓN ORAL: CONTA COMIGO

Hoxe celebramos no centro o Día da Narración oral coa actividade "Conta Comigo".

Unha actividade organizada dende os equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, co gallo de recuperar unha das nosas tradicións de Contos e Cantigas Orais perduradas no tempo a través dos avós e avoas. 

E así hoxe o noso alumnado gozou dunha sesión de contiños contados por algúns dos seus compañeiros e un membro da súa familia.

Aquí a sesión que gozou o alumnado do 3º Ciclo de Primaria na Aula de Música. Tamén houbo contos para o Ciclo de Infantil  e 1º Ciclo de Primaria nunha das súas aulas, na aula de 3º para o 2º ciclo e para a etapa da ESO na Biblioteca.

Dende aquí especial agradecemento a nai da nosa estreliña Helena, Marta, que entre as dúas nos agasallaron co conto "O galo Kiriko". GRAZAS!!


cOnta cOMIGO de Entre estrellas que iluminan

Ningún comentario:

Publicar un comentario