martes, 29 de abril de 2025

CELEBRACIÓN DÍA DEL LIBRO

O alumnado de 6º aproveitou este día de celebración para facer algunas recomendacións:
Feliz día do Libro 2025 de Entre estrellas que iluminan
O libro que eu recomendo é...6º E.P. de Entre estrellas que iluminan

sábado, 26 de abril de 2025

A ARTE NO RENACEMENTO POLO ALUMNADO DE 6º E.P.

O alumnado de 6º de E. P. durante o 2º trimestre, e continuando coa liña temática do centro (A nosa viaxe na máquina do tempo), na materia de Proxecto Competencial, realizou un traballo de investigación e creación sobre a arte no Renacemento.

O RENACEMENTO-Alumnado 6º E.P de José García García

venres, 25 de abril de 2025

LINGUA: FICHA COMPRENSIÓN LECTORA

LENGUA: LA ORACIÓN-COMPLEMENTO DIRECTO E INDIRECTO

LENGUA: FICHA-LA ORACIÓN

LENGUA: LA ORACIÓN-COMPLEMENTO DIRECTO

LENGUA: LA ORACIÓN

MATEMÁTICAS: CAMBIO UNIDADES DE MEDIDA

MATEMÁTICAS: UNIDADES DE VOLUMEN

domingo, 20 de abril de 2025

ANIVERSARIOS ABRIL

Neste mes estiveron de Aniversario dúas estreliñas, Breogán e Hugo Dos Santos, moitos Parabéns aos dous.

Aniversarios en abril de Entre estrellas que iluminan

luns, 7 de abril de 2025

martes, 1 de abril de 2025

ARTS IN MARCH/ACTIVIDADES PLÁSTICA EN MARZO

O alumnado empezou o mes de marzo coñecendo e debuxando como a artista Sonia Delaunay, a única muller que foi quen de expoñer as súas obras no museo de Louvre en vida.

Logo prepararon decoración para a celebración do Saint Patrick'Day, que o alumnado de 6º ademais realizou unha actividade conxunta co alumnado de 4º da ESO, cun xogo de preguntas en inglés, no que se obtiñan resposta correcta podían pintar unha liña do arco da vella do correspondente mura (actividade xa publicada nunha entrada anterior).

Os do 2º e 3º Ciclo tamén fixeron unha proba na que debuxaron despois de escoitar a narración dunha historia.

Logo os do 1º Ciclo repasaron as partes da cara pintando un retrato ao estilo Picasso lanzando dados con debuxos das partes da cara.

Os do 2º e 3º Ciclo realizaron debuxos de paisaxes de primavera e decoraron páxaros para o mural.


ARTS IN MARCH de Entre estrellas que iluminan

ARQUEOCAMPO

Este luns, 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade dos Programas Educativos ofertados polo Concello de Ourense, "Coñece a túa cidade: Arqueocampo" no espazo do Anexo Auditorio da cidade.

Unha actividade de divulgación científica dirixida ao público  escolar que permite aos/ás asistentes converterse en arqueólogos/as por unhas horas a través dunha simulación do traballo que desenvolve o Incipit.

Esta acción permite vivenciar todas as fases da cadea de traballo arqueolóxico, permitindo realizar unha investigación a través de actividades prácticas, dinámicas e seguindo unha metodoloxía arqueolóxica. O traballo de escavación, a manipulación de materiais e a experimentación de procesos científicos son as bases nas que se sustenta o Arqueocampo.

A continuación, coma sempre, un resumo:

ARQUEOCAMPO de Entre estrellas que iluminan