martes, 11 de febreiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Como cada ano o 11 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, deixo aquí un vídeo con propostas e a ligazón para máis experimentos:




  

domingo, 9 de febreiro de 2025

ENCONTRO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS

Este mércores, 5 de febreiro, o alumnado de 6º E. Primaria, xunto cos grupos da ESO tiveron no centro un encontro coa escritora Andrea Maceiras. Para este encontro o alumnado estivo primeiro a coñecela, fixeron a súa biografía e  leron un dos seus libros "A folla azul", do que fixeron o resumo e prepararon as preguntas para o encontro.


Encontro Andrea Maceiras de Entre estrellas que iluminan
Biografías Andrea Maceiras de José García García
Resumos de A folla azul de José García García

martes, 4 de febreiro de 2025

RECEITAS E POEMAS PARA A PAZ

O alumnado de 6º de Primaria, durante a semana pasada, co gallo da celebración do Día da Paz e Non Violencia, estivo a traballar dende a aplicación de Canva nunha tarefa dedicada a buscar propostas para acadar a Paz, para isto crearon "Receitas para a Paz" e "Poemas para a Paz"
Receitas para a Paz 2025 de José García García
POEMAS PARA A PAZ 2025 de José García García

luns, 3 de febreiro de 2025

RESUMO TAREFAS ÁREA DE PLÁSTICA EN XANEIRO/ARTS IN JANUARY

Comezamos o mes de xaneiro coa volta das vacacións de Nadal, así que nos grupos desa semana realizaron debuxos relacionados co seu mellor momento, os máis pequenos e os mariores tamén realizaron ese debuxo pero converténdoo nun puzzle uns e outros decoraron pezas de puzzle para escribir os seus propósitos para este ano.

Logo os do 1º ciclo realizaron debuxos de animais partindo das súas pegadas dactilares, os do 2º ciclo crearon cadros imitando a Kandinsky con formas recortadas de sornais e revistas e por último o 3º ciclo comezou o debuxo con perspectiva cun punto de fuga.

Ademais tocou colaborar coa decoración para o día da paz, todos os curso decoraron pombas para palestina con mensaxes de para acadar a  paz.



ARTS IN JANUARY 25 de Entre estrellas que iluminan

venres, 24 de xaneiro de 2025

VISITA GADIS: HÁBITOS SAUDABLES-ALIMENTES

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron no programa educativo Alimentes ogrecido polo supermercado Gadis.

Supermercados Gadis relanza o seu exitoso programa educativo Alimentes Digital, diseñado e desenvolvido para fomentar hábitos de vida saudable desde a infancia co foco posto na alimentación equilibrada, a compra consciente e a sostibilidade. 

Alimentes está dividido en catro grandes áreas temáticas, relacionadas entre sí, que se traballan transversalmente: educación sobre nutrición; consumo responsable e consciente; máxima redución do desperdicio alimentario, e o valor do desenvolvemento local e sostible a través da produción de proximidade. Todos os contidos están adaptados aos currículos oficiales da 2ª etapa de Educación Infantil e da Educación Primaria, e directamente vinculados ás asignaturas de Ciencias Naturais e Sociais.

Experiencias prácticas: visitas aos supermercados

Supermercados Gadis organiza visitas aos puntos de venta para completar a aprendizaxe virtual na plataforma interactiva. O foco ponse, principalmente,  nas seccións de produto fresco: pescadería, frutería e carnicería. O fin é transmitir que os produtos frescos e de tempada son máis sostibles e saudables. 

Un dos propósitos de Gadis é acompañar á comunidad educativa a través da alimentación equilibrada e a práctica de exercicio físico. Sensibilizar ao alumnado co coidado do planeta é outro dos obxectivos da empresa, que incentivará aos participantes a finalizar o itinerario interactivo con premios: un kit do Plato Alimentes.  

Visita Gadis: Hábitos saudables de Entre estrellas que iluminan

martes, 21 de xaneiro de 2025

VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA

O alumnado do 3º Ciclo de Primaria participou o venres pasado, 17 de xaneiro, nunha videoconferencia coa Antártida, a través da Base Antártica Española Gabriel de Castilla, dende a que lles presentaron ao alumnado cal é a súa misión e como é alí o seu día a día. 

Tamén lles ofreceron a opción de apadriñar un pingüino cada un.


Videoconferencia coa Antart de Entre estrellas que iluminan

luns, 13 de xaneiro de 2025

2º KNOLLING LITERARIO

O alumnado de 6º, as nosas estreliñas, volveron facer un Knolling a partir das súas lecturas.
Aquí unha mostra:

2º Knolling Literario de Entre estrellas que iluminan

xoves, 2 de xaneiro de 2025

XOGO VISUAL

Para pasar o tempo nestes días de vacacións, un xogo de agudeza visual. Prepardos para comezar, pode en marcha o cronómetro, hai que resolver antes de 5 segundos😉

XOGO VISUAL de Entre estrellas que iluminan

RESUMO TAREFAS NA MATERIA DE PC: INVESTIGANDO SOBRE A IDADE ANTIGA

O alumnado da materia do PC (Proxecto Competencial), este trimestre traballou investigando sobre a Idade Antiga seguindo a idea da Liña Temática do centro este curso "A viaxe na nosa máquina do tempo", viaxando así ás distintas etapas da historia.

A continuación os distintos traballos de investigación, creados en canva por grupos e unha mostra da posterior exposición oral á clase.

Investigación PC de Entre estrellas que iluminan
MESOPOTAMIA-Erick e Miriam de José García García
A civilización exipcia-Martín+Djanna+Ainhara+Zaida+Sofía de José García García
Roma-Noa e Ainhoa+Gabriel+Helena de José García García
Antigua Grecia-Xulia e Auria+Rafa e Anxo de José García García
Exposicións orais-6º E. P. de Entre estrellas que iluminan

O NADAL DAS ESTRELIÑAS

O Nadal das estreliñas de Entre estrellas que iluminan