sábado, 15 de marzo de 2025

ANIVERSARIOS MARZO

Este venres celebramos o aniversario de dúas das nosas estreliñas: Xulia e Djanna.
MOITOS PARABÉNS!!
A seguir medrando e aprendendo.
Aniversarios en marzo de Entre estrellas que iluminan

SEMANA DE VISITAS E APRENDIZAXES

Esta semana, o alumnado de 6º de Primaria, ademáis das súas actividades e tarefas semanais, o martes participaron nunha actividade ofertada polo concello, "Sementes", e dirixida polo persoal da Aula da Natureza Río MIño, na que sementaron landras xa enraizadas, para coidalas e cando medren reforestar. Tamén aprenderon sobre a impotancia do coidado das plantas e árbores.

O xoves recibiron a visita dun dos xogadores do equipo de fútbol do Ourense Club, Alex, que lles contou como chegou a ser futbolista e tamén como se desnvolve o seu día a día, logo agasallou á aula cunha bufanda do equipo. GRAZAS

“Sementes” de Entre estrellas que iluminan
Visita Alex Ourense C.F de Entre estrellas que iluminan

luns, 10 de marzo de 2025

ARTS IN FEBRUARY/TAREFAS DE PLÁSTICA EN FEBREIRO

Durante o mes de febreiro o alumnado, ademais de seguir a traballar sobre Pop Art e Cubismo, estivo a colaborar na celebración da semana de Rosalía de Castro e o Entroido.

A continuación un resumo:


Arts IN FEBRUARY de Entre estrellas que iluminan

sábado, 8 de marzo de 2025

CELEBRANDO O DÍA DA MULLER: MULLERES PIONEIRAS

Na semana pasada o alumnado de 6º de Primaria estivo a investigar sobre mulleres, que foron pioneiras en distintos campos.

Mulleres que loitaron e traballaron duro para demostrar e conseguir a igualdade como persoas, poder estudar, formarse, traballar naquelo que lles gustaba e sobre todo acadar ser respectadas.

A día de hoxe, aínda que se leva moito camiño andado, queda moito polo que loitar, motivo polo que neste día hai que seguir lembrando todo o que estas mulleres acadaron, para un día poder celebrar que vivivos nunha sociedade con valores, igualdade e respecto.

E aínda que neste traballo aparecen mulleres destacadas, no día a día estamos rodeadas de mulleres que foron e son grandes loitadoras destes dereitos e que nos ensinan o verdadeiro camiño, aínda que os seus nomes non aparezan na wikipedia: AVOAS, NAIS, IRMÁS, TÍAS, MESTRAS,...


Mulleres pioneiras de José García García

ENTROIDO 2025

Resumo da participación do alumnado de 6º de Primaria na celebración do Entroido:

Entroido 2025 de Entre estrellas que iluminan

luns, 3 de marzo de 2025

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía o alumnando de 6º dende as materias de Arts e Proxecto Competencial estiveron a crear na aplicación de canva diapositivas nas que converteron a Rosalía nunha super heroina.

Tamén participaron no programa de radio e na decoración dos murais.


ROSALÍA SUPER HEROINA de José García García