martes, 22 de abril de 2025
luns, 21 de abril de 2025
domingo, 20 de abril de 2025
ANIVERSARIOS ABRIL
Neste mes estiveron de Aniversario dúas estreliñas, Breogán e Hugo Dos Santos, moitos Parabéns aos dous.
luns, 7 de abril de 2025
martes, 1 de abril de 2025
ARTS IN MARCH/ACTIVIDADES PLÁSTICA EN MARZO
O alumnado empezou o mes de marzo coñecendo e debuxando como a artista Sonia Delaunay, a única muller que foi quen de expoñer as súas obras no museo de Louvre en vida.
Logo prepararon decoración para a celebración do Saint Patrick'Day, que o alumnado de 6º ademais realizou unha actividade conxunta co alumnado de 4º da ESO, cun xogo de preguntas en inglés, no que se obtiñan resposta correcta podían pintar unha liña do arco da vella do correspondente mura (actividade xa publicada nunha entrada anterior).
Os do 2º e 3º Ciclo tamén fixeron unha proba na que debuxaron despois de escoitar a narración dunha historia.
Logo os do 1º Ciclo repasaron as partes da cara pintando un retrato ao estilo Picasso lanzando dados con debuxos das partes da cara.
Os do 2º e 3º Ciclo realizaron debuxos de paisaxes de primavera e decoraron páxaros para o mural.
ARQUEOCAMPO
Este luns, 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade dos Programas Educativos ofertados polo Concello de Ourense, "Coñece a túa cidade: Arqueocampo" no espazo do Anexo Auditorio da cidade.
Esta acción permite vivenciar todas as fases da cadea de traballo arqueolóxico, permitindo realizar unha investigación a través de actividades prácticas, dinámicas e seguindo unha metodoloxía arqueolóxica. O traballo de escavación, a manipulación de materiais e a experimentación de procesos científicos son as bases nas que se sustenta o Arqueocampo.
A continuación, coma sempre, un resumo:
xoves, 27 de marzo de 2025
CELEBRANDO O DÍA DA NARRACIÓN ORAL: CONTA COMIGO
Hoxe celebramos no centro o Día da Narración oral coa actividade "Conta Comigo".
Unha actividade organizada dende os equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, co gallo de recuperar unha das nosas tradicións de Contos e Cantigas Orais perduradas no tempo a través dos avós e avoas.
E así hoxe o noso alumnado gozou dunha sesión de contiños contados por algúns dos seus compañeiros e un membro da súa familia.
Aquí a sesión que gozou o alumnado do 3º Ciclo de Primaria na Aula de Música. Tamén houbo contos para o Ciclo de Infantil e 1º Ciclo de Primaria nunha das súas aulas, na aula de 3º para o 2º ciclo e para a etapa da ESO na Biblioteca.
Dende aquí especial agradecemento a nai da nosa estreliña Helena, Marta, que entre as dúas nos agasallaron co conto "O galo Kiriko". GRAZAS!!
mércores, 26 de marzo de 2025
venres, 21 de marzo de 2025
PROGRAMA VIXÍA: CHARLA SOBRE HABILIDADES SOCIAIS
Dentro do Programa Vixía, coma cada curso, Félix Estévez, da Concellería de Saúde do Concello de Ourense, este mércores día 19 de marzo estivo co alumnado de 6º de E. Primaria impartindo unha charla sobre Habilidades Sociais.

