luns, 27 de novembro de 2023

ARTS IN NOVEMBER

O alumnado de Primaria durante o mes de novembro, na materia de Arts, ademais de colaborar na decoración para a celebración do Magosto, publicado xa con anterioridade. 

O alumnado de 1º e 2º estivo creando personaxes divertidos con anacos de papel con diferentes tipos de grafías seguindo a Hervé Tullet e tamén participaron no mural do 25 N "A muller é ...respéctaa"

O alumnado de 3º e 4º participaron na decoración do mural base, que representa a Liña Temática do centro deste curso, con estrelas e bolboretas de papel de xornal pintadas con liñas e puntos imitando a Yayoi Kusama e Andy Warhol ao estilo Pop Art, ás que engadiron palabras que definen como debemos ser e comportarnos para erradicar a violencia, co gallo da celebración do 25 N. 

O alumnado de 5º e 6º deseñou carteis alusivos ao día, tamén crearon un mural tipo Pop Art con xornal e siluetas femeninas con palabras que definen as mulleres do seu entorno.

A continuación un resumo:

Arts in november de Entre estrellas que iluminan

CREACIÓNS EN NOVEMBRO NA MATERIA DO PROXECTO COMPETENCIAL

CREACIÓNS EN NOVEMBRO de Entre estrellas que iluminan

luns, 13 de novembro de 2023

MAGOSTO-ROASTED CHESTNUTS

Nesta semana o alumnado, na materia de Arts, colaborou na decoración dos corredores cun mural con castañas e follas decoradas, empregando tizas pastel coa técnica do difuminado, puntos e liñas empregando rotuladores.

MAGOSTO-ROASTED CHESTNUT de Entre estrellas que iluminan

domingo, 12 de novembro de 2023

PARTES DUN ORDENADOR

Algunhas nocións básicas para o alumnado de Primaria, que empeza a usar o ordenador, vídeos educativos recollidos de @DiverTicDos

luns, 6 de novembro de 2023

COMO CREAR E PROGRAMAR UN MIIBOT

Dous tutoriais compartidos dende a web de Complubot para traballar na aula e crear os nosos Miibots:

mércores, 1 de novembro de 2023

RESUMO TAREFAS DE OFIMÁTICA E ROBÓTICA EN OUTUBRO

Durante o mes de outubro seguimos iniciando e aprendendo:
Tarefas de Robótica e ofimática en outubro de Entre estrellas que iluminan

OCTOBER ART WORKS

En outubro continuamos coa parte teórica, neste caso a liña e as súas formas e características en plástica. 

A práctica levouse coas tarefas de decoración para a celebración do samaín no centro. 

Un breve resumo a continuación premendo nas páxinas para avanzar e ver:

ARTS NOTES- LINE de Entre estrellas que iluminan
HALLOWEEN ART PROJECT de Entre estrellas que iluminan

mércores, 11 de outubro de 2023

SETEMBER ART WORKS

TAREFAS COS ELEMENTOS E CORES BÁSICAS/TASKS WITH BASIC ELEMENTS AND COLORS
ARTS NOTES- THE DOT de Entre estrellas que iluminan

TAMÉN INTRODUCIÓN Á LIÑA TEMÁTICA DESTE CURSO COS SEUS PROPIOS DISEÑOS:



 



PROXECTO COMPETENCIAL: CURSO 2023-2024

NOVO CURSO, NOVA AULA
Este curso todos os niveis de E. Primaria teñen, como alternativa  á materia de Relixión, Proxecto Competencial, que neste centro tanto en Claustro coma en Consello Escolar foi aprobado como "Inicio á ofimática e á robotica".
Neste primeiro mes ademais de estrear aula, novo espazo creado para "Aula de Polos Creativos", contamos con máis materiais de dotación para esta aula, aínda así polo de agora iniciamos contacto para os cursos impares e repaso nos pares, dado que o curso pasado só se impartiu nos impares.
Como dicía, iniciamos tarefas cos Legos, os robots TRUE TRUE e a ofimática en ordenadores tipo edixgal, para o que empregamos a web gratuita: https://www.typingclub.com/mecanografia, para iniciar ou continuar coa mecanografía, e tamén: https://www.vedoque.com/juegos/mecano/
NOVO CURSO, AULA NOVA de Entre estrellas que iluminan

BENVIDOS A UN NOVO CURSO



Xa estamos de volta dende hai un mes, porén aínda non tivera tempo de actualizar.
Este curso a nosa Liña Temática é "MENDELIANOS AO RESCATE", como punto de partida o alumnado verá a película Wall-e. A partir dela irán xurdindo diferentes proxectos que incluiremos nas  programacións e, especialmente, nas distintas conmemoracións que se celebrarán no Centro.

Mendelianos ao rescate de Entre estrellas que iluminan