domingo, 11 de maio de 2025

CINEMA CON PERSPECTIVA

O noso centro foi un dos  40 centros seleccionados para participar no Programa Cinema con perspectiva ofertado pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa asociación cultural Festival Internacional Cinema de Bueu (FICBUEU), está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e primeiro ciclo da ESO, no noso caso só foi para Primaria; no que se busca incorporar a análise crítica sobre o tratamento da muller no cinema e noutras formas de expresión audiovisual.

Este martes, 7 de maio, o noso alumnado de 5º e 6º visualizou unha selección de curtametraxes centradas en temas como a igualdade de xénero, a violencia machista e o papel da muller na sociedade. Estas proxeccións incluíron coloquios dinamizados por "María" a persoa experta que veu ao centro para fomentar a reflexión sobre os valores e as mensaxes transmitidas, abordando conceptos como a equidade entre homes e mulleres, o empoderamento feminino e a desconstrución de roles tradicionais.

Cinema con perspectiva 5º e 6º E.P. de Entre estrellas que iluminan

Ningún comentario:

Publicar un comentario