Ao longo deste curso o alumnado de 6º de Primaria participou no programa "Apuntámonos a non beber", dentro o Plan Proxecta ofertado pola Consellería de Sanidade.
O alumnado recibiu dúas formacións, e como remate realizou carteis publicitarios e de Contra Publicidade; despois elixiron un para enviar e participar no concurso.
A continuación a presentación destes traballos. Grazas a Rocío Lavandeira pola formación e recursos presentados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario