luns, 26 de maio de 2025

OBRADOIRO DE IMPRENTA

O pasado día 13 de maio chegou ao noso centro a Imprenta móbil, Alouette Machine, para impartir un obradoiro de formación, creando carteis sobre as Cantareiras, as que este ano se lles dedicou o día das Letras Galegas.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria e un grupo de 3º da ESO participaron nesta formación aprendendo as técnicas de impresión á antiga usanza.

Os carteis creados serviron para decorar o acto de celebración das Nosas Letras no patio do centro.

Ademais o qalumnado de 6º de Primaria realizou un resumo do aprendido.

Grazas Cris e Jean-Ba

OBRADOIRO IMPRENTA de Entre estrellas que iluminan
Resumo do aprendido no obradoiro imprenta de José García García

Ningún comentario:

Publicar un comentario