martes, 17 de marzo de 2020

INFORMACIÓN SOBRE CORONAVIRUS

Estaba a preparar información do que acontece nestes días, mais atopei isto da páxina amiga ARASAAC, da que comparto a diario os seus pictogramas, así deixo esta información que eles elaboraron dun xeito sinxelo e claro para as nosas estreliñas, ademais dun contiño e unha canción atopadas na rede e un debuxiño, tamén de Arasaac para colorear e decorar as vosas ventás.
Mañá xa deixo algunha tarefiña máis por se queredes repasar. 
BOA LECTURA E REFLEXIÓN!!
MOITAS APERTAS, ATA MAÑÁ!




TRES EN RAIA

Bos días, estreliñas e familias!

Primeiro, agardo que todo siga ben, e para seguir facendo isto un chisquiño máis doado hoxe deixo aquí unha tarefa, que xa comezaramos no cole, polo tanto os materiais están na aula, pero como era material de refugallo creo que se pode solucionar sen problema empregando algo semellante, así que só a modo de exemplo. 

luns, 16 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA REPASAR A LINGUA INGLESA

A mestra especialista en lingua inglesa, que lles imparte esta materia as nosas estreliñas ven de comunicarme unha páxina web que permite repasar o vocabulario que levan traballado, dado que os libros están no centro e tampouco corresponde facelos.
Premendo na seguinte imaxen e logo en AMAZING ROOFTOPS:


HAPPY LEARNING!!


IDEAS

Bos días, estreliñas e familias!
Nestes días de permanencia na casa por mor do Coronavirus irei compartindo con vos cousiñas deste xeito virtual. O xoves pola noite, antes de saber deste encerro, xa engadín algúns exercicios de matemáticas e lingua para repaso; mais o importante nestes días será:

venres, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE LECTURA E MATEMÁTICAS

Ante a nova situación na que nos atopamos, toda a comunidade, educativa nestes días, deixo unha selección de materiais para practicar, lectura, matemáticas  e conciencia fonolóxica, premendo nas imaxes pódese acceder para imprimir ou ver.









MEDIDAS ADOPTADAS POR CORONAVIRUS

Esta tarde, despois da comparecencia do noso Presidente ante os medios, na web da Consellaría están publicadas as medidas que debemos adoptar. Premendo na imaxen poden lerse.


domingo, 8 de marzo de 2020

8 DE MARZO: TODOS IMPORTANTES, TODOS NECESARIOS

Hoxe é unha data importante, tanto polo seu factor histórico na reivindicación dos dereitos da muller, coma a loita actual pola igualdade. Por iso esta semana as estreliñas estiveron a traballar cos Bolechas o tema da IGUALDADE entre persoas, e ademais de traballar cos libriños que nos enviou a Xunta, tamén estivemos a facer un mural co lema deste ano "8 DE MARZO XERACIÓN POLA IGUALDADE", ao que engadimos o noso lema "TODOS SOMOS IMPORTANTES, TODOS SOMOS NECESARIOS". 
Ademais da Igualdade entre xéneros, (eu prefiro persoas), falamos das distintas profesións e sobre todo daquelas coas que coincidimos a diario no Centro, recordando tamén os seus nomes e os que non sabiamos preguntamos (Equipo directivo, administración, portería, cociña, limpeza, coidadoras, mestres).
Aínda que foron un xoves e un venres moi intensos, porque tamén hai que facera as materias que tocan, non demos rematado; mais non podía rematar o día sen facer esta pequena publicación en homenaxe a este día, o seu significado e a importancia do ensino en igualdade, tanto na escola coma na familia, cada día do ano. TODOS XUNTOS PODEMOS!!
A música pertence ao alumnado e profesorado doutro centro, o CEIP A Pedra, grazas por compartila.


mércores, 4 de marzo de 2020

ANIVERSARIO MES DE MARZO: XULIA

Hoxe celebramos o aniversario dunha das nosas estreliñas, Xulia, e facemos publicación hoxe porque este mes é o único que temos, Parabéns Xulia!!
A continuación o vídeo resumo desta celebración e dende aquí Grazas á familia polo convite, aproveitaremos para escribir a receita e o proceso de elaboración, que Xulia nos contou hoxe, destas saborosas palmeiras. PARABÉNS!!


CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALIA

Na semana pasada as estreliñas estiveron a traballar cun dos poemas de Rosalia de Castro do seu libro Cantares Galegos, Alborada, cada unha escribiu un anaquiño coa súa ilustración correspondente, logo leron e gravamos.
O libriño elaborado será exposto na Biblioteca do centro no apartado "As nosas creacións". 
A continuación un vídeo coas páxinas deste libriño e as voces das estreliñas.
Desta non demos feito fotos de todos traballando, queda só unha pequena mostra.






luns, 24 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Hoxe no aniversario do nacemento de Rosalia de Castro (24 febreiro de 1837), unha das pioneiras das nosas letras., comparto aquí un poema dela, "Alborada",  e a canción de Uxía "Rosalia pequeniña", que adaptei para outro centro e no que están a traballar agora as nosas estreliñas, a volta do Entroido remataremos tarefa, mentres... Lembrando a ROSALIA DE CASTRO con estes vídeos: