domingo, 8 de decembro de 2024
APUNTAMENTOS UNIDADES 3 E 4 DO LIBRO DE LENGUA 6º E. PRIMARIA
Repaso U 3 y U 4- Lengua 6º E. P de Entre estrellas que iluminan
sábado, 7 de decembro de 2024
martes, 3 de decembro de 2024
domingo, 1 de decembro de 2024
REPASO RAÍCES CUADRADAS E FRACCIÓNS
Para respasar algúns conceptos de xeito divertido comparto uns vídeos da conta: https://www.youtube.com/@angelitoons/videos
mércores, 27 de novembro de 2024
luns, 25 de novembro de 2024
luns, 18 de novembro de 2024
venres, 15 de novembro de 2024
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DA SEMANA
Esta semana foi curta pero intensa, con dúas actividades ofertadas por Afundación Actividades Escolares.
O mércores no centro o Gran Prix Financiero:
Actividade presencial nos centros educativos na que se desenvolve un xogo da oca diferente. O alumnado aprenden a valorar o esforzo para poder ter a capacidade de comprar e elixir entre os desexos e as necesidades, e a xestionar axeitadamente un presuposto mensual para chegar á meta con dinero aforrado.
Gran Prix Financiero de Entre estrellas que iluminan
O xoves teatro no auditorio, con andaina incluída, e a obra "O MUNDO ESTÁ ROTO PERO PÓDESE CAMIÑAR"
A obra de teatro preséntanos unha nena que perdeu prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo, e un pai que non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a súa filla. Buscando solucións, argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca… Alí atopará a forza necesaria para reconstruír a súa vida.
O mundo está roto pero pódese camiñar é a memoria dunha nena de 10 anos que se reconcilia coa vida e co seu pai, despois de pasar por unha perda traumática.
DÍA MUNDIAL DA DIABETES
Onte, 14 de novembro, celebramos na aula o DÍA MUNDIAL DA DIABETES co noso compañeiro Breogán.
Trouxo dous contos dos Bolechas para ler e concienciarnos sobre o tema, ademais temén nos agasallou cun caderno de actividades para cada un, globos e pegatinas da asociación ANEDIA.
Tamén vimos os vídeos que se comparten a continuación, e a montaxe dun dos contos, que nos facilitou ANEDIA, dos Bolechas para que poidan volver a ler, e o caderno de exercicios.
14 novembro-Día da Diabetes de Entre estrellas que iluminan
Diseño de Entre estrellas que iluminan
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)