venres, 29 de maio de 2020

TAREFAS PARA HOXE DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Para rematar a semana e que pasedes unha boa finde unha soa tarefa para traballar lectura e plástica. No enlace de hoxe hai un documento que podedes imprimir ou copiar e facer en folio ou no caderno. A tarefa está basada nun conto "Árbol" de Antonio Rubio e Óscar Villán da editorial Kalandraka, o libro está escrito en castelán, eu traducino ao galego e ao inglés, pero deixeino sen imaxes porque o ides ilustrar vós. 
Así que ánimo, seguro saen uns libriños moi chulis, e gardádeos ben que cando volvamos ao cole preparámolos e doámolos á Biblioteca, como xa fixemos con outros.












xoves, 28 de maio de 2020

ANIVERSARIO ESTRELIÑA NOA

Parabéns estreliña NOA, que pases un moi feliz día coa túa familia, tan pronto como poidamos xuntarnos imos facer todas as celebracións pendentes, mentres disfruta moito e celebrao con gran ledicia. Ter unha familia coa que poder celebrar xa é un gran motivo de felicidade e ledicia. E na distancia estamos os amigos e profes desexándoche o mellor.


TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!


Ánimo, xa case rematamos semana! Hoxe toca continuar unidade tanto no libro de Lengua coma no de Matemáticas, tamén vos quedan enlaces a novas cancións e algunhas actividades de repaso, que agardo vos gusten e pasedes un tempiño xogando e aprendendo.






mércores, 27 de maio de 2020

RESULTADOS DA PROPOSTA DE ARTS&CRAFTS ANIMAIS/ANIMALS

Boas tardes!
Deixo aquí unha montaxe cos traballiños, que fixeron tanto o alumnado de 1º coma o de 2º de E.Primaria, sobre a proposta na materia de Plástica-Arts&Crafts para debuxar e repasar vocabulario sobre os animais.



TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo que xa imos no medio da semana! Hoxe toca tarefas cos libros de Lingua, continuar a unidade e Ciencias Sociais rematar. E o mesmo que dixen onte, o remate de Sociais aínda que moitas das actividades son orais se vos cansades podedes repartir e continuar mañá outro pouco.
Tamén tedes enlaces a xogos, agardo vos gusten e disfrutedes aprendendo.
(o contrasinal para os xogos: "1 perro blanco en coche")


Ata mañá!!

martes, 26 de maio de 2020

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ANXO

Parabéns estreliña ANXO, que pases un moi feliz día coa túa familia, tan pronto como poidamos xuntarnos imos facer todas as celebracións pendentes, mentres disfruta moito e celebrao con gran ledicia. Ter unha familia coa que poder celebrar xa é un gran motivo de felicidade e ledicia. E na distancia estamos os amigos e profes desexándoche o mellor.


TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe toca comezar unidade no libro de Lingua e rematar no libro de Ciencias da Natureza. Parece moito porque son varias páxinas pero moitas son orais e de lectura, aínda así se vos cansades podedes repartir e facer noutro momento, mellor facer con ganas e de xeito divertido que cansados.

luns, 25 de maio de 2020

EXPERIMENTOS

Boas tardes, estreliñas e familias!
A familia Gómez Bayo enviou uns vídeos de dous experimentos, que realizaron en familia despois de ver no programa de TVE 2 Clan, e comparto eu aquí con todos por se algún se anima a levalo a cabo. Ánimo e a disfrutar facendo e aprendendo!!



TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe toca iniciar unidade tanto no libro de Lengua coma no de Matemáticas, pero antes de comezar nos botóns do Luns tedes dúas cancións para comezar o traballo, logo no cadro de cada materia está o vídeo coa explicación correspondente, e para rematar nas mans de Forqui as cancións de despedida, espero vos gusten, son novas.

TAREFAS DE INGLÉS PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli déixavos as solucións das actividades da semana pasada e as novas tarefas para esta. Premendo na imaxe podedes ver. Agardamos aprendades moito para falar en inglés na próxima vídeoconferencia.