mércores, 29 de abril de 2020

MATERIAL DE OCIO E SEGURIDADE NAS REDES

Bos días estreliñas e familias!
Dende a Delegación de Participación Cidadana envían un material de ocio para nenos, nenas e maiores sobre o uso das redes, que eu vos comparto. 
Xogar e informarse con responsabilidade é moi importante, como ides ver neste material que elaboraron para todos. 
A pasar un anaco entretido e aprendendo. Ánimo!!
Coma sempre, premendo nas imaxes obtedes información.






ILUSTRACIÓN CANCIÓN: "TODO O DÍA NA CASIÑA"

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe, por fin, está rematada a montaxe da canción de Magín Blanco "Todo o día na casiña" que nos pasara a primeira semana de confinamento a profe da materia de música, Charo, co permiso do autor, Magín, e na que vos estivestes a traballar ilustrando con fermosos debuxos, cada un unha estrofa ou versos, segundo vos tocou por orde de lista. 
Moitísimas grazas polo traballo e esforzo, agardo vos guste a montaxe.

Ademais vou a compartirvos outra montaxe que a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove, un vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega -as de Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrán, Carmen Rey, Mari Faltrí, Paula Romero e María Costa- e os músicos Cristian Leggiero, José Churruca e Hansel Luís se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento. Porque #aculturasegue e a lingua galega non para.

luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADE DE REFORZO DE MATEMÁTICAS

Bos días de novo!
Outra tarefiña de series que vos deixou a profe Ana Belén.
Para vela premede AQUÍ
Ánimo que xa queda menos!!

TAREFAS PARA ESTA SEMANA DE INGLÉS

Bos días estreliñas e familias!
Espero que onte desedes un paseiño e o pasárades moi ben e con responsabilidade, respectando as normas coma fixestes ata agora.
E como toca comezar semana e seguir traballando un pouquiño, deixo agora as actividades da materia de lingua inglesa, que deixou a profe Manoli.


sábado, 25 de abril de 2020

CONSELLOS PARA SAÍR DA CASA

Bos días estreliñas e familias!
Como mañá, despois de 42 días na casa, as autoridades van permitir saír a dar un paseo, e hai que tomar precaucións, deixo aquí unha historia creada por Carmen Esteban Psicologa infatil, para que leades entre todos antes de saír. Agardo sexa de utilidade e vos guste. A dsifrutar do paseo con precaución.

E ademais unhas fichas de actividades que creou un cole de Castellón, Agora Lledó, e que comparte, para recoller a historia destes días de encerro, por se queredes escribir e pintar.




xoves, 23 de abril de 2020

TAREFAS EDUCACIÓN FÍSICA

Boas tardes, estreliñas e familias!
Hoxe estiven a falar coa mestra especialista da materia de Educación Física, Ana Rosa, que está a deixar as súas tarefas na web do centro, en Tarefas de Educación Física, pero por se resulta máis fácil velas dende aquí eu comparto, as desta semana de novo, como veño facendo coas de inglés ou reforzo. 
Premendo na palabra AQUÍ,  xa se poden ver ou descargar, como sexa máis doado. A moverse e pasalo moi ben, ánimo!!

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe é un día especial, celébrase o DÍA DO LIBRO, como xa sabedes, pois levades traballando toda a semana, para contribuír a esta festa do fomento da lectura e a venta de libros, que ten a súa orixe promovida pola UNESCO no ano 1988, elixindo esta data, o día 23 de abril, por coincidir co falecemento de dous escritores de gran importancia, un español, Miguel de Cervantes e Saavedra, e outro inglés, William Shakespeare. De Cervantes a súa obra máis coñecida é "El Ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" e de Shakespeare "Romeo y Julieta". 
E como vos dicía, aquí deixo unha montaxe cos traballiños das estreliñas e a colaboración das familias realizados dende a casa. Cada estreliña leu, copiou e debuxou unha das palabras que compoñen o libro "Amar" da colección Palabras Aladas por orde de lista. Aínda faltan por chegar algunhas, pero como a montaxe xa é moi longa segundo vaian chegando fago outra.
De momento, para ir celebrando imos vendo e escoitando a estas marabillosas estreliñas, que xunto coas súas familias están a facer un gran traballo dende a casa. PARABÉNS!! 
MOI FELIZ DÍA DO LIBRO! LER É A MELLOR AVENTURA!



E agora unha historia para vós, as estreliñas máxicas, campioas un agasalliño neste día, agardo pasedes uns minutiños agradables


mércores, 22 de abril de 2020

CADERNOS SANTILLANA

Bos días estreliñas e familias!
A por un día máis!! Pouquiño a pouco imos avanzando.
Hoxe deixo uns cadernos das materias de Lengua, Lingua e Matemáticas que a editorial Santillana nos pasou ao Centro. E coma sempre, premendo na imaxe pódese acceder e ir facendo cada un como vaia podendo, ao seu ritmo e se hai dúbidas poden consultarme dende o correo: esther.mende19@gmail.com




martes, 21 de abril de 2020

RECURSOS DA REDE

Agora uns vídeos atopados na rede dun conto que serve para repasar conceptos matemáticos e algo de musica con exercicios de ioga. O primeiro de Malena Martín de Aprendiendo matemáticas, o segundo unha rima con música e xestos de Tamara Chubarovsky, e o terceiro do canal Yogic.  Agardo vos gusten.

COCIÑA CON IMAXINACIÓN

Bos días estreliñas e familias!
Un día máis, ánimo que vai quedando menos. Hoxe unha actividade que me deixou profe Ana Belén, creo que vai ser moi entretida. Preme AQUÍ para acceder

luns, 20 de abril de 2020

ADIVIÑA PALABRAS

Bos días estreliñas e familias!
Outra actividade moi entretida que vos propón a mestra especialista de P.T., Ana Belén, premede na palabra AQUÍ e a xogar, ánimo que as ides acertar todas!!

TAREFAS INGLÉS PARA ESTA SEMANA

Bos días estreliñas e familias!
A mestra especialista de lingua inglesa, Manoli, mandoume as tarefas para esta semana, premendo na palabra AQUÍ podedes velas, ánimo e a traballar un chisquiño.

venres, 17 de abril de 2020

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O 3º TRIMESTRE

A Consellaría de Educación ven de publicar as Orientacións provisionais a día de hoxe para o desenvolvemento académico do 3º trimestre, eu vou copialas aquí pero no seguinte enlace tamén se pode acceder:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Ven, 17/04/2020 - 18:40
O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.
Ata o momento de publicar o presente documento, o Ministerio de Educación non ten aínda publicada norma algunha, tal como se lle ten requirido desde a Comunidade Autónoma de Galicia, que permita aplicar, con seguridade xurídica, a toma de decisións no actual contexto, en relación con aspectos regulados en normativa básica, tales como os criterios de promoción e titulación do alumnado.

MAXÍA E MEDITACIÓN

Bos días estreliñas e familias!
Onte e hoxe non houbo nada na páxina principal porque estiven cargando cousiñas nas distintas pestanas para que cada un segundo poida vaia vendo.
Agora deixo aquí un chisquiño de maxia dun antigo compañeiro, O MAGO CHIRLETA   e outro pouco de meditación da canle ELEFANTE ZEN, para os momentos de ocio.


mércores, 15 de abril de 2020

A DGT E OS BOLECHAS

A profe de A.L., Ana, ven de comunicarme, que dende o Plan Proxecta sobre Educación Vial que ela coordina no cole, a DGT lle enviou o enderezo web que conten libriños e xogos dos Bolechas para compartir con vos.
E, coma sempre, eu déixovos a imaxe, que premendo nela xa podedes ver estas actividades. Agardo as disfrutedes moito.


MEMORIA VISUAL

Boas tardes, estreliñas e familias!
A profe  de P.T., Ana Belén, acaba de mandarme outra tarefiña moi entretida para activar a memoria visual, pemede na imaxe e a xogar!!




A NOSA MASCOTA: FORQUI

Bos días estreliñas e familias!
Outro día achegando tarefiñas, hoxe unha para traballar as emocións, que sempre é moi necesario expresar pero nestes días máis.
Lembrades que Forqui quedou na aula agardando por todos nós. E en principio ían ser só uns días, coma unhas vacacións e xa íamos estar de volta...pero estase alongando un chisquiño e supoño Forqui quere saber que pasa, por que tardamos tanto.
Que vos parece se lle contades por que imos tardar un pouco máis en ir?
Podedes facer un debuxo con mensaxe, unha historia, un vídeo...o que vos sexa máis doado.
Mentres déixovos unha fotiño, en lembanza.
Ah! mirade as pestanas vou ir pondo cousiñas de cada materia



martes, 14 de abril de 2020

TAREFAS DE REFORZO DE LENGUA

Boas tardes estreliñas e familias!
Hoxe teño unha boa nova que darvos, a mestra especialista en P.T., Ana Belén, que facía apoio na aula, xa está en activo de novo despois dun tempo enferma, e xa ven con moitas ganas de vervos, pero mentres mandoume unhas tarefiñas da materia de lengua. 
agardamos vos gusten moito e o pasedes moi ben facendo, xa sabedes non é necesario imprimir, no caderno abonda, e coma sempre se queredes compartir enviadede fotiño ao correo.

luns, 13 de abril de 2020

TAREFA INGLÉS: UNIT 4

Boas tardes!
Hoxe a profe, Manoli, acaba de enviarme as novas tarefas da materia de Inglés para facer esta semana, así que se premedes na imaxe podedes atopalas. 



RETO: DEBUXAR E REPASAR

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe achego unha tarefa coa que aprender a debuxar a partires das mans e ademais repasar vocabulario dos animais nas tres lenguas que estamos a traballar.
Despois de ver e escoitar o vídeo, realizado coas imaxes dun libriño da miña biblioteca, que xa ten uns cantos anos, podedes elixir o animal que máis vos guste para facer, aí só aparece a cabeza, vos podedes completalo e decoralo como máis vos guste; logo se podedes enviádelo ao correo para compartilo aquí como xa vimos facendo neste tempo.
Agardo o pasedes moi ben con esta actividade.



RETO: CONTROLO A RESPIRACIÓN E A ATENCIÓN

Bos días estreliñas e familias!
Agora un exercicio de respiración, pois esta é unha ferramenta moi útil para descubrir como nos sentimos e para traballar a atención e acadar un estado de relaxación.
O vídeo que comparto é do blog Elefante Zen, outro de canal Yogic e dous máis atopados na rede para ver e reflexionar.
Nestes días de encerro é moi importante o expresar como nos sentimos, por iso vou ir deixando algún vídeo deste tipo para que nos serva de axuda a todos. 



  

domingo, 12 de abril de 2020

LECTURAS COMPARTIDAS

Boas tardes estreliñas e familias!
Hoxe comparto unha carpeta con contiños á que a mamá da estreliña Xulia nos deu acceso. Ela fai a proposta, como estamos no mes do libro que se celebra o día 23, de ler un contiño cada día ata o día 23, así que a disfrutar moito desta selección de contos tan chulis que comparte con todos. 
MOITAS GRAZAS
Premer na imaxe


sábado, 11 de abril de 2020

FELICES PASCUAS&HAPPY EASTER

Hoxe unha presentación, cos traballiños dalgunhas das nosas estreliñas, para desexarlles a todos unhas moi Felices Pascuas, a pesares da situación que estamos a vivir, tentar disfrutar deste tempo en familia do mellor xeito posible.
PARABÉNS E GRAZAS POR ESTES FERMOSOS TRABALLIÑOS.





mércores, 8 de abril de 2020

LEMBRANZAS

Hoxe un vídeo onde se recolle unha actividade que comezaron as estreliñas e, por mor das circunstancias, rematou un grupo con algúns membros do alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º que estiveron no cole o último día antes da suspensión das aulas e peche do centro, por estar todo preparado para facer na seguinte semana e non se estragaran as plantiñas.
Seguro que a sabia Natureza coidará destas plantiñas mentres e cando volvamos todos ao centro estarán ben fermosas agardándonos.
Grazas as estreliñas por facer os sementeiros que logo coidaron con esmero e  grazas ao equipo de axuda por plantalas no Horto. 
Ademais tamén axudaron a profe especialista de francés da ESO, que tiña plantiñas doadas por unha familia da súa titoría para o horto.
Esperemos poidamos recoller a colleita entre TODOS.

martes, 7 de abril de 2020

UNHA TAREFA DE ARTS&CRAFTS

Ola, outra vez, estreliñas!
Agora toca unha nova tarefiña de plástica, como estamos a celebrar a Semana Santa, Easter en inglés, a proposta é facer AN EASTER BUNNY con materiais de refugallo, é dicir, co que atopedes pola casa, aínda que no titorial vai pintar con pintura, pode ser con ceras, rotuladores, ou mesmo decorar con anacos de papel, seguro que a vosa imaxinación vai dar uns coelliños de pascua moi chulis para compartir.
ÁNIMO!! eu deixo titorial en inglés e galego, así como unhas historias atopadas na rede e que comparto con vos. A disfrutar moito facendo e aprendendo!!


SOLUCIÓNS AOS RETOS DE ATENCIÓN E ESCRITURA

Bos días estreliñas e familias!
Espero que nestas vacacións diferentes todos vos atopedes ben e sigamos aprendendo todos, tamén dun xeito diferente.
Deixo aquí os traballiños enviados destes dous retos. Moitas grazas polo voso traballo, colaboración e esas fermosas mensaxes.
É unha gran ledicia acompañarvos na distancia e ver os vosos progresos.
PARABÉNS ESTÁDELO FACENDO XENIAL!!
O traballiño de Xulia vai só porque ela esta a practicar co ordenador e xa mandou a montaxe








luns, 6 de abril de 2020

ANIVERSARIO ESTRELIÑA MAXI

Ola, de novo!
Agora para desexar moitos parabéns á estreliña Maxi, que sexa un día moooi especial a pesar de ter que quedar na casa, que o disfrutedes moito en familia.
Rescatei unha foto doutro aniversario, no que estabades case todos.
Á volta tan prontiño como nos  xuntemos todos hai que facer foto, revisando vin que non teño ningunha, sempre falta algún, esta é na que menos faltan.
MOITAS FELICIDADES, MAXI!!




RETO: OCA DE REPASO

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe, aínda que sexan vacacións, como a situación segue sendo a mesma destas últimas semanas, a proposta e un xogo, pero un xogo cun chisco de trampa, para avanzar hai que resolver preguntas. Ánimo e agardo o disfrutedes moito xogando en familia.
E unha cousiña...hai preguntas que só sabedes as estreliñas!!!
Así tedes un pouquiño de vantaxa ante os maiores. 
Agora  preme na imaxe para xogar, se tes dúbidas hai un titorial no drive, preme AQUÍ para acceder





venres, 3 de abril de 2020

RETO ESCRITURA

Bos días estreliñas e familias!
Ánimo, hoxe é venres, e se estiveramos no cole sería remate do segundo trimestre e comezaríamos vacacións de Semana Santa. 
Pero desta, para seguir en contacto e darnos apoio, seguirei cos retos e propostas, se vos parece.
Por certo, e antes da tarefa, os meus parabéns a todos polo traballo deste trimestre tanto na escola coma estes 20 días na casa, uns campións
Así que hoxe, algo moi distinto e que vós xa sabedes facer, imos traballar co xornal ou revistas vellas, o que teñades que se poida recortar.
Entón, como vos dicía, precisamos un xornal ou revista vellos, pensamos unha mensaxe que queiramos dicir, recortamos as letras unha a unha ou por palabras, logo pegámolas nun folio ou na libreta...pedímoslle  a un membro da familia que faga unha fotiño e a envie ao correo. Logo xa eu a comparto con todos. Esta é a miña, como exemplo:



xoves, 2 de abril de 2020

NOVOS SAÚDOS

Estes días chegaron dous novos saúdos, pouco a pouco imos contactando e sabendo que estamos todos ben. Estas son as grandes novas que nos gusta recibir e compartir, unha gran ledicia, comparto aquí para que saibades que TODO VAI BEN.
Ademais hoxe un moi especial, porque ademais de enviar saúdos para todos comparte o muíño de vento azul en apoio no día de hoxe a todos os compañeiros que son autistas, grazas Martín, Alex e Maxi que tamén enviaron o seu traballiño.

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo e para coñecer un pouquiño achego un par de vídeos, e para ofrecer o noso apoio a estes compañeiros e as súas familias, este ano toca facer na casa, así que queda unha proposta de ou ben colocar algo azul na ventá ou facer un muíño de vento azul.
O que vós sexa máis doado.
Ánimo!! A por outro día máis! 
Entre todos, Todo vai saír ben!!

mércores, 1 de abril de 2020

RETO ATENCIÓN

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, arrancamos o mes de abril, xa vai quedando menos!
Hoxe achego un novo reto, esta vez de atención, estiven buscando na miña biblioteca e atopei un libriño (O libro das palabras da colección Chiriviscas da editorial SM) que me pareceu interesante compartir con vos, trae unhas láminas que poden dar para moito. Así que aí queda o reto para os que queiran participar.
Lembrade que ao rematar podedes enviar unha foto do voso traballiño ao correo electrónico: esther.mende19@gmail.com, para logo compartila con todos. 
A traballar moito!!!