mércores, 10 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días!
Ánimo que xa estamos no medio da semana, hoxe por problemas técnicos chegan as tarefas un chisquiño tarde. Toca continuar unidade tanto no libro de Lingua  coma no de Ciencias sociais.

martes, 9 de xuño de 2020

TAREFAS DE REFORZO

Bos días, estreliñas e familia!
A profe de apoio, Ana Belén, ven de enviarme as seguintes tarefiñas para os que queirades practicar e repasar Lengua e Matemáticas con estas actividades tan divertidas que ela vos prepara.


TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando un día máis, hoxe toca comezar unidade de Lingua e acabar a de Ciencias da Natureza, ánimo!! e ao rematar as tarefas disfrutar deste día de sol, observando e coidando da Natureza e os agasallos que cada día nos ofrece. Buscade ao voso arredor algunha planta ou árbore que vos guste e observade con detalle todas as súas partes (externas, a non ser que teñades unha planta para cambiar de lugar, a raíz non a toquedes, xa aprendemos que é a boca das plantas, por onde se alimentan e ten que estar debaixo da terra, senón a planta morre),  ao chegar a casa debuxádea e pódelle nome as súas partes. 
Agardo eses fermosos debuxos.

luns, 8 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Arrancamos segunda semana do mes de xuño, ánimo que axiña imos remando os libros e logo xa podemos descansar un pouquiño para volver moi fortes e con moitas ganas ao cole. Hoxe toca comezar unidade no libro de Lengua e continuar coa de Matemáticas. Ímos aló.





TAREFAS LINGUA INGLESA PARA SEMANA DO 8 AO 14 DE XUÑO

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli ven de deixarme unhas tarefiñas para que fagades ao longo desta semana, xa sabedes moito, lembrade que repasou con algúns de vos o mércores durante a videochamada, ánimo que xa queda pouco para rematar o voso traballo de superheroes e estades a facelo xenial!! Parabéns!!



venres, 5 de xuño de 2020

LECTURA E ARTS PARA CELEBRAR DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Bos día, estreliñas e familias!
Hoxe é un día moi especial, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, dende 1974, sendo cada ano un país o encargado, este ano é Colombia o país anfitrión, onde se reunen os gobernos, empresas, celebridades e cidadáns para tomar decisións importantes para coidar e mellorar a vida na Terra.
Este ano 2020 o tema é a BIODIVERSIDADE.
E nós para axudar un chisquiño imos ler un contiño do libro "Na casa das árbores" de Isabell Seidel e Anxo Moure, xa vos irei deixando os seguintes, desta queda o primeiro cunhas preguntiñas para contestar no ordenador.
En Arts&Crafts quedan instrucións para que fagades un cartel con algunha das ideas propostas, lembrade tamén facer unha frase ou palabra sobre a vosa creación.
Tamén vos quedan cancións e vídeos para saber un pouquiño máis desta celebración. 
E a profe de música Charo, envía unha idea.
Ánimo, e axudemos todos a mellorar a vida no Planeta Terra. feliz Día!!

xoves, 4 de xuño de 2020

ESTELIÑA AURIA EN TV2 CLAN

Unhas das nosas estreliñas, Auria, está a seguir todas as mañás as clases que se emiten na TV2 Clan, e como é moi aplicada o outro día falaron dela, compartimos aquí o vídeo e os nosos PARABÉNS, como vedes o esforzo, aplicación e bo traballo ten recompensa, sendo a maior delas a aprendizaxe para acadar ser boas persoas e estreliñas brillantes.




TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, imos por un día máis, xa vai quedando menos para un descansiño, lembrade que sodes unhas estreliñas moi brillantes, que estades facendo un excelente traballo para o comezo do novo curso. 
Hoxe toca rematar unidade de Lengua e comezar a de Matemáticas.












mércores, 3 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, hoxe temos vídeochamada e ademais xa estamos na metade da semana, así que deixo aquí as tarefiñas de hoxe, cos libros de Lingua e Ciencias Sociais, para as miñas estreliñas superheroinas, que están a traballar moito é moi ben, por iso todas as noites as vexo brillar cada vez máis.






martes, 2 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos camiñando, avanzando e aprendendo, ánimo e a por un día máis, xa vai quedando menos para rematar.
Hoxe continuamos unidade no libro de Lingua e comezamos unidade en Ciencias da Natureza. Tamén tedes cancións novas un pouquiño de Ioga para relaxar e un xogo de Pipo para repasar lectura. Agardo pasedes un anaco divertido aprendendo cousiñas novas.