Bos días!
Ánimo que xa estamos no medio da semana, hoxe por problemas técnicos chegan as tarefas un chisquiño tarde. Toca continuar unidade tanto no libro de Lingua coma no de Ciencias sociais.
Continuamos avanzando un día máis, hoxe toca comezar unidade de Lingua e acabar a de Ciencias da Natureza, ánimo!! e ao rematar as tarefas disfrutar deste día de sol, observando e coidando da Natureza e os agasallos que cada día nos ofrece. Buscade ao voso arredor algunha planta ou árbore que vos guste e observade con detalle todas as súas partes (externas, a non ser que teñades unha planta para cambiar de lugar, a raíz non a toquedes, xa aprendemos que é a boca das plantas, por onde se alimentan e ten que estar debaixo da terra, senón a planta morre), ao chegar a casa debuxádea e pódelle nome as súas partes.
Ánimo, hoxe temos vídeochamada e ademais xa estamos na metade da semana, así que deixo aquí as tarefiñas de hoxe, cos libros de Lingua e Ciencias Sociais, para as miñas estreliñas superheroinas, que están a traballar moito é moi ben, por iso todas as noites as vexo brillar cada vez máis.
Continuamos camiñando, avanzando e aprendendo, ánimo e a por un día máis, xa vai quedando menos para rematar.