venres, 29 de maio de 2020

TAREFAS PARA HOXE DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Para rematar a semana e que pasedes unha boa finde unha soa tarefa para traballar lectura e plástica. No enlace de hoxe hai un documento que podedes imprimir ou copiar e facer en folio ou no caderno. A tarefa está basada nun conto "Árbol" de Antonio Rubio e Óscar Villán da editorial Kalandraka, o libro está escrito en castelán, eu traducino ao galego e ao inglés, pero deixeino sen imaxes porque o ides ilustrar vós. 
Así que ánimo, seguro saen uns libriños moi chulis, e gardádeos ben que cando volvamos ao cole preparámolos e doámolos á Biblioteca, como xa fixemos con outros.












xoves, 28 de maio de 2020

ANIVERSARIO ESTRELIÑA NOA

Parabéns estreliña NOA, que pases un moi feliz día coa túa familia, tan pronto como poidamos xuntarnos imos facer todas as celebracións pendentes, mentres disfruta moito e celebrao con gran ledicia. Ter unha familia coa que poder celebrar xa é un gran motivo de felicidade e ledicia. E na distancia estamos os amigos e profes desexándoche o mellor.


TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!


Ánimo, xa case rematamos semana! Hoxe toca continuar unidade tanto no libro de Lengua coma no de Matemáticas, tamén vos quedan enlaces a novas cancións e algunhas actividades de repaso, que agardo vos gusten e pasedes un tempiño xogando e aprendendo.






mércores, 27 de maio de 2020

RESULTADOS DA PROPOSTA DE ARTS&CRAFTS ANIMAIS/ANIMALS

Boas tardes!
Deixo aquí unha montaxe cos traballiños, que fixeron tanto o alumnado de 1º coma o de 2º de E.Primaria, sobre a proposta na materia de Plástica-Arts&Crafts para debuxar e repasar vocabulario sobre os animais.



TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo que xa imos no medio da semana! Hoxe toca tarefas cos libros de Lingua, continuar a unidade e Ciencias Sociais rematar. E o mesmo que dixen onte, o remate de Sociais aínda que moitas das actividades son orais se vos cansades podedes repartir e continuar mañá outro pouco.
Tamén tedes enlaces a xogos, agardo vos gusten e disfrutedes aprendendo.
(o contrasinal para os xogos: "1 perro blanco en coche")


Ata mañá!!

martes, 26 de maio de 2020

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ANXO

Parabéns estreliña ANXO, que pases un moi feliz día coa túa familia, tan pronto como poidamos xuntarnos imos facer todas as celebracións pendentes, mentres disfruta moito e celebrao con gran ledicia. Ter unha familia coa que poder celebrar xa é un gran motivo de felicidade e ledicia. E na distancia estamos os amigos e profes desexándoche o mellor.


TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe toca comezar unidade no libro de Lingua e rematar no libro de Ciencias da Natureza. Parece moito porque son varias páxinas pero moitas son orais e de lectura, aínda así se vos cansades podedes repartir e facer noutro momento, mellor facer con ganas e de xeito divertido que cansados.

luns, 25 de maio de 2020

EXPERIMENTOS

Boas tardes, estreliñas e familias!
A familia Gómez Bayo enviou uns vídeos de dous experimentos, que realizaron en familia despois de ver no programa de TVE 2 Clan, e comparto eu aquí con todos por se algún se anima a levalo a cabo. Ánimo e a disfrutar facendo e aprendendo!!



TAREFAS PARA HOXE COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe toca iniciar unidade tanto no libro de Lengua coma no de Matemáticas, pero antes de comezar nos botóns do Luns tedes dúas cancións para comezar o traballo, logo no cadro de cada materia está o vídeo coa explicación correspondente, e para rematar nas mans de Forqui as cancións de despedida, espero vos gusten, son novas.

TAREFAS DE INGLÉS PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli déixavos as solucións das actividades da semana pasada e as novas tarefas para esta. Premendo na imaxe podedes ver. Agardamos aprendades moito para falar en inglés na próxima vídeoconferencia.


TAREFAS DE REFORZO PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Ana Belén déixavos uns revoltos de matemáticas e lengua, esperamos sexades capaces de compoñelos. Para ver premede na imaxe. Recordade que podedes facerlo no caderno.


venres, 22 de maio de 2020

EXERCICIOS DE E.F E TRABALLIÑOS DAS LETRAS GALEGAS E FELICITACIÓNS PARA AINHARA

Hoxe tocan montaxes atrasadas, quedaran algúns traballiños vosos das Letras Galegas, as vosas felicitacións para Ainhara e un exemplo que fixo a estreliña Miriam dos exercicios propostos pola profe de Educación Física.





TAREFAS DA MATERIA DE VALORES

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Ana Rosa, que ademais de ensinarvos Educación Física tamén imparte a materia de Valores para algúns do grupo, acaba de mandarme esta recomendación para vos:

"Ola a todos e todas ! Envíovos un curto co título de Piper, unha vez que o vexades, pensades cal é a mensaxe que nos queren transmitir. Piper é unha ave playera, que nos relata unha bonita historia de superación dos medos persoais que temos. É o importante que é , aprender dos erros para transformalos e poder facer as cousas dunha maneira distinta e mellor. Despois de velo, estaría moi ben que intentarades expoñer o que vos transmitiu. Animade a vosa familia que vos acompañen a ver iste curto. Tamén podedes facer un debuxo do que vos pareceu."

TAREFAS DO VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Rematamos semana, un pouquiño de traballo e xa descansamos, que chega a fin de semana, e para que sexa unha remate divertido no apartado de Lectura tedes dúas fichas para facer no ordenador de adiviñas, que vos gustan moito.
En Arts un repasiño de vocabulario dos animais nas tres linguas que traballamos, galego, castelán e inglés, ademais de unhas instrucións para debuxalos, pero son moitos para unha vez, así que escolledes dous, dos que máis vos gusten, e debuxades no caderno.
E aínda que agora non podemos ir á biblioteca espero sigades a ler moito, xa tedes o libro de lectura ou noutros contos que seguro tedes na casa. O importante é practicar un pouquiño todos os días. 
Ánimo que o estades a facer xenial!!
Todas profes estamos moi contentas do voso traballo, parabéns, e seguir así que xa queda menos.

xoves, 21 de maio de 2020

TAREFAS PARA O XOVES CO LIBRO DE LENGUA E REPASO DE MATES

Bos días, estreliñas e familias!
Un día máis imos aló, hoxe moi sinxeliño, rematar unidade do libro de Lengua e tedes dous xogos para repasar a unidade de Mates, espero vos gusten.
E como remate un contiño de alguén que xa coñecedes, Tamara Chubarovsky, "Los enanitos de la primavera"

mércores, 20 de maio de 2020

TAREFAS DO MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo que xa estamos no medio da semana, toca continuar traballando un pouquiño no libro de Lingua e no de Ciencias Sociais.
Ademais para o remate uns vídeos con cancións. 
Que disfrutedes aprendendo moito!!

martes, 19 de maio de 2020

TAREFAS MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos hoxe avanzando na unidade de Lingua, cunha parte de escritura e lectura, lembrade que ademais das tarefiñas dos libros debedes ler todos os días un pouquiño no libro de lectura e facer un anaquiño de copia, é moi importante practicar a lectura en voz alta cun adulto para mellorar a pronunciación e a entoación e tamén é preciso mellora a escritura e iso só se acada practicando cada día.
Ademais hoxe toca na unidade de Ciencias da Natureza seguir aprendendo sobre o coidado tanto persoal como de alimentación saudábel. Por iso tedes a continuación da explicación do libro uns vídeos para ver relacionados co tema, dúas rimas de Tamara Chubarovsky para o cepillado dos dentes e axudar na cociña, e outro, que elaborou unha amiga doutro centro, Chus Rodríguez, e que me deixa compartir con vos, sobre vocabulario e accións para poñer a mesa.
Forqui, nas súas mans, tamén vos deixa hoxe unha sorpresiña para cando rematedes as tarefas de hoxe. Ánimo que o estades a facer xenial, ides ser unhas estreliñas super heroes e heroínas con moita sabedoria.

luns, 18 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2020

Bos días,estreliñas e familias!
Hoxe ademais de todas as tarefiñas, que son moitas, ben o sei, mais algunhas son para realizar ao longo da semana e segundo poidades, pouquiño a pouco vaise avanzando, deixovos infomación da celebración de hoxe, para cando teñades tempo a olledes, é interesante, só para pasar un tempiño en familia entretido e aprender cousiñas.
Como di o título da entrada, hoxe celebrase o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS  e este ano ten un tema moi interesante: «Museos pola igualdad: diversidade e inclusión» 



TAREFAS PARA HOXE LUNS DOS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días estreliñas e familias!
Comezamos nova semana e continuamos avanzando cos libros, hoxe tocan as materias de Lengua e matemáticas e a nosa mascota, Forqui, trae un par de sorpresas, premede, antes de comezar coas materias, no seu bocadilo de diálogo, agardo vos guste a sorpresiña e lembredes como comezabamos o día.

TAREFAS DE INGLÉS PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli déixavos unhas tarefiñas de Inglés para esta semana, premede na imaxe para acceder, a divertirse moito facendo e aprendendo. 


TAREFAS DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Ana Rosa déixavos unhas tarefiñas de Educación Física para esta semana, premede na imaxe para acceder, a divertirse moito facendo un pouquiño de exercicio para mantervos en forma.

TAREFAS DE REFORZO PARA ESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Ana Belén déixavos unhas tarefiñas de reforzo para esta semana, premede nas imaxes para acceder as de lengua e matemáticas, e coma sempre, podedes imprimir ou facer no caderno.




domingo, 17 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS

Hoxe, no día das NOSAS LETRAS, unha composición de debuxiños das nosas estreliñas, acompañados das cancións da BANDA DAS PITAS, que permiten compartir con todos e na seguinte imaxe tamén ten agochado o conto dos Bolechas para coñecer a Ricardo Cavalho Calero.
E tamén vos deixo un fermoso vídeo, elaborado polos meus compañeiros de cursos anteriores, adaptado para o alumnado con dificultades.
Agardo disfrutes deste día de celebración falando na Nosa Lingua.

venres, 15 de maio de 2020

TAREFAS VENRES LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe a lectura é sobre o conto "As pitas baixo a choiva", do autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, que se celebra este domingo.
E aínda que xa vos deixei o outro día moitos recursos e actividades, hoxe primeiro escoitades a lectura e despois tentai ler vós.
En  Arts tedes o modelo e as instruccións para facer a hen/unha galiña e a cock/un galo.
Aínda que está o vídeo coa explicación na táboa do horario, tamén está AQUÍ para ver ou imprimir.
Boa fin de semana!!

xoves, 14 de maio de 2020

TAREFAS DO XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreilñas e familias!
Un día máis para achegar as tarefas que tocan hoxe, agora xa sabedes como funciona, premede nos cadros de hoxe para ver, escoitar e despois facer nos vosos libros.
Onte foi unha gran ledicia vervos, falar e comentar, grazas por estar aí traballando tanto todos, estreliñas e familias, pouquiño a pouco imos avanzando e aprendendo entre todos.


mércores, 13 de maio de 2020

PARABÉNS, ESTRELIÑA AINHARA

Bos días, estreliñas!
Hoxe é o aniversario da estreliña Ainhara, os meus parabéns, espero o poida celebrar con toda a familia, é un día especial para ela, así que si algunha estreliña quere felicitala cun vídeo ou un debuxo que mo envíe que fago a montaxe cos vosos agasallos para que poida velos dende aquí, pois de momento non podemos celebrar con ela, como xa lle pasou a outras estreliñas. Cando poidamos volver faremos unha gran festa. Mentres esta tarxetiña. Unha aperta!!






TAREFAS PARA O MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E CCSS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe as novas tarefas para traballar cos libros de Lingua e Ciencias Sociais, espero sexa doado, pero se tedes dificultades xa sabedes onde atoparme: esther.mende19@gmail.com
Ide mirando os recursos que deixei para coñecer o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, na celebración do Día das Letras Galegas. Elixide algunha da que máis vos guste para ir facendo. O venres que toca Arts fareivos a proposta.

martes, 12 de maio de 2020

TAREFAS CO LIBRO PARA HOXE

Bos dias, estreliñas e familias!
Déixovos as tarefiñas para hoxe, para ir facendo pouquiño a pouco ao voso rítmo. 

luns, 11 de maio de 2020

HORARIO POR MATERIAS PARA TRABALLAR COS LIBROS

Bos días, estreliñas e familias!
Agardo que pouco a pouco e ao longo do día, todos vaian recibindo os libros, que quedaran no cole, para así poder continuar. 
A distribución do traballo será a que aparece na seguinte táboa, para hoxe están activas as materias correspondentes ao luns (Lengua e Mates), mañá activarei as seguinte e así sucesivamente cada día. Agardo que entre o libro dixital Santillana e o texto agora sexa máis doado para todos. De xurdir algunha dúbida poden pórse en contacto comigo a través de: esther.mende19@gmail.com ou m.estherprieto@edu.xunta.es.

TAREFAS INGLÉS E REFORZO DESTA SEMANA

Bos días, estreliñas e familias!
Coma todos os luns chegan as tarefas da mestra especialista de Inglés, Manoli, e as de reforzo da especialista de PT, Ana Belén.
Premede nas imaxes para atopalas. Ánimo, a por outra semana, xa queda menos!!



LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO


O vindeiro domingo, día 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas, como cada ano dede que foi instituída esta data no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Esta obra está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna

domingo, 10 de maio de 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NAI E OS MAIOS CON NOA E UNHA CURTA

Aquí vos deixo, unha semana despois, como foi a celebración da festividade do día da nai e dos Maios da estreliña Noa, grazas por compartir eses momentos con todos.
Ademais como hoxe é domingo unha curtametraxe (unha peli pequeniña), que a min me gusta moito e espero a vos tamén. 
Agárdovos mañá con tarefiñas novas. 



xoves, 7 de maio de 2020

DEBUXOS COAS MANS DO ALUMNADO DE 1º E UN TEATRIÑO

Bos días estreliñas e familias!
Hoxe unha montaxe cos debuxiños tan chulos que me enviastes, parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración e traballo dende a casa.
E para animar tamén vos deixo un teatriño sobre "Un Bichiño Insolente" de Tamara Chuvarovsky que está a non deixarnos ir cole. 
Ánimo entre todos imos vencer!!



mércores, 6 de maio de 2020

CONTO CON PRAXIAS

Boa tarde estreliñas e familias!
Hoxe déixovos un contiño "Nube Branca quere ser astronauta" de Pablo Nogueira, que me compartiu a profe de A.L., Ana, que tamén xa está publicado na web do cole a través do departamento de Orientación, ademais de moi entretido ten a finalidade de axudar a acadar unha boa articulación e discriminación dos fonemas.

MENSAXES PARA FORQUI, A NOSA MASCOTA


Bos días estreliñas e familias!

Hoxe déixovos unha montaxe coas mensaxes, debuxos e vídeos que lle enviastes a Forqui, que saibades que está moi contento de ter novas vosas e agarda con moita emoción o voso regreso.





martes, 5 de maio de 2020

DÚAS PROPOSTAS DE OBSERVAR E PENSAR

Bos días de novo, estreliñas e familias!
Agora toca darlle ao coco un pouquiño, e agardo o pasedes ben con estas tarefiñas. As imaxes son, unha doutro dos libros da colección Palabras Aladas, "El juego de pensar" e a outra dun libriño que leva moitos anos comigo e que xa vos ensinei outra imaxe del, "O libro das palabras" da editorial SM 



CONTINUACIÓN DA CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe unha entrega pendente, a segunda parte das lecturas do día do libro.
Queda o vídeo coas lecturas e outro coas paxinas do libro "Amar" da coleccioón Palabras Aladas, co que estivestes a traballar, o voso traballo correspondente a esa palabra e cunha fermosa canción de fondo do noso amigo Magín Blanco, "Doce".
Que pasedes un anaquiño moi doce, e moito ánimo que xa queda menos.

luns, 4 de maio de 2020

TAREFAS DE INGLÉS E REFORZO DE MATEMÁTICAS E LECTURA

Bos días estreliñas e familia!
Espero que esta fin de semana longa vos cargásedes de enerxía, pois arrancamos unha nova semana con tarefiñas varias, vou comezar coas enviadas pola profe de inglés, Manoli, e as de reforzo da profe Ana Belén. Coma sempre premede nas imaxes: 



Máis tarde xa vos achego un novo horario para traballar cos vosos libros, que en breve vos levarán á casa. 

venres, 1 de maio de 2020

PROPOSTAS PARA PLÁSTICA

Bos días, estreliñas e familias!
Pasan os días e hoxe comezamos novo mes, Maio, coas súas flores, xa di o refán: "Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso".
E como o primeiro domingo é costume celebrar o día da Nai e en Galicia tamén hai a tradición de creación dos maios e as coplas, que este ano coincide coa data propia, o 3 de maio.
Entón eu achégovos dúas propostas, a primeira facer unhas flores para as nais e a segunda é unha proposta que fixeron noutro cole e está compartida dende Aulas Galegas para a elaboración dun maio. Nesta web podedes atopar información: https://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios 
E dúas cancións relacionadas co tema. Ánimo e a celebrar.