mércores, 1 de decembro de 2021

LAPBOOK: UNIDADE 1 CIENCIAS NATURAIS 4º E.P-COMO NOS RELACIONAMOS?

O alumnado de 4º de E. Primaria en traballo por parellas realizou un resumo da 1ª unidade da materia de Ciencias Naturais en formato Lapbook. 

Foi a primeira proba, o seguinte iremos mellorando, a continuación a mostra.


LAPBOOK-COMO NOS RELACIONAMOS - Kizoa Movie Maker

martes, 30 de novembro de 2021

CELEBRANDO O 25 N E A IGUALDADE

Co gallo da celebración do 25N, Día na loita contra a violencia de xénero e ademais traballando pola igualdade, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria na materia de Arts estiveron adaptando o conto "O PAÍS DO GRAN FURADO", ilustración e voz, tamén coa colaboración do noso auxiliar de conversa Danish Mohamed tamén se realizou en inglés.

Ademais en todos os cursos debuxaron as súas mans decorándoas e escribindo unha palabra para completar o lema : "As mulleres queren.../The women want.." para colocar na entrada do Centro nun gran lazo e cantaron a canción "Da mesma raíz"


O GRAN FURADO-GALEGO - Kizoa Movie Maker

O PAÍS DO GRAN FURADO-INGLÉS - Kizoa Movie Maker

25 N 2021-THE WOMEN WANT.. - Kizoa Movie Maker

CONCURSO DE POSTAIS/ CHRISTMAS CARDS COMPETITION

Dende a materia de Arts o alumnado participou no concurso de postais que cada curso convoca a ONU, sendo este ano internacional do  Vidro, tema arredor do que se crearan as postais de Nadal, ademais dende esta materia repasáronse obras de pintores destacados e a través das que se podía relacionar co tema. Estas foron:


CHRISTMAS CARDS COMPETITION 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 10 de novembro de 2021

DECORATED WITH CHESTNUTS FOR MAGOSTO/DECORACIÓN CON CASTAÑAS PARA O MAGOSTO

Coñecendo pintores famosos que usan técnicas cubistas e de Pop Art, como Yayoi Kusama e Romero Brito, con pinturas e debuxos interesantes para o alumnado. 
A continuación uns vídeos destes artistas e algúns traballiños do noso alumnado contribuindo dende a materia de Arts na decoración do centro para a celebración do Magosto.






luns, 1 de novembro de 2021

RECURSOS E ACTIVIDADES REPASO DA UNIDADE 1 CCNN 4º E.PRIMARIA

Na seguinte imaxe interactiva podedes atopar unha selección de vídeos sobre o tema de Youtube, e actividades para repasar a Unidade 1: Como nos relacionamos?, seguindo o libro de texto empregado da editorial Vicens Vives, ademais dun esquema resumo.


OUR MONSTROUS FRUITS/OS NOSOS FROITOS MONSTRUOSOS

Nesta última semana para relacionar a temática do Halloween coa materia de Arts e o proxecto da liña temática do centro "Medra o o horto e medramos nós", en cada aula de primaria trasformaron o seu froito correspondente en monstruo. 

Respasando así o vocabulario dos froitos do noso horto, así como distintas técnicas. En 1º de E.Primaria o traballo foi colaborativo, creando un Carrot Monster entre todos con materiais de refugallo. En 2º de E.Primaria a técnica foi o collage para crear diferentes Strawberry Monster. Nas aulas de 3º, 4º, 5º e 6º empregaron debuxo libre para crear os seus monstruos: Raspberry Monster, Medicinal Plants Monster, Potatoe Monster e Chestnut Monster, respectivamente.

A continuación unha mostra destes traballiños:



venres, 29 de outubro de 2021

COMPOSITION WITH DIFFERENT LEAVES

O alumnado de E. Primaria estivo realizando diferentes composicións coas follas das plantas do froito correspondente, segundo a liña temática do centro "Medra o horto e medramos nós". A continuación unha mostra destes traballiños.




mércores, 27 de outubro de 2021

LEGENDS FLOURISH IN OUR GARDEN/ NO NOSO HORTO FLORECEN LENDAS

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, para festexar que despois dun ano con moitas medidas, por mor da Covid, se volve á normalidade aínda que mantendo algunhas medidas e en relación coa liña temática do centro para este curso, "Medra o horto e medramos nós", o alumnado por curso estivo elaborando a súa planta ou froito correspondente na clase de Arts.

O pasado luns 25 de outubro na Biblioteca do Centro, un grupo do alumnado de atención á diversidade rematou a tarefa, facendo as letras do lema para o mural e realizando a montaxe, que fianlmente se colocou nunha parede do patio da entrada.



FIRST ASSIGNMENTS IN ARTS CLASS

DOTS AND CIRCLES/PUNTOS E CÍRCULOS

Arrancou novo curso escolar coa materia de ARTS en todos os cursos de E.Primaria. Este curso contamos coa colaboración dun novo Auxiliar de Conversa, Danish Mohamed que chegou dende a India.
Para comezar, como repaso para uns e inicio para outros o alumnado estivo a traballar coa técnica do puntillismo a través do punto e o círculo. A continuación  un vídeo introductorio e logo unha mostra do traballo realizado polo alumnado.




xoves, 9 de setembro de 2021

BENVIDOS AO UN NOVO CURSO 2021-2022

Mañá arranca un novo curso, con novos retos, unha nova andaina na que iremos facendo camiño a carón, este ano, de moitas estreliñas, dende 1º de E. Primaria ata 6º. Este curso avanceremos nas aprendizaxes e descubrimentos, disfrutando, compartindo e medrando a través da materia de Arts.

Para empezar deixo o calendario escolar:

Ademais engadir o festivo local o día 11 de novembro, o San Martiño, e a elección do claustro o día 7 de decembro.
A continuación a liña temática de centro "Medra o horto e medramos nós", que será fío condutor para seguir o currículo na materia de Arts, para a que non se empregará libro de texto.

Benvidos ao novo curso con moito ánimo e ilusión.



sábado, 21 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ALEX

Este xoves, día 19, estivo de aniversario a estreliña ALEX, e para celebralo, cun chisquiño de retraso, un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Espero tiveras un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 



PARABÉNS, ALEX 2021 - Kizoa Movie Maker

sábado, 7 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ÉRICK

Hoxe está de aniversario a estreliña Érick, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 


ANIVERSARIO ÉRICK 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 4 de agosto de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ZAIDA

Hoxe está de aniversario a estreliña Zaida, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!! 


ANIVERSARIO ZAIDA 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 14 de xullo de 2021

DESPEDIDA CURSO 20-21

E… chegou  o día! Un ciclo rematado, dous cursos moi especiais, especiais por tantas cousas, que vai ser complicado facer resumo e darlle a cada unha o seu lugar.

Primeiro foi a chegada ao centro, un centro no que estivera destinada un curso había 20 anos, buff!, cantas emocións!! O edificio era o mesmo e nel volvín atopar compañeiros de entón, que ledicia!!, tamén había cambios, o cole estaba moitísimo máis bonito, e o MELLOR, foi ter a sorte de coñecer a un grupo de estreliñas, un chisco asustadas polo cambio de etapa pero cheas de luz. Esa luz que iluminou o camiño e me encheu de ilusión para guiar a súa aprendizaxe e a miña, porque nestes dous cursos, tan complicados polas circunstancias que tocou vivir, este grupo de estreliñas adaptáronse a todo como auténticas Súper heroínas. O curso pasado durante o confinamento seguiron traballando cada día dende as súas casas, realizando todas as actividades  e retos propostos, incluso durante os períodos de vacacións. Este curso respectaron todos os protocolos coma campioas e acadamos rematar curso con moito éxito, sen enfermar a pesares da ventilación e con moi bos resultados académicos.

PARABÉNS miñas estreliñas, sodes un gran grupo que aprendestes algo moi importante, a ser grupo, a coidarvos, axudarvos uns aos outros, a xogar xuntos e respectarvos. SODES GRANDES, OS MELLORES!!!

En setembro pasades á planta dos maiores e por sorte, moita sorte, seguiredes iluminando o meu camiño, seguiremos aprendendo xuntos, un chisquiño menos xuntos, mais, polo menos unha sesión cada semana compartiremos momentos de aprendizaxe e avanzaremos camiño.

E como remate xa, GRAZAS, MIL GRAZAS  para vós ESTRELIÑAS e para as vosas familias que estiveron sempre ao voso carón axudando e colaborando na vosa aprendizaxe. 

O mellor agasallo foi vervos medrar e aprender, aínda así tamén agradezo tanto os vosos debuxos e palabras coma os agasallos que as vosas familias mercaron, por certo moi acertados e significativos, pois representan as vosas agarimosas APERTAS cada mañá ao chegar e en calquera momento do día, incluso en calquera lugar que nos atopemos. GRAZAS POR TANTO CARIÑO!!





FIN DE CURSO

Os días 21 e 22 de xuño no centro programáronse, ademais de recoller materiais e aulas, as seguintes actividades:


Aínda que xurdiron algúns problemas alleos ao centro e houbo que adaptarse ás circunstancias. As estreliñas só mudaron de actividade o día 22 que no canto de seren a andaina ata o parque Botánico quedou ata a pista de atletismo do campus e con pícnic no centro por mor da chuvia. Aínda así foi un día diferente e de gran ledicia. Grazas as familias da ANPA pola súa colaboración, sen elas sería complicado levar a cabo este evento. GRAZAS!!
A continuación unha pequeniña mostra dos dous últimos días, deste curso tan diferente e no que as estreliñas acadaron chegar á meta. PARABÉNS!!


FIN DE CURSO 20-21 - Kizoa Movie Maker

mércores, 7 de xullo de 2021

ARTS: DECORATION FOR THE GARDEN

Durante os meses de maio e xuño ademais da celebración do día da nai e do traballo para as Letras Galegas na materia de Arts tanto o alumnado de 1º coma 2º realizou elementos decorativos para o xardín e o noso horto, como muíños de vento, móbiles e trampas con materais de refugallo e así traballar a reciclaxe.


DECORATION FOR THE GARDEN - Kizoa Movie Maker

LETRAS GALEGAS 2021

 


mércores, 30 de xuño de 2021

ANIVERSARIO ESTRELIÑA MARTÍN

Hoxe está de aniversario a estreliña Martín, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!!


ANIVERSARIO MARTÍN 8 - Kizoa Movie Maker

sábado, 19 de xuño de 2021

CELEBRACIÓNS FIN DE CURSO

Co gallo do remate de curso, un curso moi diferente, que se acadou finalizar con éxito, celebrarase con dous días de actividades distintas para o goce de toda a comunidade educativa con moita ledicia.

A continuación o programa:






martes, 8 de xuño de 2021

GOODBYE ELLEN

O pasado 25 de maio despedimos a nosa auxiliar de conversa, Ellen Alexia Downie, que veu dende Ohio e estivo colaborando no centro os dous últimos cursos. 

Todo o alumnado estivo moi contento con ela, pois axudóulles moito a mellorar a súa pronunciación en inglés. Botarémola moito en falla. 

A continuación como foi a súa despedida do centro, aínda que agardamos volva algún día de visita.


GOODBYE ELLEN - Kizoa Movie Maker

DESPEDIDA ELLEN - Kizoa Movie Maker

luns, 7 de xuño de 2021

REPASO UNIDADE 9

Na seguinte imaxe podedes atopar unhas fichiñas de repaso, algo de Arts e un conto. Ánimo que xa estamos en recta final, e as estreliñas están acadando rematar curso con moito éxito.

venres, 28 de maio de 2021

ANIVERSARIO ESTRELIÑA NOA

Hoxe está de aniversario a estreliña Noa, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!!


ANIVERSARIO NOA - Kizoa Movie Maker

mércores, 26 de maio de 2021

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA ANXO

Hoxe está de aniversario a estreliña Anxo, e para celebralo un vídeo resumo dalgunhas das tarefas deste curso. 

Que pases un fermoso día en compañía da túa familia e amigos. MOITOS PARABÉNS!!


ANIVERSARIO ANXO 8 - Kizoa Movie Maker

xoves, 13 de maio de 2021

ANIVERSARIO ESTRELIÑA AINHARA

Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, Ainhara. Que teñas un moi bo día e disfrutes dunha tarde en compañía da familia e amigos. PARABÉNS!!



ANIVERSARIO AINHARA 21 - Kizoa Movie Maker

mércores, 12 de maio de 2021

REPASO UNIDADE 8

A continuación unha selección de fichas para repasar contidos da Unidade 8, ademais dun chisco de entretemendo, a buscar, a ver se atopades. Que disfrutedes facendo. Ánimo!!

domingo, 9 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021-RECURSOS

Selección de recursos, para traballar esta semana, sobre XELA  ARIAS CASTAÑO,  escritora a que este ano están dedicadas as Letras Galegas 

martes, 4 de maio de 2021

MOTHER'S DAY/DÍA DA NAI

A semana pasada tanto o alumnado de 1º coma de 2º de E. Primaria na materia de Arts estiveron a realizar dúas actividades para  agasallar as súas nais no seu día. o domingo pasado.
Aproveitouse para repasar vocabulario de cores, accións e o tema dos Súper heroes.
Fixeron unha tarxeta coas súas mans e cunha mensaxe en lingua inglesa "Mom I love you, this much!", ademais as esteliñas de 2º crearon unha marioneta personificando as súas nais coma Súper heroinas.
A continuación unha mostra destas actividades:

MOTHER'S DAY - Kizoa Movie Maker

SPRING ARTS AND CRAFTS/TAREFAS DE PRIMAVERA

Co comezo da primavera o alumnado de 1º E. Primaria realizou nubes, chuvia, sol e flores para decorar a súa aula, repasando así o vocabulario correspondente.

SPRING ARTS AND CRAFTS - Kizoa Movie Maker

sábado, 24 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

Ao longo desta semana as estreliñas estiveron a traballar sobre a importancia da lectura, realizando distintas actividades. Comezaron o luns coa visita da ilustradora Laura Tova, logo coma todos os martes visitaron a biblioteca só que desta vez quedamos a ler un pouquiño, o resto da semana foron aos anaquiños lendo e cantando polos distintos espazos do centro, actividade proposta polo EDL, na aula continuaron coa adaptación do conto "Sal e azucre" que o venres leron, en lectura compartida nunha parte do patio. Este conto comenzaron a traballalo o curso pasado para celebrar o día do Libro, pero, por mor da pandemia, quedou sen rematar. As estreliñas escoitaran este conto na Bilioteca, nunha lectura que un grupo do alumnado da aula específica da ESO realizou, logo traballaron na aula, realizando un novo conto cos seus debuxos, a súa letra, o modelado en pasta dos protagonistas e a gravación das súas voces. Unha vez realizada a montaxe o conto encadernado foi entregado na Biblioteca.

Coma sempre, a continuación, a correspondente reportaxe:


SEMANA DO LIBRO 2021 - Kizoa Movie Maker

Sal e Azucre adaptación - Kizoa Movie Maker

xoves, 22 de abril de 2021

ADIVIÑAS

Agora repaso xogando con adiviñas atopadas na rede, espero vos gusten:



REPASO UNIDADE 7

A continuación uns exercicios dixitais para repasar a unidade 7. Ánimo, que estades avanzando a moi bo ritmo. Parabéns estreliñas!!

mércores, 21 de abril de 2021

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON LAURA TOVA

Onte as estreliñas participaron nun taller de ilustración a cargo da ilustradora Laura Tova, actividade concedida polo concello dentro do seu programa de actividades educativas para os centros, co gallo da celebración do día do libro.

Coas indicacións e colaboración da ilustradora e a mestra de música, Charo, realizaron o a creación e ilustración en formato despegable do conto "os tres porquiños"

A continuación coma sempre unha mostra:



luns, 19 de abril de 2021

TAREFAS NO HORTO

As estreliñas dende que comezou a primavera estiveron moi atarefadas con distintas actividades no noso Horto. 

Este curso conta cunha nova localización coa axuda da Secretaria do centro, Susana, e colaboración da mestra da materia de música, Charo organizaron dende as novas estruturas ata o reparto de espazos para que todo o alumnado poida sementar e plantar, así coma a protección dos cultivos cun pequeno invernadoiro artesá.

Moitas Grazas por poñer en marcha de novo o noso Horto, traballamos e aprendemos con moita ilusión, incluíndo tamén actividades coma a lectura ou a música.

A continuación un vídeo destas tarefas, que pasen un anaquiño agradable véndoas, nós pasámolo moi ben.


CHEGOU A PRIMAVERA AO HORTO - Kizoa Movie Maker

mércores, 7 de abril de 2021

ANIVERSARIO DOUTRA ESTRELIÑA

Hoxe comezamos trimestre con festa, unha das nosas estreliñas, Maxi, estivo de aniversario. 

Ogallá esta tarde pasase un gran día de celebración en compañía da súa familia e amigos. PARABÉNS!!

A continuación un vídeo de felicitacións onde están recollidos algúns dos momentos deste curso.

Aniversario Maxi - Kizoa Movie Maker


mércores, 31 de marzo de 2021

CADERNO DE COMPRENSIÓN LECTORA

Premendo na imaxe podedes atopar actividades divertidas para repasar a materia de Lengua, un montón de actividades que os compañeiros de Orientación Andujar comparten con todos nós. 

Só para traballar un pouquiño cada día mentres non saídes a xogar.




SOPA DE LETRAS PARA REPASAR

Hoxe un xogo para repasar un pouquiño, agardo pasedes un anaquiño entretido:

martes, 30 de marzo de 2021

PASCUA/HAPPY EASTER 2021

A semana pasada co gallo da celebración da Pascua/Easter, tanto o alumnado de 1º coma 2º de Primaria crearon un mural na clase de Arts (o bosque do coello e os ovos de Pascua), ademais o alumnado de 1º levou para casa unha tarxeta de felicitación (Happy Easter) con forma de coello que elaboraron a partir da plantilla da man de cada un, que logo decoraron. 

A continuación unha mostra:


EASTER 2021 - Kizoa Movie Maker

CELEBRACIÓN DA MULLER E A CIENCIA

O mércores da semana pasada rematamos trimestre cunha actividade extra, a celebración do día da Muller e a Ciencia, que cada ano se celebra o día 11 de febreiro. As estreliñas tiveron a sorte de contar cunha Muller Científica moi próxima, a nai dunha das nosas estreliñas, Susana Bayo, que lles fixo un repaso dalgunhas Mulleres Científicas e os seus inventos, logo tamén lles contou algunhas das tarefas que realiza como Muller Científica na Universidade de Vigo no Campus de Ourense, no campo relacionado co clima e os seus fenómenos, algo que resultou moi motivador por estar a estudalo na última unidade do trimestre. Tamén tiveron a sorte de disfrutar desta conferencia o alumnado de 1º da ESO, nunha sesión do venres pasado.

MOITAS GRAZAS SUSANA



luns, 29 de marzo de 2021

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Nas últimas unidades as estreliñas estiveron estudando sobre os animais e as súas características, ademais en colaboración coa ONG "Greenpeace", que nos facilitou unidades para elaborar fichas sobre animais en perigo de extinción, as estreliñas coa axuda da súa familia investigaron sobre algún destes animais elaborando fichas con información, coas que fixemos unha exposición na aula.

A continuación unha presentación con estes  traballiños, así aprendemos todos:


ANIMAIS EN PERIGO - Kizoa Movie Maker

xoves, 25 de marzo de 2021

REPASO UNIDADE 6

A continuación, premendo nas palabras da imaxe do nosos Súper Heroe (Súper Gadoupas), podedes atopar fichas de repaso para practicar. Que o pasedes moi ben repasando!!

martes, 23 de marzo de 2021

AGASALLO PARA PAPÁ: XOGO TRES EN RAIA/ TIP TAP TOE FOR DAD

A semana pasada as estreliñas estiveron facendo o agasallo para o día do pai, que quedou pendente do curso pasado a causa da COVID. Premendo na palabra AQUÍ, pódese ver as instrucións para esta actividade que foron publicadas entón.
A continuación o resultado deste curso:


TRES EN RAIA-TIP TAP TOE - Kizoa Movie Maker

xoves, 18 de marzo de 2021

ST. PATRICK AND FATHER'S DAY


Nesta semana tanto o alumnado de 1º coma 2º na materia de Arts estiveron a traballar sobre as dúas festividades que se celebran, hoxe mércores 17 de marzo, Saint Patrick's Day e o venres 19 o Día do Pai, que como a materia é biblingüe o alumnado creo un Superhero Dad to the Best Father.
Ademais deixo un vídeo que lles gustou moito con instrucións para debuxar o duende típico Irlandés, A Leprechaun.
Con todo o material elaborado fixemos un mural no corredor de acceso á aula.


ST PATRICK AND FATHER DAY-ARTS CLASS - Kizoa Movie Maker


luns, 15 de marzo de 2021

COMEZA A PREPARACIÓN DO HORTO

O pasado venres as nosas estreliñas estiveron colaborando no acolchado dunha parte do horto, para, coa chegada da primavera, plantar e sementar as primeiras verduras e hortalizas, así como algunha froita. 

Pouco a pouco iremos vendo como avanza e así aprender moito  sobre estas plantiñas.


AS ESTRELIÑAS PREPARAN O HORTO - Kizoa Movie Maker

ANIVERSARIOS MES DE MARZO

No mes de marzo estiveron de aniversario dúas das nosas estreliñas, Xuli e Nanny, e así fixemos a celebración na aula coas compañeiras e compañeiros.


ANIVERSARIOS MARZO - Kizoa Movie Maker

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA

Esta semana, martes e xoves, na Biblioteca Pública celebraranse dúas sesións de actividades moi recomendables, Contos e obradoiro de Poesía e Música.

Deixo información por se é de interese, e as estreliñas queren participar.

                




domingo, 14 de marzo de 2021

PARABÉNS PARA A ESTRELIÑA DJANNA

Hoxe unha das nosas estreliñas, Djanna, está de aniversario. Comezou este curso neste centro. Aínda que chegou nun ano diferente, que pouquiño a pouco vai avanzando, as nosas estreliñas fíxeronlle unha moi boa acollida e todas van medrando e aprendendo xuntas. 

Que hoxe sexa un día moi feliz para esta estreliña, que cumpre 8 anos xa, e toda a súa familia. Dende aquí moitos PARABÉNS!! con este vídeo con algúns momentos especiais, compartidos dende o comezo de curso.



PARABÉNS DJANNA - Kizoa Movie Maker

martes, 9 de marzo de 2021

8 M: UN DÍA NA VIDA NAS MULLERES DA MIÑA FAMILIA

As estreliñas estiveron a traballar coas súas familias nun concurso organizado dende os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, "Un día na vida das mulleres da túa familia", podía ser da nai, avoa, tía, irmá...As estreliñas ilustraron as tarefas que as herínas da súa familia realizan ao longo dunha xornada, que despois de ser seleccionadas para premio formaron parte do mural, que loce na entrada do centro, co lema "Os poderes da miña Súper Heroína".

A continuación a exposición dos seus traballiños:


UN DÍA NA VIDA DAS MULLERES DA MIÑA FAMILIA-8M - Kizoa Movie Maker

POEMA ILUSTRADO: ROSALÍA-ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Na semana dedicada a Rosalía as estreliñas estiveron a traballar o poema "Adiós ríos, adiós fontes" que cantaron no patio o día do acto, cada unha escribiu e ilustrou unha estrofa.

A continuación o libro en formato dixital que será entregado na Biblioteca para a sección. "As nosas creacións"


ROSALÍA: ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES - Kizoa Movie Maker



luns, 8 de marzo de 2021

AS ESTRELIÑAS VISITAN O LABORATORIO DO CENTRO

O pasado venres, día 5 de marzo, as estreliñas visitaron o laboratorio do centro, onde a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Beatriz Lobelle, lles amosou e explicou algúns dos minerais e rochas que estiveron a estudar na unidade 5. 

A continuación unha mostra desta actividade:


VISITA AO LABORATORIO: MINERAIS E ROCHAS - Kizoa Movie Maker

xoves, 4 de marzo de 2021

FICHAS DE REPASO UNIDADE 5

 A continuación coa axuda da nosa mascota Forqui, repaso da unidade 5:


PARABÉNS PARA A ESTRELIÑA XULI

Hoxe unha das nosas estreliñas, Xuli, está de aniversario. Comenzamos un ano diferente, que pouquiño a pouco vai avanzando, e as nosas estreliñas medrando. Que hoxe sexa un día moi feliz para esta estreliña, que cumpre 8 anos xa, e toda a súa familia. Dende aquí moitos PARABÉNS!! con este vídeo con algúns momentos especiais, compartidos no que levamos de curso.


PARABÉNS XULI - Kizoa Movie Maker

venres, 26 de febreiro de 2021

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Así foi como as estreliñas celebraron o Día de Rosalía, o pasado día 24 de febreiro, día do aniversario do nacemento da nosa mellor defensora da nosa lingua, así como unha gran escritora. 
Coas caricaturas donadas por OZOCOgz de Carballiño, fixeron un mural POPART e as bandeirolas para o retrouso do RAP, que cantou o alumnado de 6º de E. Primaria.
Tamén escribiron o estrofas do poema "Adiós ríos, adiós fontes" para o mural da "Nosa Rosalía Súper heroína".
A continuación unha mostra desta actividade:


ACTO CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA - Kizoa Movie Maker

FESTA NA AULA DOS ANIVERSARIOS DE FEBREIRO


FESTA ANIVERSARIOS FEBREIRO 2021 - Kizoa Movie Maker

domingo, 21 de febreiro de 2021

ALÍ, UN DÍA...BO DÍA

Hoxe comparto aquí unha canción para aprender a saudar e empezar o día con optimismo.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Estes seis videoclips de ilustración animada sobre cancións infantís, con letra orixinal de Fabaloba e música, tamén orixinal, do músico e mestre José Carballido, xiran arredor das distintas rutinas coas que se adoita traballar na etapa de educación infantil (saudar, xogar, recoller, xantar ou vestirse). Os temas musicais son interpretados polo grupo infantil A música das baleas, formado a partir do coro do CEIP de Caión, que foi un dos gañadores da pasada edición do certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar da Deputación da Coruña.
 

sábado, 20 de febreiro de 2021

RECURSOS PARA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A continuación unha selección de actividades e recursos para celebrar o día de Rosalía de Castro. 
O vindeiro día 24 de febreiro é o aniversario do seu nacemento (24 de febreiro do 1837), e no centro estase a preparar esta celebración, polo que as estreliñas poden atopar aquí algunha información e tarefas para ir traballando.

OS ANIMAIS

As estreliñas nestes días están a traballar a unidade sobre os animais e as súas características, para repasar isto poden ver o seguinte vídeo.

Ademais o cole está apuntado para colaborar coa ONG Greenpeace, co seu programa Coles x Greenpeace, a través do cal farán un traballo de investigación sobre algúns animais en perigo de extinción. E maís adiante terán un obradoiro de aprendizaxe con algún membro da organización.

Tocando a seguinte imaxe poden ver a unidade correspondente.







xoves, 18 de febreiro de 2021

PARABÉNS PARA A ESTRELIÑA RAFA

Hoxe está de Aniversario unha das nosas estreliñas, Rafa. Dende aquí moitos Parabéns dos teus compañeiros e amigos de clase, que pases un moi feliz día coa túa familia, este ano toca unha festa distinta, mais hoxe algo de celebración tocará no cole tamén, sempre gardando o protocolo da Covid.



ANIVERSARIO RAFA - Kizoa Movie Maker

domingo, 14 de febreiro de 2021

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Nesta semana, ademais das tarefas de Entroido, o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria estivo a traballar na actividade dun mural colaborativo na materia de Arts, coa creación dunha tarxeta, na que pegaron un corazón vermello rodeado de palabras en L. Galega e en L. Inglesa relacionadas coa Amizade e o Amor: Amigo-Friend, Amor-Love, Axudar-Help, Respecto-Respect, Contento-Happy, Sorriso-Smile; logo decorárono con puntos de cores feitos con marcadores. Unha vez rematado todo fixemos o mural con todas as tarxetas.

A continuación pódese ver a montaxe:



PARABÉNS PARA A ESTRELIÑA VÍCTOR

Hoxe está de Aniversario unha das nosas estreliñas, Víctor. Dende aquí moitos Parabéns dos teus compañeiros e amigos de clase, que pases un moi feliz día coa túa familia, este ano toca unha festa distinta, mais o vindeiro venres algo de celebración tocará no cole tamén, sempre gardando o protocolo da Covid.



PARABÉNS VÍCTOR - Kizoa Movie Maker

sábado, 13 de febreiro de 2021

PARABÉNS PARA A NOSA ESTRELIÑA MIRIAM

Hoxe está de Aniversario unha das nosas estreliñas, Miriam. Dende aquí moitos Parabéns dos teus compañeiros e amigos de clase, que pases un moi feliz día coa túa familia, este ano toca unha festa distinta, mais o vindeiro venres algo de celebración tocará no cole tamén, sempre gardando o protocolo da Covid.


PARABÉNS MIRI - Kizoa Movie Maker

O NOSO ENTROIDO

As nosas estreliñas participaron toda esta semana nas ordes deixadas polo noso Meco, o Súper heroe Suso Jares, e onte no Folión do Entroido, no patio, disfrazados do seu Súper Heroe, Súper Gadoupas, coas súas Gadoupas especiais, nas que están o poder de facer cousas boas, como axudar, traballar, xogar, crear.. Moita máis información na páxina web do centro en breve: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/


ENTROIDO 2021 - Kizoa Movie Maker

mércores, 10 de febreiro de 2021

AGASALLOS PARA O FOMENTO DA LECTURA

A semana pasada dúas das nosas estreliñas trouxeron agasallos, para os seus compañeiros e compañeiras, co gallo das actividades de fomento para a lectura da aula. Estiveron a traballar coas súas familias para a súa elaboración.

A continuación o momento da entrega. Agora imos a seguir lendo moito e máis ledos e asía a nosa árbore dos contos teña moitas folliñas.

GRAZAS PARA AURIA, AINHOA E AS SÚAS FAMILIAS.




domingo, 7 de febreiro de 2021

RECURSOS ENTROIDO

Esta semana estará dedicada a tarefas relacionadas coa festa do Entroido. Aquí quedan algúnhas actividades atopadas na rede, así como os mandadiños do Meco do centro.

luns, 1 de febreiro de 2021

RESUMO DE TAREFAS NA SEMANA DA PAZ

As estreliñas participaron das actividades propostas para a celebración da semana da Paz.

A continuación o resumo.




PEACE VOCABULARY - Kizoa Movie Maker

xoves, 21 de xaneiro de 2021

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Buscando na rede atopei algúns materiais para traballar nestas datas, algunhas cancións en youtube de artistas como Uxía Lambona, Paco Nogueiras e Pablo Díaz e fichas creadas por @rocioptsevilla, @orientacionandujar, @susanaalbancess e @derechoavolar

sábado, 9 de xaneiro de 2021

OS DESEXOS DE NADAL DAS NOSAS SÚPER HEROÍNAS E SÚPER HEROES

As estreliñas participaron na elaboración deste libro que vai ser doado á Biblioteca do centro, coas páxinas correspondentes a dos desexos do seu súper heroe GADOUPAS.



luns, 4 de xaneiro de 2021

VISITA DOS REIS MAGOS

Como remate do primeiro trimestre o alumnado recibiu dúas visitas moi especiais, os Reis Magos, para recoller as cartas que estiveron escribindo nas semanas anteriores, con peticións moi especiais e que agardamos as súas Maxestades poidan cumprir, e a do noso Apalpador que pasou o tempo de lecer escoitando as súas peticións. 
Con tantos e tan bos desexos seguro o Aninovo vai ser moi doado.


OS REIS MAGOS DE ORIENTE VISITAN MENDE - Kizoa Movie Maker



FELIZ 2021

Que no Aninovo logremos ser felices, sexa cal sexa a realidade que nos toque vivir e nos traia moita forza para seguir avanzando polo camiño da vida.