martes, 24 de marzo de 2020

UN RETO PARA AS MIÑAS ESTRELIÑAS

Ola, estreliñas e familias!
Hoxe chego a cita un chisco tarde, estiven elaborando material en vídeo para compartirvos sobre os temas que levamos traballado, pero hoxe a rede vai un chisco lenta, e mentres... eu estiven a matinar.
Ánimo que xa imos polo noveno día nesta situación!! 
Hoxe decidín que non ía publicar tarefas escolares, hoxe entroume moita morriña, bótovos moito de menos.
Así que vou a proporvos  un reto, para vós e a vosa familia, pois ides precisar dun chisco de axuda. 
Lembrades que me gusta moito compartir as vosas fotos facendo cousiñas, ben pois o que me gustaría e que fixerades unha foto vosa ou en familia, con mensaxe ou sen ela, e logo enviala ao correo: esther.mende19@gmail.com
Por último, unha vez recibidas compártoas aquí, deste xeito podemos seguir a vernos todos e enviarnos saúdos e apertas virtuais, de momento, cando isto remate vou darvos moooiiitas apertas, desas de verdade que vos sabedes dar.

Empezo eu:

luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADE DE LINGUA INGLESA

Bos días estreliñas e familias!
Ánimo que xa queda un día menos! Espero que esta fin de semana, diferente a que estamos acostumados, servise para facer cousiñas en familia, falar, colaborar nas tarefas da casa entre todos e xogar moito, se foi posible un chisquiño apartados todos das pantallas.
Hoxe toca tarefa de Lingua inglesa, e como sempre, xa sabedes, organizando como mellor poidades, todas as tarefas están aquí no blog para usar no momento máis axeitado para cada familia.
A mestra de inglés, Manoli, mandoume isto que comparto aquí con vós:

"Ola nen@s! Que tal vamos? Moito ánimo que en nada xa nos volvemos a ver todos no cole.
Mándovos unhas fichas de reforzo dos temas traballados. Para empezar coa unidades 1. Se non se poden imprimir, facer o que sexa posible nun folio ou no caderno. 
Recordade o enlace que vos enviei a semana pasada para consultar  no noso libro as cancións,xogos, vocabulario...,  a continuación suxierovos webs onde podedes atopar varios recursos axeitados.

http:// aulasgalegas.org

http://learnenglishkids.britishcouncil.org

Por si queredes contactar conmigo, este é o meu correo: mvlorenzo@edu.xunta.es

Un saúdo e que todo vaia ben.

A mestra de inglés, 
 Manuela Vaquero"

Para ver as actividades premer na imaxe:


venres, 20 de marzo de 2020

MATERIAL PARA TRABALLAR SOBRE A PRIMAVERA

Bos días estreliñas e familias!
O primeiro, que agardo todos sigades moi ben a pesarses deste encerro, e segundo que se precisades axuda ou aclaración estou nos correos xa facilitados, (esther.mende19@gmail.com e m.estherprieto@edu.xunta.es).
Agora veñen as tarefas, sempre recordando que non son o máis importante, só unha axuda para seguir cunha rutina de traballo e continuar aprendendo.
Como xa sabedes hoxe chega a PRIMAVERA e mañá celébrase o día da poesía, no cole xa estabamos a comezar a preparar e organizar, xa leramos o conto "A árbore da escola" e íamos facer a nosa árbore no mural, así como levar as nosas plantiñas ao Horto. 
Como todo isto vai quedar para a volta, que entre todos coidándonos moito vai ser pronto, mentres unhas

mércores, 18 de marzo de 2020

RIMAS CON MOVEMENTO

De novo por aquí, e que antes quedou pendente compartir unhas rimas con movemento do blog de Tamara Chuvarovsky (https://www.tamarachubarovsky.com/blog/)
Parecéronme interesantes para practicar estes días:

ADIVIÑAS E RIMAS

Bo día estreliñas e familias!
Unha nova tarefiña para hoxe, agardo que todos sígades ben e aproveitedes para compartir este tempo en familia.
Premede AQUÍ para ir á actividade de lectura, podedes imprimila ou facela en rede.
Para as adiviñas premede de novo AQUÍ
Máis tarde engado algo máis, agora teño que deixarvos.

Apertas virtuais!!

martes, 17 de marzo de 2020

INFORMACIÓN SOBRE CORONAVIRUS

Estaba a preparar información do que acontece nestes días, mais atopei isto da páxina amiga ARASAAC, da que comparto a diario os seus pictogramas, así deixo esta información que eles elaboraron dun xeito sinxelo e claro para as nosas estreliñas, ademais dun contiño e unha canción atopadas na rede e un debuxiño, tamén de Arasaac para colorear e decorar as vosas ventás.
Mañá xa deixo algunha tarefiña máis por se queredes repasar. 
BOA LECTURA E REFLEXIÓN!!
MOITAS APERTAS, ATA MAÑÁ!




TRES EN RAIA

Bos días, estreliñas e familias!

Primeiro, agardo que todo siga ben, e para seguir facendo isto un chisquiño máis doado hoxe deixo aquí unha tarefa, que xa comezaramos no cole, polo tanto os materiais están na aula, pero como era material de refugallo creo que se pode solucionar sen problema empregando algo semellante, así que só a modo de exemplo. 

luns, 16 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA REPASAR A LINGUA INGLESA

A mestra especialista en lingua inglesa, que lles imparte esta materia as nosas estreliñas ven de comunicarme unha páxina web que permite repasar o vocabulario que levan traballado, dado que os libros están no centro e tampouco corresponde facelos.
Premendo na seguinte imaxen e logo en AMAZING ROOFTOPS:


HAPPY LEARNING!!


IDEAS

Bos días, estreliñas e familias!
Nestes días de permanencia na casa por mor do Coronavirus irei compartindo con vos cousiñas deste xeito virtual. O xoves pola noite, antes de saber deste encerro, xa engadín algúns exercicios de matemáticas e lingua para repaso; mais o importante nestes días será:

venres, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE LECTURA E MATEMÁTICAS

Ante a nova situación na que nos atopamos, toda a comunidade, educativa nestes días, deixo unha selección de materiais para practicar, lectura, matemáticas  e conciencia fonolóxica, premendo nas imaxes pódese acceder para imprimir ou ver.