mércores, 1 de xullo de 2020

FESTA 7º ANIVRSARIO ESTRELIÑA MARTÍN

Onte celebrou o seu 7º aniversario a estreliña Martín, aquí un resumo da súa festa cun grupo de estreliñas, amigos e familia. Parabéns e grazas pola invitación á festa, foi unha tarde moi agradable disfrutando da ledicia das estreliñas e as familias, GRAZAS!!

martes, 30 de xuño de 2020

TAREFAS CONTINUACIÓN

Bos días, estreliñas e familias!
Comezan as vacación, polo tanto imos ir a un ritmo diferente. Hoxe deixo o comezo da seguinte unidade de Lengua e o remate da de Matemáticas, pero para facer cando poidades, eu tamén irei engadindo a un ritmo máis lento. Pero pasiño a pasiño irmos facendo camiño e avanzando. ÁNIMO!!

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA MARTÍN

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe no remate de curso celebra o seu aniversario a estreliña MARTÍN, dende aquí moitos parabéns para el e a súa familia, que pasen un moi feliz día compartindo ledicias coa familia e os amigos.


luns, 29 de xuño de 2020

ORLA E DIPLOMA

Como remate de curso un agasalliño para as estreliñas e as familias, orla para o alumnado e diploma para as familias, a orla foi entregada ao alumnado que dun xeito ou doutro nos fomos vendo, espero poder rematar de entregar en breve. As familias queda a imaxe aquí por se queren imprimir, senón queda para o vindeiro curso, este non deu para máis. GRAZAS A TODOS!! BO VERÁN!!




FESTIÑAS FIN DE CURSO

Este foi un curso diferente, mais non por iso especial, e como dedicatoria final e en agradecemento a toda a comunidade educativa, en especial ás familias das estreliñas de 1º E.P. do CPI José García garcía, vou facer unha adaptación dalgúns pensamentos de Antoine Saint-Exupéry, autor do "Principiño":  O esencial é que aquelo que se viviu segue existindo nalgún lugar, e os costumes ancestrais, e as festas familiares e a casa dos recordos; o esencial é que se vive para o retorno. E que só se coñece o mundo a través da comprensión do vivido, así é milagroso como nos adaptamos a todas as situacións. Só unha cousa salva: un paso, e logo outro paso. Sempre se repite o mesmo paso. Procurade ser felices e que sempre teñamos desexos de rir xuntos e teremos estreliñas que saben rir.
Eu estou moi agradecida de poder, nesta situación, despedir o curso coas estreliñas aos pouquiños, o maior agasallo son as súas mostras de cariño, risas, o seu esforzo, o das familias e as súas ganas e ilusión por aprender. Ogallá todo vaia mellorando e en setembro poidamos ter un feliz retorno e poder rir todos xuntiños.

CONTINUACIÓN TAREFAS DESTA SEMANA

Estreliñas e familias, sinto non poder continuar cos tarefas diarias desta semana, xurdiron outras tarefas de carácter burocrático, así que queda o horario desta semana completado con actividades dixitais de repaso, a semana que comeza nun chisco xa espero vaia estando ao día, porén como son vacacións cada un vai facendo segundo poida. Isto, como xa acordamos é só coa idea de rematar os libros e que en setembro o repaso sexa máis doado. Ánimo e a repasar!! Agardo vos gusten!!

mércores, 24 de xuño de 2020

TRADICIÓNS GALEGAS: NOITE DE SAN XOÁN

Esta noite máxica que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán todo os membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero moitas  aparecen en todas:
Hai moitos máis ditos sobre esta celebración:
  • Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
  • Na fogueira de San Xoán, todos caen ao chan.
  • No San Xoán as bruxas fuxirán.
  • Polo San Xoán, as nove co día darán.
  • O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
  • Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
  • Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
  • Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
  • Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
  • Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.
Son moitas as referencias aos labores agrícolas:
  • No San Xoán, peras na man.
  • A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
  • No San Xoán, fouciña na man.
  • En San Xoán, cardos dan.
  • Os allos postos no San Xoán, son dentes de can.

Fontes consultadas para os textos:
  • Etnografía galega, Xesús Taboada Chivite.
  • Galicia 2001Etnografía espiritual, Xunta de Galicia.
  • Gran Enciclopedia Gallega, Silverio Cañada.
  • Guía de plantas medicinais de Galicia. Varios autores. Ed. Galaxia.
Imaxes recollidas da rede

martes, 23 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Outro día máis, hoxe toca empezar unidade no libro de Lingua e continuar coa unidade dos animais no libro de Ciencias da Natureza, só por se queredes avanzar no que quedou pendente, pero lembrade que nestes días ademais de aprender moito é importante xogar cos amigos e disfrutar da familia.
Ánimo que xa vai quedando menos para volver comezar curso e traballar no cole, que espero teñades tantas ganas coma min de volver.

luns, 22 de xuño de 2020

SERVIZO DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DO CENTRO


TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Como acordamos na última videoconferencia, imos seguir avanzando nas explicacións dos libros, para que non queden sen rematar, aínda así en setembro repasarase toda esta materia que durante o confinamento se avanzou por estes medios, o feito de ir avanzando así vai ser unha axuda para arrancar en setembro un pouco mellor. 
Todo isto sabendo que estamos de vacacións e que tanto as estreliñas como as familias teñen, sobre todo este curso, o descanso máis que merecido, porén os días son longos e ben aproveitados dan para moito, os recursos quedan aquí e os libros téñenos, así que cada un como mellor considere e poida. Ánimo!!!