martes, 31 de marzo de 2020

NOVAS TAREFAS DE LINGUA INGLESA

A mestra especialista de inglés envioume hoxe esta cartiña para vos:
Ola nen@s! 
O primeiro expresarvos o meu desexo de que tanto vós coma as vosas familias vos atopedes ben. 
Qué tal vai  ese traballiño? Espero que lle adiquedes algún tempo ás tarefas de inglés. 
Seguimos repasando os temas  que nos quedan ata a unidade 4:
(cores, números, xoguetes, animais, medios de transporte ).
Vades facendo pouco a pouco as fichiñas de reforzo que xa tendes, cada un ao seu rítmo,
podedes facelas escritas ou oralmente, cada un como queira ou poida según as súas posibilidades,
así como visionar os vídeos que xa tendes no Blog.

SOLUCIÓN AO PRIMEIRO RETO DE MATEMÁTICAS

Deixo aquí os  traballiños que algunhas estreliñas enviaron, como ides ver a proposta ten varias opcións e todas son válidas. Unha soa imaxe da pé a varias interpretacións. Parabéns estreliñas, moi bo traballo. Grazas!!




E a solución de Martín que chegou un chisco máis tarde:


NOVOS SAÚDIÑOS DAS NOSAS ESTRELIÑAS

Estes días chegaron dous novos saúdos das estreliñas, Noa e Zaida. 
E a mestra especialista de música, Charo, deixoume para compartir con vós dúas cancións que seleccionou da rede.
En breve máis cousiñas.



sábado, 28 de marzo de 2020

ESTRELIÑAS SUPERHEROEÍNAS

Hoxe esta entrada vai dedicada as nosas estreliñas superheroínas, por elas e para elas, que están levando esta situación con un gran exemplo, quedando na casa, sen saír a correr, xogar...facer todas as actividades propias da súa idade e moitos sen contacto cos da súa idade, e facendo as tarefas do cole.
SODES UNS CAMPIÓNS E CAMPIOAS. MOITAS GRAZAS. SEGUIDE ASÍ PERO NON ESQUEZADES COLABORAR COA FAMILIA E XOGAR!!
HOXE OS APLAUSOS PARA VOS!!


Déixovos tamén acceso a unha carpeta con debuxos para colorear:



venres, 27 de marzo de 2020

UN RETO DE MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Agardo sigades todos sendo uns campións e campioas, colaborando na casa, ánimo que xa vai outro día menos!! 
Mentres van chegando as fotiños de saúdos e da canción "Na casa" de Magín Blanco (preciso telas todas para xuntar a letra da canción, por certo se alguén debuxa e escribe os últimos versos que quedaron sen nome, agradezo...vós facedes mellores debuxos ca min), para a fin de semana un reto de matemáticas, a partires da foto (flores de primavera, calas) que adxunto tedes que plantexar un problema e logo resolvelo, e...cando as familias poidan, envialo ao correo.
Moitas grazas familias por estes traballiños engadidos 

E para rematar dous contiños atopados na rede que comparto con vos, abrazos e bicos:

xoves, 26 de marzo de 2020

SAÚDOS ESPECIAIS DAS MIÑAS ESTRELIÑAS

Bos días! 
Hoxe son uns bos días moi especiais, onte estiven xuntando as fotiños enviadas, e aquí vos deixo estes saúdos tan especiais, para min foi unha gran ledicia vervos e saber que todo vai ben, iso é o máis importante. Ánimo que xa queda un día menos para darnos apertas de verdade.
De momento aquí quedan estes saúdos especiais, que os disfrutedes tanto coma min. MOITAS APERTAS!!!
Esquecía, hoxe non vou propor tarefa, só vou actualizar recursos nas pestanas.


mércores, 25 de marzo de 2020

2º RETO PARA AS MIÑAS ESTRELIÑAS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, xa vai outro día menos!!
Agardo que todos sigades moi ben.
Hoxe, mentres van chegando as fotiños da proposta de onte, algunha xa chegou...mil grazas, unha ledicia vervos...aínda que sexa a través da pantalla, vou deixarvos un novo reto, sempre para os que poidan, a semana pasada Magín Blanco, do que coñecemos polo teatro e polas fermosas cancións que a miúdo escoitamos e usamos, compuxo unha canción para estes días de encerro, a profe de música (Charo) xa lla compartiu ao alumnado da súa titoría e con todos os profes, eu vouna compartir tamén con vós e ademais propóñovos que cada un nun folio ou folla do caderno copiedes o anaquiño que vos toca e o ilustredes con eses debuxos tan chulis que facedes e os compartades a través do correo electrónico que xa vos facilitei (esther.mende19@gmail.com), e gardádeos porque a volta facemos un libriño para a Biblioteca.

Empezo eu:

ÁNIMO, MANS A OBRA!! MOITAS APERTAS!!
E LEMBRADE QUE ESTOU AO OUTRO LADO DA PANTALLA POR SE PRECISADES AXUDA
Tamén lembrarvos que se accededes ao blog dende dispositivos móbiles premendo na caixa de inicio podedes acceder as pestanas con cousiñas das distintas materias.



martes, 24 de marzo de 2020

UN RETO PARA AS MIÑAS ESTRELIÑAS

Ola, estreliñas e familias!
Hoxe chego a cita un chisco tarde, estiven elaborando material en vídeo para compartirvos sobre os temas que levamos traballado, pero hoxe a rede vai un chisco lenta, e mentres... eu estiven a matinar.
Ánimo que xa imos polo noveno día nesta situación!! 
Hoxe decidín que non ía publicar tarefas escolares, hoxe entroume moita morriña, bótovos moito de menos.
Así que vou a proporvos  un reto, para vós e a vosa familia, pois ides precisar dun chisco de axuda. 
Lembrades que me gusta moito compartir as vosas fotos facendo cousiñas, ben pois o que me gustaría e que fixerades unha foto vosa ou en familia, con mensaxe ou sen ela, e logo enviala ao correo: esther.mende19@gmail.com
Por último, unha vez recibidas compártoas aquí, deste xeito podemos seguir a vernos todos e enviarnos saúdos e apertas virtuais, de momento, cando isto remate vou darvos moooiiitas apertas, desas de verdade que vos sabedes dar.

Empezo eu:

luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADE DE LINGUA INGLESA

Bos días estreliñas e familias!
Ánimo que xa queda un día menos! Espero que esta fin de semana, diferente a que estamos acostumados, servise para facer cousiñas en familia, falar, colaborar nas tarefas da casa entre todos e xogar moito, se foi posible un chisquiño apartados todos das pantallas.
Hoxe toca tarefa de Lingua inglesa, e como sempre, xa sabedes, organizando como mellor poidades, todas as tarefas están aquí no blog para usar no momento máis axeitado para cada familia.
A mestra de inglés, Manoli, mandoume isto que comparto aquí con vós:

"Ola nen@s! Que tal vamos? Moito ánimo que en nada xa nos volvemos a ver todos no cole.
Mándovos unhas fichas de reforzo dos temas traballados. Para empezar coa unidades 1. Se non se poden imprimir, facer o que sexa posible nun folio ou no caderno. 
Recordade o enlace que vos enviei a semana pasada para consultar  no noso libro as cancións,xogos, vocabulario...,  a continuación suxierovos webs onde podedes atopar varios recursos axeitados.

http:// aulasgalegas.org

http://learnenglishkids.britishcouncil.org

Por si queredes contactar conmigo, este é o meu correo: mvlorenzo@edu.xunta.es

Un saúdo e que todo vaia ben.

A mestra de inglés, 
 Manuela Vaquero"

Para ver as actividades premer na imaxe:


venres, 20 de marzo de 2020

MATERIAL PARA TRABALLAR SOBRE A PRIMAVERA

Bos días estreliñas e familias!
O primeiro, que agardo todos sigades moi ben a pesarses deste encerro, e segundo que se precisades axuda ou aclaración estou nos correos xa facilitados, (esther.mende19@gmail.com e m.estherprieto@edu.xunta.es).
Agora veñen as tarefas, sempre recordando que non son o máis importante, só unha axuda para seguir cunha rutina de traballo e continuar aprendendo.
Como xa sabedes hoxe chega a PRIMAVERA e mañá celébrase o día da poesía, no cole xa estabamos a comezar a preparar e organizar, xa leramos o conto "A árbore da escola" e íamos facer a nosa árbore no mural, así como levar as nosas plantiñas ao Horto. 
Como todo isto vai quedar para a volta, que entre todos coidándonos moito vai ser pronto, mentres unhas

mércores, 18 de marzo de 2020

RIMAS CON MOVEMENTO

De novo por aquí, e que antes quedou pendente compartir unhas rimas con movemento do blog de Tamara Chuvarovsky (https://www.tamarachubarovsky.com/blog/)
Parecéronme interesantes para practicar estes días:

ADIVIÑAS E RIMAS

Bo día estreliñas e familias!
Unha nova tarefiña para hoxe, agardo que todos sígades ben e aproveitedes para compartir este tempo en familia.
Premede AQUÍ para ir á actividade de lectura, podedes imprimila ou facela en rede.
Para as adiviñas premede de novo AQUÍ
Máis tarde engado algo máis, agora teño que deixarvos.

Apertas virtuais!!

martes, 17 de marzo de 2020

INFORMACIÓN SOBRE CORONAVIRUS

Estaba a preparar información do que acontece nestes días, mais atopei isto da páxina amiga ARASAAC, da que comparto a diario os seus pictogramas, así deixo esta información que eles elaboraron dun xeito sinxelo e claro para as nosas estreliñas, ademais dun contiño e unha canción atopadas na rede e un debuxiño, tamén de Arasaac para colorear e decorar as vosas ventás.
Mañá xa deixo algunha tarefiña máis por se queredes repasar. 
BOA LECTURA E REFLEXIÓN!!
MOITAS APERTAS, ATA MAÑÁ!




TRES EN RAIA

Bos días, estreliñas e familias!

Primeiro, agardo que todo siga ben, e para seguir facendo isto un chisquiño máis doado hoxe deixo aquí unha tarefa, que xa comezaramos no cole, polo tanto os materiais están na aula, pero como era material de refugallo creo que se pode solucionar sen problema empregando algo semellante, así que só a modo de exemplo. 

luns, 16 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA REPASAR A LINGUA INGLESA

A mestra especialista en lingua inglesa, que lles imparte esta materia as nosas estreliñas ven de comunicarme unha páxina web que permite repasar o vocabulario que levan traballado, dado que os libros están no centro e tampouco corresponde facelos.
Premendo na seguinte imaxen e logo en AMAZING ROOFTOPS:


HAPPY LEARNING!!


IDEAS

Bos días, estreliñas e familias!
Nestes días de permanencia na casa por mor do Coronavirus irei compartindo con vos cousiñas deste xeito virtual. O xoves pola noite, antes de saber deste encerro, xa engadín algúns exercicios de matemáticas e lingua para repaso; mais o importante nestes días será:

venres, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE LECTURA E MATEMÁTICAS

Ante a nova situación na que nos atopamos, toda a comunidade, educativa nestes días, deixo unha selección de materiais para practicar, lectura, matemáticas  e conciencia fonolóxica, premendo nas imaxes pódese acceder para imprimir ou ver.









MEDIDAS ADOPTADAS POR CORONAVIRUS

Esta tarde, despois da comparecencia do noso Presidente ante os medios, na web da Consellaría están publicadas as medidas que debemos adoptar. Premendo na imaxen poden lerse.


domingo, 8 de marzo de 2020

8 DE MARZO: TODOS IMPORTANTES, TODOS NECESARIOS

Hoxe é unha data importante, tanto polo seu factor histórico na reivindicación dos dereitos da muller, coma a loita actual pola igualdade. Por iso esta semana as estreliñas estiveron a traballar cos Bolechas o tema da IGUALDADE entre persoas, e ademais de traballar cos libriños que nos enviou a Xunta, tamén estivemos a facer un mural co lema deste ano "8 DE MARZO XERACIÓN POLA IGUALDADE", ao que engadimos o noso lema "TODOS SOMOS IMPORTANTES, TODOS SOMOS NECESARIOS"
Ademais da Igualdade entre xéneros, (eu prefiro persoas), falamos das distintas profesións e sobre todo daquelas coas que coincidimos a diario no Centro, recordando tamén os seus nomes e os que non sabiamos preguntamos (Equipo directivo, administración, portería, cociña, limpeza, coidadoras, mestres).
Aínda que foron un xoves e un venres moi intensos, porque tamén hai que facera as materias que tocan, non demos rematado; mais non podía rematar o día sen facer esta pequena publicación en homenaxe a este día, o seu significado e a importancia do ensino en igualdade, tanto na escola coma na familia, cada día do ano. TODOS XUNTOS PODEMOS!!
A música pertence ao alumnado e profesorado doutro centro, o CEIP A Pedra, grazas por compartila.


mércores, 4 de marzo de 2020

ANIVERSARIO MES DE MARZO: XULIA

Hoxe celebramos o aniversario dunha das nosas estreliñas, Xulia, e facemos publicación hoxe porque este mes é o único que temos, Parabéns Xulia!!
A continuación o vídeo resumo desta celebración e dende aquí Grazas á familia polo convite, aproveitaremos para escribir a receita e o proceso de elaboración, que Xulia nos contou hoxe, destas saborosas palmeiras. PARABÉNS!!


CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALIA

Na semana pasada as estreliñas estiveron a traballar cun dos poemas de Rosalia de Castro do seu libro Cantares Galegos, Alborada, cada unha escribiu un anaquiño coa súa ilustración correspondente, logo leron e gravamos.
O libriño elaborado será exposto na Biblioteca do centro no apartado "As nosas creacións". 
A continuación un vídeo coas páxinas deste libriño e as voces das estreliñas.
Desta non demos feito fotos de todos traballando, queda só unha pequena mostra.