martes, 29 de decembro de 2020

ACTIVIDADES PARA O NADAL

Bo Nadal, miñas estreliñas!

Lembrades os primeiros días de setembro?, no medio da ledicia por volver a vernos, por volver á vosa aula, estaban as numerosas regras e normas do protocolo que os mestres vos íamos indicando, e vos fostes cumprindo cada unha delas (nova entrada con toma de temperatura e xel hidroalcólico, fila, manter distancia ocupar un espazo determinado no patio, permanecer só cos compañeiros da vosa aula, entrar na aula tamén mantendo a distancia, ocupar a vosa mesa e cadeira no lugar determinado por orde de lista, empregando só os vosos materiais, desinfectando mesas e todo o que usamos, ventás e porta aberta e o que peor levamos todos deste protocolo, sen apertas, sen sorrisos porque están agochados detrás das máscaras...seguro esquezo algunha norma máis) e ademais de todo iso levastes a cabo as tarefas encomendadas, rematando este trimestre con éxito.

Sodes un gran exemplo, ademais de recuperar os contidos do tempo de confinamento avanzamos, e case rematamos todo o que nos pertencía neste trimestre, e tamén aprendemos todos a celebrar as festas correspondentes dentro do protocolo, acadamos facer xogos divertidos no Magosto e un Nadal especial.

PARABÉNS!!

Agora, aínda que estamos en tempo de descanso, de estar coa familia e disfrutar dos xoguetes que vos deixou Papá Noel ou o Apalpador, o último día vimos e fixemos no encerado dixital unhas actividades, que compartiron nas redes outros mestres, que vos gustaron moito e prometín deixarvos aquí. 

Así que, se  toca estar moito na casa e queredes facer, coma noutras ocasións deixo unha imaxe na que ten puntos con actividades, a buscalos e disfrutar.

martes, 22 de decembro de 2020

TARXETA DIXITAL NADAL 2020

As nosas estreliñas participaron na creación da Tarxeta dixital para felicitar este Nadal tan especial, cos mellores desexos para que este ano remate con ben deixando atrás todo o malo e agardando un Aninovo cheo de ledicias, onde poidan volver os bicos e as apertas. MOI FELICES E BOAS FESTAS!!


TARXETA NADAL 2020 - Kizoa Movie Maker

martes, 8 de decembro de 2020

RECURSOS DE SÚPER GADOUPAS PARA O NADAL

Na seguinte imaxe, premendo nos botóns podedes atopar dsitinto tipo de tarefas sobre o Nadal. Que o pasedes xenial facendo, vendo e cantando.

venres, 27 de novembro de 2020

PREPARANDO O BAILE DE NADAL

Para que familias e estreliñas vaian practicando os pasos do baile, que entre o profesorado de E.F e Música están ensaiando co alumnado e tamén co resato da comunidade educativa, comparto o vídeo oficial da canción JERUSALEMA:

ARTS: TURKEY HAT TO THANKSGIVING

Esta semana as estreliñas e o alumnado de 1º realizaron un sombreiro pavo (Turkey hat) para celebrar o Día de Acción de Gracias (Thanksgiving)




mércores, 25 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Estes días algunhas das estreliñas participaron no programa de Radio Mende, nunha emisión especial, realizada entre toda a comunidade educativa do Centro. Aquí queda a nosa aportación a esta loita.


Ademais o alumnado de 1º e 2º de E.Primaria elaboraron un mural co lema "Nin unha máis, nin unha menos" e debuxos das mans onde expresaron as accións fermosas e boas que se poden facer coas mans, partindo da frase "Coas miñas mans podo..."






martes, 24 de novembro de 2020

SÚPER GADOUPAS O NOSO SÚPER HEROE

E por fin está rematada a presentación do Súper Heroe da aula das estreliñas, pouco a pouco iremos engadindo  novidades deste Súper Gadoupas que xurdiu con elementos aportados da imaxinación de cada unha das estreliñas.




venres, 20 de novembro de 2020

AS ESTRELIÑAS VOLVEN Á BIBLIOTECA

Este martes as estreliñas volveron á Biblioteca para facer uso do servizo de préstamo, e ademais, por fin, entregar unha versión súa do conto "Max e os superheroes" que traballaron na aula como introdución para traballar no proxecto deste curso "O alumnado de Mende anda na procura dunha patrulla de Súper Heroes", para a sección na Biblioteca "As nosas creacións" e celebrar así o día das Bibliotecas.



CONTOS POLA IGUALDADE

Para ir traballando o tema da igualdade loitando pola eliminación da violencia de xenero, quedan aquí tres contos, ademais para Radio Mende a comunidade educativa do Centro está elaborando unha serie de Podcasts: 



domingo, 15 de novembro de 2020

XOGOS MAGOSTO 2020

As estreliñas participaron o venres pasado na celebración dos xogos da castaña organizados no centro, polos profes de E.F., para os distintos niveis e etapas por quendas.
As esteliñas participaron na primeira quenda con catro xogos: A Castaña plantada, A Castaña sentada, Orizo e Carreira de sacos.
A continuación queda unha mostra:


Tamén participaron na elaboración das fichas dos xogos, para a creación dun libro que será depositado na Biblioteca na sección "As nosas creacións"






HISTORIAS SAMAÍN-HALLOWEEN

Polo Samaín as estreliñas estiveron repasando vocabulario relacionado, tanto en inglés coma en galego, construíron un cubo (crazy cubes) con imaxes deste vocabulario e a roda para debuxar os resultados e logo crear unha historia.

A continuación o resultado:



mércores, 4 de novembro de 2020

RECURSOS PARA A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Paras ir preparando a festa do Magosto, aquí en Ourense, tamén festa do San Martiño; quedan unha serie de materiais para ir traballando ao longo da semana.










domingo, 1 de novembro de 2020

SAMAÍN-DISFRACES

Neste curso tan atípico as estreliñas de 2º participaron na festa do Samín na aula, cada unha chegou co seu disfraz da casa e na aula participaron con distintas actividades relacionadas co tema, entre elas unha de creación de historias a partir dun cubo.




sábado, 31 de outubro de 2020

CABAZAS PARA O SAMAÍN

Unha das tarefas a realizar nesta semana alumnado e familias na casa, por mor da Covid, foi decorar a cabaza na casa coa axuda das familias e enviar unha foto para a posterior publicación nos blogs e na web.

E este foi o resultado do traballo do alumnado de 2º e as súas familias, parabéns e grazas pola colaboración.



venres, 30 de outubro de 2020

ADAPTACIÓN DO CONTO "MAX E OS SUPERHEROES"

Para comezar co proxecto deste curso, o alumnado estivo a ler o conto "Max e os Superheroes", logo debuxaron e por último gravouse a lectura por páxinas. Cos debuxos realizados farase un libro que se donará á Biblioteca para o espazo, "As nosas creacións", con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares. A continuación o resultado desta adaptación.









xoves, 29 de outubro de 2020

PROGRAMA FESTA DE SAMAÍN

Mañá no Centro celébrase un Samaín un chisquiño distinto, a pesar desta nova situación, vaise tratar de que o alumnado celebre, disfrute e aprenda sobre esta festividade. Ademais escoitarase por megafonía a primeira emisión de Radio Mende, que aínda que non foi concedido o proxecto de Radio na Biblioteca, a través dunha liña do programa de formación que funciona no centro, vaise ir pondo en marcha para solicitalo o próximo curso de novo.

Tamén se vai contar cuns reporteiros fotográficos moi especiais (dous compañeiros de 4º da ESO, Hugo e Borja), que realizarán a correspondente reportaxe para a galería de imaxes e así poder ver os disfraces do alumnado por aulas, xa que non se pode celebrar acto conxunto. 

FELIZ DÍA DE SAMÍN!!!




domingo, 25 de outubro de 2020

RECURSOS LIBRO DE INGLÉS

A Teacher, Manoli, acaba de envíar a seguinte información para que teñades acceso ao material dixital dos libros de inglés, a continuación as instruccións:

Ø  "Podedes descargar o activity book para traballar os exercicios dos audios (listenings).

Ø  Tamén podedes visionar os vídeos de cada unidade.

CONTIDOS DIXITAIS:

Ø Recursos varios para traballar neste idioma (online learning zone) xogos, contos, zona de pais…"

Ø  Class book

AMAZING ROOFTOPS 2

https://oxfordpremium.oupe.es/app/student/3b34e64b-13c0-11eb-8076-6cae8b633112

 

RECURSOS OUTONO E AS SÚAS FESTAS

 Recollida de recursos para traballar estas datas, uns recollidos na rede e outros de colleita propia.:






 






PROXECTO CENTRO: "O ALUMNADO DE MENDE ANDA NA PROCURA DUNHA PATRULLA DE SÚPER HEROÍNAS E HEROES"

Este curso o centro embarcouse nun proxecto ambicioso para a situación Covid que se está a vivir, motivo polo que se precisa dunha gran patrulla de súper heroínas e super heroes, que van loitar polo traballo e aprendizaxe en equipo e unha convivencia pacífica e de amizade.

A continuación a presentación deste proxecto:




luns, 12 de outubro de 2020

FORQUI-COVID

A nosa mascota, Forqui, tamén leva máscara. Auria, unha das nosas estreliñas coa axuda da súa avoa fíxolle unha máscara, pois as que levamos nos quédanlle moi grandes. GRAZAS!!

Forqui está moi guapo e agradecido.






ANIVERSARIOS PENDENTES

O venres pasado fixemos unha pequena celebración na aula. Había moito que celebrar ademais de comezar o 2º curso de E. Primaria das nosas estreliñas, os aniversarios de varias estreliñas, unhas por coincidir a súa celebración durante o confinamento e outras no verán. 

Celebramos con: Ainhara, Noa, Anxo, Martín, Zaida, Érick, Auria, Alejandro e Ainhoa.

MOITOS PARABÉNS!!



martes, 22 de setembro de 2020

CALENDARIO E HORARIO ESCOLAR

Achego Calendario escolar para o curso 2020-2021 e o horario das nosas estreliñas de 2º curso de E.Primaria, coa fin de facilitar a organización da mochila cada día, xa que este curso non queda o material na aula.






ARRANCANDO NOVO CURSO

Arrancamos un novo curso, que vai ser moi especial. 

Xa está a ser unha benvida moi emocionante, despois de tanto tempo as aulas baleiras o centro está a sentirse vivo de novo a pesar dos protocolos a seguir.

Dende aquí dicir que do noso alumnado temos moito que aprender, dende os máis cativos ata os maiores están a ser uns súper campións, seguen todo o protocolo acatando normas tanto nas aulas coma no patio e demais espazos do centro. Parabéns!!

Ánimo, este curso imos vencer ao virus e imos aprender moito.



mércores, 9 de setembro de 2020

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA AINHOA

Hoxe estivo de aniversario a estreliña Ainhoa, moitos Parabéns!!!

Forqui máis eu agardamos tiveras un fermoso día de celebración coa familia e as amizades.

Mañá xa nos vemos no cole e celebramos, aínda que dun xeito un chisquiño distinto do curso pasado.

Ánimo que con sentidiño e respectando as normas imos ser Súper Heroínas e Súper Heroes.



luns, 31 de agosto de 2020

ÚLTIMA TAREFA DE VERÁN COS LIBROS

 Bos días, estreliñas e familias!

Neste último día de agosto achego tamén a última gravación. Hoxe quedaba rematar os libros de Ciencias Sociais e Lingua. Ánimo!!

Agora toca prepararse para o comezo do segundo curso!! Vémonos prontiño!! APERTAS

mércores, 26 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE MATEMÁTICAS E LINGUA

Bos días, estreliñas e familias!

Xa queda pouco tempiño de vacacións e tamén xa para rematar os libriños de 1º, hoxe queda rematado o de Matemáticas e comezamos a última unidade de Lingua. Ánimo que na próxima sesión xa rematamos.

Ademais déixovos uns vídeos que seguro vos van gustar.

venres, 21 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos día, estrelinas e familias!

Outra nova achega de tarefiñas, o verán vai rematando e as tarefas tamén, xa queda moi pouco. Hoxe xa rematamos un libro máis o de Ciencias da Natureza e tamén unidade no de Lingua. Ánimo que o conseguimos!! 

Tamén vos deixo uns vídeos e unha ficha interactiva de repaso. Imos aló!!

mércores, 19 de agosto de 2020

ANIVERSARIO DAS ESTRELIÑAS MADELINE, SOPHÍA E ALEJANDRO

Hoxe temos de aniversario tres estreliñas, Madeline, Sophía e Alejandro, moitos PARABÉNS!!

Ogallá pasedes un fermoso día de celebración en compañía da familia e as amizades, que sopredes moi ben as candeas e que todos os vosos desexos se cumpran, agardo vervos prontiño. MOITAS APERTAS!!







martes, 18 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LENGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Boas tardes, estreliñas e familias!

Hoxe unha nova achega de tarefiñas cos libros de Lengua, xa coa última entrega e co libro de Ciencias Sociais, no que comezamos última unidade,  xa queda pouquiño, MOITO ÁNIMO!!

sábado, 15 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LENGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Unha nova achega de tarefiñas, xa van quedando menos, pouquiño a pouco fomos avanzando e xa vai quedando menos, tanto para rematar as tarefas pendentes coma para volver ao cole.
Agardo poida ser nas datas previstas e xa iremos comentando como hai que prepararse para que o regreso sexa doado para todos. Mentres moito ánimo, que o estades a facer xenial!!

ANIVERSARIO ESTRELIÑA AURIA

Hoxe celebramos un novo aniversario, a estreliña Auria está de celebración. Moitos PARABÉNS, que pases un día moi feliz coa túa familia e amizades. Que sexa un gran día, dende aquí os mellores desexos.


luns, 10 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

 Bo día, estreliñas e familias!

Hoxe outra nova achega de tarefiñas, xa queda pouquiño, últimas unidades, toca comezar tanto no libro de Lingua coma no de Ciencias da Natureza. Quedou un chisquiño longo pero vós ide facendo segundo poidades. ÁNIMO!!

venres, 7 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE MATEMÁTICAS E CIENCIAS SOCIAIS

Boas tardes, estreliñas e familias!

Unha nova achega de tarefiñas para cando teñades un oquiño, hoxe queda o comeza da derradeira unidade de matemáticas e a penúltima de ciencias sociais. Ánimo que xa queda menos para rematar isto e poder comezar un novo curso.

Hoxe, ademais déixovos o conto "My cat likes to hide in boxes" en versión castelá e inglesa, contados por unha gran contadora e creadora de contos, boa amiga e hai un tempo compañeira, Abuela Bea. Agardo os disfrutedes, vos gusten e collades ideas para facer os vosos contiños tamén.

ANIVERSARIO DAS ESTRELIÑAS ZAIDA E ÉRICK

Este martes, día 4 de agosto, foi o aniversario da estreliña Zaida e hoxe é o da estreliña Érick, moitos Parabéns aos dous, que o celebredes moito coa familia e amizades, pero con coidadiño, lembrade manter a distancia de seguridade ou levar máscara. PARABÉNS E MOI FELIZ DÍA!!




mércores, 5 de agosto de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LENGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos día, estreliñas e familias!
Unha semana máis unha nova entrega, xa vai quedando menos. Hoxe toca rematar unidades, tanto no libro de Lengua coma no de Ciencias da Natureza. Moito ánimo que só queda unha e en breve volvemos á rutina moi preparados.

martes, 28 de xullo de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE MATEMÁTICAS E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe unha nova achega de tarefiñas, toca rematar unidade no libro de Matemáticas e no de Ciencias Sociais, moito ánimo que xa só queda unha. Estades a ser unhas estreliñas moi aplicadas, traballadoras e unhas grandes campioas. Moitos parabéns estreliñas e grazas as familias pola colaboración e axuda.


xoves, 23 de xullo de 2020

TAREFAS DO VERÁN COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando, como quedamos na última videoconferencia, para rematar os libros, mais lembrade que os contidos serán repasados xunto cos de segundo, ademais en 1º iniciase unha aprendizaxe que ten continuiade non só no seguinte curso senón ao longo de toda a etapa de Primaria. 
Isto só ten a finalidade de darlle uso aos mateirais mercados, manter rutinas de traballo e de ser posible aprender cada día.
Hoxe toca rematar unidade de Lingua e comezar a penúltima de Ciencias da Natureza, tamén uns vídeos sobre a fabricación do papel. Ánimo! Sempre cara diante, que sodes unhas esteliñas campioas!!

luns, 20 de xullo de 2020

TAREFAS VERÁN COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Unha semana máis, e continuamos avanzando, xa queda menos, hoxe comezamos a penúltima unidade tanto no libro de lengua coma no de matemáticas e deixo tamén unhas fichas interactivas por se queredes repasar. ÁNIMO!!

mércores, 15 de xullo de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE MATEMÁTICAS E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Estes días estou indo cun chisquiño de retraso, espero esteades a disfrutar moito do verán. Para os momentiños que esteades pola casa e queirades traballar un pouquiño déixovos a continuación de dúas unidades, unha de Matemáticas e outra de Ciencias da Natureza, tamén uns vídeos que complementan a explicación e unha canción con vocabulario en inglés. 
Ánimo e que pasedes un anaquiño divertido aprendendo e repasando.

xoves, 9 de xullo de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LINGUA E SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Unha nova achega de tarefiñas, hoxe toca comezar unidade nos libros de Lingua e Sociais. Ánimo que imos avanzando e xa vai quedando menos.


martes, 7 de xullo de 2020

TAREFAS DE VERÁN COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Estes días andamos a outro ritmo, como xa lles dixen irei avanzando segundo me sexa posible ir facendo gravacións, hoxe toca avanzar cos libros de Lengua e Matemáticas, para ir facendo segundo poidan.
Ánimo, traballar un pouquiño e disfrutar moito deste tempo de verán coa familia e os amigos.

xoves, 2 de xullo de 2020

CONTINUACIÓN TAREFAS LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Un día máis unha nova achega de tarefas, hoxe co libro de Lingua e Ciencias da Natureza para rematar unidades. 
Como veño dicindo sempre, cada un ao seu ritmo e como vaia podendo. ÁNIMO!! Pasiño a pasiño iremos avanzando e aprendendo moitas cousiñas.

mércores, 1 de xullo de 2020

FESTA 7º ANIVRSARIO ESTRELIÑA MARTÍN

Onte celebrou o seu 7º aniversario a estreliña Martín, aquí un resumo da súa festa cun grupo de estreliñas, amigos e familia. Parabéns e grazas pola invitación á festa, foi unha tarde moi agradable disfrutando da ledicia das estreliñas e as familias, GRAZAS!!

martes, 30 de xuño de 2020

TAREFAS CONTINUACIÓN

Bos días, estreliñas e familias!
Comezan as vacación, polo tanto imos ir a un ritmo diferente. Hoxe deixo o comezo da seguinte unidade de Lengua e o remate da de Matemáticas, pero para facer cando poidades, eu tamén irei engadindo a un ritmo máis lento. Pero pasiño a pasiño irmos facendo camiño e avanzando. ÁNIMO!!

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA MARTÍN

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe no remate de curso celebra o seu aniversario a estreliña MARTÍN, dende aquí moitos parabéns para el e a súa familia, que pasen un moi feliz día compartindo ledicias coa familia e os amigos.


luns, 29 de xuño de 2020

ORLA E DIPLOMA

Como remate de curso un agasalliño para as estreliñas e as familias, orla para o alumnado e diploma para as familias, a orla foi entregada ao alumnado que dun xeito ou doutro nos fomos vendo, espero poder rematar de entregar en breve. As familias queda a imaxe aquí por se queren imprimir, senón queda para o vindeiro curso, este non deu para máis. GRAZAS A TODOS!! BO VERÁN!!




FESTIÑAS FIN DE CURSO

Este foi un curso diferente, mais non por iso especial, e como dedicatoria final e en agradecemento a toda a comunidade educativa, en especial ás familias das estreliñas de 1º E.P. do CPI José García garcía, vou facer unha adaptación dalgúns pensamentos de Antoine Saint-Exupéry, autor do "Principiño":  O esencial é que aquelo que se viviu segue existindo nalgún lugar, e os costumes ancestrais, e as festas familiares e a casa dos recordos; o esencial é que se vive para o retorno. E que só se coñece o mundo a través da comprensión do vivido, así é milagroso como nos adaptamos a todas as situacións. Só unha cousa salva: un paso, e logo outro paso. Sempre se repite o mesmo paso. Procurade ser felices e que sempre teñamos desexos de rir xuntos e teremos estreliñas que saben rir.
Eu estou moi agradecida de poder, nesta situación, despedir o curso coas estreliñas aos pouquiños, o maior agasallo son as súas mostras de cariño, risas, o seu esforzo, o das familias e as súas ganas e ilusión por aprender. Ogallá todo vaia mellorando e en setembro poidamos ter un feliz retorno e poder rir todos xuntiños.

CONTINUACIÓN TAREFAS DESTA SEMANA

Estreliñas e familias, sinto non poder continuar cos tarefas diarias desta semana, xurdiron outras tarefas de carácter burocrático, así que queda o horario desta semana completado con actividades dixitais de repaso, a semana que comeza nun chisco xa espero vaia estando ao día, porén como son vacacións cada un vai facendo segundo poida. Isto, como xa acordamos é só coa idea de rematar os libros e que en setembro o repaso sexa máis doado. Ánimo e a repasar!! Agardo vos gusten!!

mércores, 24 de xuño de 2020

TRADICIÓNS GALEGAS: NOITE DE SAN XOÁN

Esta noite máxica que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán todo os membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero moitas  aparecen en todas:
Hai moitos máis ditos sobre esta celebración:
  • Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
  • Na fogueira de San Xoán, todos caen ao chan.
  • No San Xoán as bruxas fuxirán.
  • Polo San Xoán, as nove co día darán.
  • O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
  • Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
  • Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
  • Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
  • Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
  • Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.
Son moitas as referencias aos labores agrícolas:
  • No San Xoán, peras na man.
  • A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
  • No San Xoán, fouciña na man.
  • En San Xoán, cardos dan.
  • Os allos postos no San Xoán, son dentes de can.

Fontes consultadas para os textos:
  • Etnografía galega, Xesús Taboada Chivite.
  • Galicia 2001Etnografía espiritual, Xunta de Galicia.
  • Gran Enciclopedia Gallega, Silverio Cañada.
  • Guía de plantas medicinais de Galicia. Varios autores. Ed. Galaxia.
Imaxes recollidas da rede

martes, 23 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Outro día máis, hoxe toca empezar unidade no libro de Lingua e continuar coa unidade dos animais no libro de Ciencias da Natureza, só por se queredes avanzar no que quedou pendente, pero lembrade que nestes días ademais de aprender moito é importante xogar cos amigos e disfrutar da familia.
Ánimo que xa vai quedando menos para volver comezar curso e traballar no cole, que espero teñades tantas ganas coma min de volver.

luns, 22 de xuño de 2020

SERVIZO DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DO CENTRO


TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Como acordamos na última videoconferencia, imos seguir avanzando nas explicacións dos libros, para que non queden sen rematar, aínda así en setembro repasarase toda esta materia que durante o confinamento se avanzou por estes medios, o feito de ir avanzando así vai ser unha axuda para arrancar en setembro un pouco mellor. 
Todo isto sabendo que estamos de vacacións e que tanto as estreliñas como as familias teñen, sobre todo este curso, o descanso máis que merecido, porén os días son longos e ben aproveitados dan para moito, os recursos quedan aquí e os libros téñenos, así que cada un como mellor considere e poida. Ánimo!!!

venres, 19 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe teriamos que estar vestindo traxe de gala para acudir á Festa de fin de curso, facer bailes, actuacións e celebrar...mais este vai ser unha fin de curso moi rara e extrana, por primeira vez o patio, as aulas e os salóns de actos están baleiros e sen decoración nen murais de festa.
Mais temos moito que agradecer e festexar, así que día de ledicia aínda que sexa na distancia.
Dende aquí MOITAS GAZAS as nosas estreliñas por este curso especial que foron capaces de superar con excelentes resultados, sendo autenticas superheroínas e sobre todo GRAZAS MIL para as súas familias por o gran esforzo destes últimos meses, por ter que engadir as súas tarefas de atender traballo, coidado da casa e familia, as tarefas de docencia. 
Este curso resultou ser de aprendizaxes, para todos, dun xeito diferente e con moita colaboración entre toda a comunidade docente.
Así que HOXE FESTA, hai moito que celebrar.
Eu onte xa tiven un anaquiño de festa, que espero se repita cos que faltan a semana que vén.


Comparto unhas cancións para bailar en familia

Pero quedamos en que seguiamos coas tarefas unha semaniña máis así que aqui quedan as de hoxe, e para celebrar son dixitais. Boa finde e volvemos o luns!!

xoves, 18 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe comezamos unidade no terceiro libro tanto de Lengua coma Matemáticas, como estades a ser unhas estreliñas super heroínas imos continuar para tentar rematar, ánimo, que falta pouquiño xa!!


mércores, 17 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Xa chegamos ao medio da semana, e hoxe toca rematar unidade e libros, tanto de Lingua coma de Ciencias Sociais, ademais quédavos o enlace a dúas fichas de repaso e lembrade que tedes cancións novas no luns e no martes. Ánimo!! Xa prontiño nos vemos.

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando, sodes unhas super estrelas que o estades a facer xenial, en 2º ides ser todos uns campións, xa ides saber tanto que imos avanzar e facer cousas moi chulas. Ánimo que en breve rematamos os libros e a dsifrutar das vacacións!!

TAREFAS DE REFORZO

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Ana Belén envioume  unhas tarefiñas de repaso por se queredes repasar, como xa sabedes, premendo na imaxes podedes ver ou descargar. Ánimo que son moi divertidas e axudan a aprender!!


luns, 15 de xuño de 2020

TAREFAS LINGUA INGLESA

Bos días de novo, estreliñas e familias!
A profe Manoli acaba de enviarme as últimas tarefas de inglés deste curso, coma sempre, premendo na imaxe podedes velas, agardamos disfrutedes moito aprendendo.


TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Comezamos semana, espero que con moita forta, queda xa moi pouco. Hoxe toca rematar unidade de Lengua e Matemáticas, ademais déixovos tamén cancións novas. 







venres, 12 de xuño de 2020

TAREFAS PARA O VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
E xa chegamos ao remate da semana, hoxe continuamos cunha lectura do conto "Na casa das árbores", tedes a lectura e unhas preguntiñas para facer no ordenador de xeito dixital. En Arts tiña pendente unha montaxe de repaso de vocabulario sobre material escolar, que por fin está rematada para que practiquedes, a ver se recoñecedes as voces!, o curso que vén imos ter a sorte de contar coa colaboración de Ellen, a auxiliar de conversa outra vez. Unha vez escoitedes, repitades as palabras e, se queredes, practicar a escribir no caderno, toca facer unha composición como a que fixen eu de exemplo. 
Boa fin de semana!!

xoves, 11 de xuño de 2020

TRABALLIÑOS DAS ESTRELIÑAS EN ARTS&CRAFTS PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe por fin están rematadas as montaxes dos traballiños que as estreliñas fixeron na materia de Arts&Crafts para a celebración do DÍA DO MEDIO AMBIENTE, unha montaxe cos seus pósters e no cadro seguinte, se premedes nos nomes, podedes ver os contiños de cada un. PARABÉNS!!









TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Chega hoxe unha nova entrega de tarefas dos libros de Lengua e Matemáticas, ánimo que estades avanzando a moi bo ritmo e cada vez sodes estrelas máis brillantes.
Tamén tedes para comezar ou terminar as tarefas, como prefirades, dous contiños curtos, un en lingua castelá e outro en lingua inglesa. Agardo vos gusten.