martes, 30 de xuño de 2020

TAREFAS CONTINUACIÓN

Bos días, estreliñas e familias!
Comezan as vacación, polo tanto imos ir a un ritmo diferente. Hoxe deixo o comezo da seguinte unidade de Lengua e o remate da de Matemáticas, pero para facer cando poidades, eu tamén irei engadindo a un ritmo máis lento. Pero pasiño a pasiño irmos facendo camiño e avanzando. ÁNIMO!!

ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA MARTÍN

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe no remate de curso celebra o seu aniversario a estreliña MARTÍN, dende aquí moitos parabéns para el e a súa familia, que pasen un moi feliz día compartindo ledicias coa familia e os amigos.


luns, 29 de xuño de 2020

ORLA E DIPLOMA

Como remate de curso un agasalliño para as estreliñas e as familias, orla para o alumnado e diploma para as familias, a orla foi entregada ao alumnado que dun xeito ou doutro nos fomos vendo, espero poder rematar de entregar en breve. As familias queda a imaxe aquí por se queren imprimir, senón queda para o vindeiro curso, este non deu para máis. GRAZAS A TODOS!! BO VERÁN!!




FESTIÑAS FIN DE CURSO

Este foi un curso diferente, mais non por iso especial, e como dedicatoria final e en agradecemento a toda a comunidade educativa, en especial ás familias das estreliñas de 1º E.P. do CPI José García garcía, vou facer unha adaptación dalgúns pensamentos de Antoine Saint-Exupéry, autor do "Principiño":  O esencial é que aquelo que se viviu segue existindo nalgún lugar, e os costumes ancestrais, e as festas familiares e a casa dos recordos; o esencial é que se vive para o retorno. E que só se coñece o mundo a través da comprensión do vivido, así é milagroso como nos adaptamos a todas as situacións. Só unha cousa salva: un paso, e logo outro paso. Sempre se repite o mesmo paso. Procurade ser felices e que sempre teñamos desexos de rir xuntos e teremos estreliñas que saben rir.
Eu estou moi agradecida de poder, nesta situación, despedir o curso coas estreliñas aos pouquiños, o maior agasallo son as súas mostras de cariño, risas, o seu esforzo, o das familias e as súas ganas e ilusión por aprender. Ogallá todo vaia mellorando e en setembro poidamos ter un feliz retorno e poder rir todos xuntiños.

CONTINUACIÓN TAREFAS DESTA SEMANA

Estreliñas e familias, sinto non poder continuar cos tarefas diarias desta semana, xurdiron outras tarefas de carácter burocrático, así que queda o horario desta semana completado con actividades dixitais de repaso, a semana que comeza nun chisco xa espero vaia estando ao día, porén como son vacacións cada un vai facendo segundo poida. Isto, como xa acordamos é só coa idea de rematar os libros e que en setembro o repaso sexa máis doado. Ánimo e a repasar!! Agardo vos gusten!!

mércores, 24 de xuño de 2020

TRADICIÓNS GALEGAS: NOITE DE SAN XOÁN

Esta noite máxica que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán todo os membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero moitas  aparecen en todas:
Hai moitos máis ditos sobre esta celebración:
  • Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
  • Na fogueira de San Xoán, todos caen ao chan.
  • No San Xoán as bruxas fuxirán.
  • Polo San Xoán, as nove co día darán.
  • O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
  • Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
  • Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
  • Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
  • Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
  • Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.
Son moitas as referencias aos labores agrícolas:
  • No San Xoán, peras na man.
  • A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
  • No San Xoán, fouciña na man.
  • En San Xoán, cardos dan.
  • Os allos postos no San Xoán, son dentes de can.

Fontes consultadas para os textos:
  • Etnografía galega, Xesús Taboada Chivite.
  • Galicia 2001Etnografía espiritual, Xunta de Galicia.
  • Gran Enciclopedia Gallega, Silverio Cañada.
  • Guía de plantas medicinais de Galicia. Varios autores. Ed. Galaxia.
Imaxes recollidas da rede

martes, 23 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Outro día máis, hoxe toca empezar unidade no libro de Lingua e continuar coa unidade dos animais no libro de Ciencias da Natureza, só por se queredes avanzar no que quedou pendente, pero lembrade que nestes días ademais de aprender moito é importante xogar cos amigos e disfrutar da familia.
Ánimo que xa vai quedando menos para volver comezar curso e traballar no cole, que espero teñades tantas ganas coma min de volver.

luns, 22 de xuño de 2020

SERVIZO DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DO CENTRO


TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Como acordamos na última videoconferencia, imos seguir avanzando nas explicacións dos libros, para que non queden sen rematar, aínda así en setembro repasarase toda esta materia que durante o confinamento se avanzou por estes medios, o feito de ir avanzando así vai ser unha axuda para arrancar en setembro un pouco mellor. 
Todo isto sabendo que estamos de vacacións e que tanto as estreliñas como as familias teñen, sobre todo este curso, o descanso máis que merecido, porén os días son longos e ben aproveitados dan para moito, os recursos quedan aquí e os libros téñenos, así que cada un como mellor considere e poida. Ánimo!!!

venres, 19 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe teriamos que estar vestindo traxe de gala para acudir á Festa de fin de curso, facer bailes, actuacións e celebrar...mais este vai ser unha fin de curso moi rara e extrana, por primeira vez o patio, as aulas e os salóns de actos están baleiros e sen decoración nen murais de festa.
Mais temos moito que agradecer e festexar, así que día de ledicia aínda que sexa na distancia.
Dende aquí MOITAS GAZAS as nosas estreliñas por este curso especial que foron capaces de superar con excelentes resultados, sendo autenticas superheroínas e sobre todo GRAZAS MIL para as súas familias por o gran esforzo destes últimos meses, por ter que engadir as súas tarefas de atender traballo, coidado da casa e familia, as tarefas de docencia. 
Este curso resultou ser de aprendizaxes, para todos, dun xeito diferente e con moita colaboración entre toda a comunidade docente.
Así que HOXE FESTA, hai moito que celebrar.
Eu onte xa tiven un anaquiño de festa, que espero se repita cos que faltan a semana que vén.


Comparto unhas cancións para bailar en familia

Pero quedamos en que seguiamos coas tarefas unha semaniña máis así que aqui quedan as de hoxe, e para celebrar son dixitais. Boa finde e volvemos o luns!!

xoves, 18 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Hoxe comezamos unidade no terceiro libro tanto de Lengua coma Matemáticas, como estades a ser unhas estreliñas super heroínas imos continuar para tentar rematar, ánimo, que falta pouquiño xa!!


mércores, 17 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Xa chegamos ao medio da semana, e hoxe toca rematar unidade e libros, tanto de Lingua coma de Ciencias Sociais, ademais quédavos o enlace a dúas fichas de repaso e lembrade que tedes cancións novas no luns e no martes. Ánimo!! Xa prontiño nos vemos.

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando, sodes unhas super estrelas que o estades a facer xenial, en 2º ides ser todos uns campións, xa ides saber tanto que imos avanzar e facer cousas moi chulas. Ánimo que en breve rematamos os libros e a dsifrutar das vacacións!!

TAREFAS DE REFORZO

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Ana Belén envioume  unhas tarefiñas de repaso por se queredes repasar, como xa sabedes, premendo na imaxes podedes ver ou descargar. Ánimo que son moi divertidas e axudan a aprender!!


luns, 15 de xuño de 2020

TAREFAS LINGUA INGLESA

Bos días de novo, estreliñas e familias!
A profe Manoli acaba de enviarme as últimas tarefas de inglés deste curso, coma sempre, premendo na imaxe podedes velas, agardamos disfrutedes moito aprendendo.


TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Comezamos semana, espero que con moita forta, queda xa moi pouco. Hoxe toca rematar unidade de Lengua e Matemáticas, ademais déixovos tamén cancións novas. 







venres, 12 de xuño de 2020

TAREFAS PARA O VENRES DE LECTURA E ARTS

Bos días, estreliñas e familias!
E xa chegamos ao remate da semana, hoxe continuamos cunha lectura do conto "Na casa das árbores", tedes a lectura e unhas preguntiñas para facer no ordenador de xeito dixital. En Arts tiña pendente unha montaxe de repaso de vocabulario sobre material escolar, que por fin está rematada para que practiquedes, a ver se recoñecedes as voces!, o curso que vén imos ter a sorte de contar coa colaboración de Ellen, a auxiliar de conversa outra vez. Unha vez escoitedes, repitades as palabras e, se queredes, practicar a escribir no caderno, toca facer unha composición como a que fixen eu de exemplo. 
Boa fin de semana!!

xoves, 11 de xuño de 2020

TRABALLIÑOS DAS ESTRELIÑAS EN ARTS&CRAFTS PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe por fin están rematadas as montaxes dos traballiños que as estreliñas fixeron na materia de Arts&Crafts para a celebración do DÍA DO MEDIO AMBIENTE, unha montaxe cos seus pósters e no cadro seguinte, se premedes nos nomes, podedes ver os contiños de cada un. PARABÉNS!!









TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Chega hoxe unha nova entrega de tarefas dos libros de Lengua e Matemáticas, ánimo que estades avanzando a moi bo ritmo e cada vez sodes estrelas máis brillantes.
Tamén tedes para comezar ou terminar as tarefas, como prefirades, dous contiños curtos, un en lingua castelá e outro en lingua inglesa. Agardo vos gusten.



mércores, 10 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días!
Ánimo que xa estamos no medio da semana, hoxe por problemas técnicos chegan as tarefas un chisquiño tarde. Toca continuar unidade tanto no libro de Lingua  coma no de Ciencias sociais.

martes, 9 de xuño de 2020

TAREFAS DE REFORZO

Bos días, estreliñas e familia!
A profe de apoio, Ana Belén, ven de enviarme as seguintes tarefiñas para os que queirades practicar e repasar Lengua e Matemáticas con estas actividades tan divertidas que ela vos prepara.


TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos avanzando un día máis, hoxe toca comezar unidade de Lingua e acabar a de Ciencias da Natureza, ánimo!! e ao rematar as tarefas disfrutar deste día de sol, observando e coidando da Natureza e os agasallos que cada día nos ofrece. Buscade ao voso arredor algunha planta ou árbore que vos guste e observade con detalle todas as súas partes (externas, a non ser que teñades unha planta para cambiar de lugar, a raíz non a toquedes, xa aprendemos que é a boca das plantas, por onde se alimentan e ten que estar debaixo da terra, senón a planta morre),  ao chegar a casa debuxádea e pódelle nome as súas partes. 
Agardo eses fermosos debuxos.

luns, 8 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Arrancamos segunda semana do mes de xuño, ánimo que axiña imos remando os libros e logo xa podemos descansar un pouquiño para volver moi fortes e con moitas ganas ao cole. Hoxe toca comezar unidade no libro de Lengua e continuar coa de Matemáticas. Ímos aló.





TAREFAS LINGUA INGLESA PARA SEMANA DO 8 AO 14 DE XUÑO

Bos días, estreliñas e familias!
A profe Manoli ven de deixarme unhas tarefiñas para que fagades ao longo desta semana, xa sabedes moito, lembrade que repasou con algúns de vos o mércores durante a videochamada, ánimo que xa queda pouco para rematar o voso traballo de superheroes e estades a facelo xenial!! Parabéns!!



venres, 5 de xuño de 2020

LECTURA E ARTS PARA CELEBRAR DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Bos día, estreliñas e familias!
Hoxe é un día moi especial, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, dende 1974, sendo cada ano un país o encargado, este ano é Colombia o país anfitrión, onde se reunen os gobernos, empresas, celebridades e cidadáns para tomar decisións importantes para coidar e mellorar a vida na Terra.
Este ano 2020 o tema é a BIODIVERSIDADE.
E nós para axudar un chisquiño imos ler un contiño do libro "Na casa das árbores" de Isabell Seidel e Anxo Moure, xa vos irei deixando os seguintes, desta queda o primeiro cunhas preguntiñas para contestar no ordenador.
En Arts&Crafts quedan instrucións para que fagades un cartel con algunha das ideas propostas, lembrade tamén facer unha frase ou palabra sobre a vosa creación.
Tamén vos quedan cancións e vídeos para saber un pouquiño máis desta celebración. 
E a profe de música Charo, envía unha idea.
Ánimo, e axudemos todos a mellorar a vida no Planeta Terra. feliz Día!!

xoves, 4 de xuño de 2020

ESTELIÑA AURIA EN TV2 CLAN

Unhas das nosas estreliñas, Auria, está a seguir todas as mañás as clases que se emiten na TV2 Clan, e como é moi aplicada o outro día falaron dela, compartimos aquí o vídeo e os nosos PARABÉNS, como vedes o esforzo, aplicación e bo traballo ten recompensa, sendo a maior delas a aprendizaxe para acadar ser boas persoas e estreliñas brillantes.




TAREFAS PARA HOXE XOVES COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, imos por un día máis, xa vai quedando menos para un descansiño, lembrade que sodes unhas estreliñas moi brillantes, que estades facendo un excelente traballo para o comezo do novo curso. 
Hoxe toca rematar unidade de Lengua e comezar a de Matemáticas.












mércores, 3 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MÉRCORES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS SOCIAIS

Bos días, estreliñas e familias!
Ánimo, hoxe temos vídeochamada e ademais xa estamos na metade da semana, así que deixo aquí as tarefiñas de hoxe, cos libros de Lingua e Ciencias Sociais, para as miñas estreliñas superheroinas, que están a traballar moito é moi ben, por iso todas as noites as vexo brillar cada vez máis.






martes, 2 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE MARTES COS LIBROS DE LINGUA E CIENCIAS DA NATUREZA

Bos días, estreliñas e familias!
Continuamos camiñando, avanzando e aprendendo, ánimo e a por un día máis, xa vai quedando menos para rematar.
Hoxe continuamos unidade no libro de Lingua e comezamos unidade en Ciencias da Natureza. Tamén tedes cancións novas un pouquiño de Ioga para relaxar e un xogo de Pipo para repasar lectura. Agardo pasedes un anaco divertido aprendendo cousiñas novas.


luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS PARA HOXE LUNS COS LIBROS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Bos días, estreliñas e familias!
Comezamos semana e mes, xa estamos en xuño, mes no que remata o curso, e tamén se organizan as vacacións, aínda que sexa un curso raro e esteamos a traballar na distancia imos tentar celebrar que estamos todos ben e estamos aprendendo todos moito.
Así que para seguir avanzando, aprendendo e medrando chegan as tarefiñas de hoxe luns, como xa sabedes, tedes as do logo do altavoz coas cancións para comezar e rematar, e no dedo as explicacións das materias de hoxe, Lengua e Matemáticas.

TAREFAS PARA ESTA SEMANA DE INGLÉS, EDUCACIÓN FÍSICA E REFORZO

Bos días, estreliñas e familias!
As profes de inglés, Manoli, Educación Física, Ana Rosa e a profe de Apoio, Ana Belén, deixáronme para vos unhas tarefiñas, que podedes facer ao longo desta semana nos días que mellor poidades organizar. 
Premendo nas imaxes tedes acceso a cada unha.